Amosando publicacións coa etiqueta afectividade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta afectividade. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de abril de 2018

La abuela necesita besitos


Bergua, Ana (2010). La abuela necesita besitos. Ilustr. Carme Sala. Cánoves, Barcelona: Proteus.  [34 pp.]. (ISBN: 978-84-15047-32-2).

Breve descrición do formato e contido: libro ilustrado de tapa dura. Presenta na súa cuberta a tenra imaxe familiar dunha avoa e os seus netos fundíndose nunha aperta, isto recrea a temática do título. Como se pode observar a cor vermella predomina na vestimenta dos personaxes e no título, que está vinculado co amor, co corazón, co cariño; e a cor branca asociada á pureza. Quere dicir que non hai amor tan puro, real e verdadeiro como o que nace no núcleo familiar. Na contracuberta advertimos aos personaxes da avoa coa súa filla, tamén abrazadas nun marco, e ao lado un breve texto anunciando o contido do libro sobre o necesario que é as veces é darlle amor os maiores. As dúas gardas do libro son iguais: atópase o can subido nunha cadeira na entrada da casa, unha maleta vermella ligada a chegada da avoa e un xoguete tamén de cor vermella e branca que adianta que no fogar habitan nenos. A portada é sinxela e amosa uns utensilios gráficos como papel, pinceis, goma e lapis conectado co momento en que as nenas pintan debuxos para a avoa, e a contraportada está escrita cos motivos que levaron á autora e ilustradora a crear esta obra.
As ilustracións teñen relación coa realidade pero esaxera un pouco as cabezas dos personaxes. As efixies ocupan unha folla e a outra está dedicada ao texto máis a unha pequena figura relacionada co momento da historia a relatar que se sitúa embaixo. Tanto o escrito como a imaxe teñen sentido e están relacionadas entre si, aínda que sempre outorga máis información e dá pé a imaxinación a segunda. Ao longo da historia a cor vermella está presente para destacar algún obxecto ou personaxe ligada ao punto exacto do momento a contar, por exemplo: cando deixan á avoa no centro de día e realiza actividades lúdicas, entre elas ximnasia, na ilustración vemos á pelota de cor vermella representada dúas veces (na ilustración e debaixo do texto). A técnica pola que optou o ilustrador é o pintado en acuarela. O narrador da historia é a pequena Maite, a través da súa voz cóntanos a historia. O espazo onde acontece a historia é na casa familiar da protagonista e o tempo que configura a narración é en presente, nunha linguaxe sinxela.
Na historia distínguese dous protagonistas principais: a avoa e Maite a súa neta, e outros personaxes secundarios como a nai de Maite e a súa irmá. A cadela aparece ao longo da historia e só se fai mención a ela nunha ocasión para introducila nun álbum de fotos que lle fixeron a anciá, o pai e outro personaxe que aparece nunha ilustración pero que nunca intervén. Trátase dun conto que fala do Alzheimer onde a enfermidade se reflicte na avoa protagonista, e como a súa vez , afecta aos membros da familia, neste caso o vemos a través da súa neta Maite. Un día a avoa María chega á casa da súa filla para quedarse a vivir alí, xa que non pode quedarse soa. Alí a reciben as súas netas Maite a Laura, nun principio a Maite non lle facía moita gracia porque quedou sen cuarto. A súa nai ao ver a súa filla enfadada decide falar con ela e dunha maneira moi sutil explicarlle a situación, dende entón, a pequena non para de obsequiar a súa avoa, darlle cariño, coidala e pasar tempo con ela. Ao final entendeu que non hai menciñas para facerse novo e forte, agás os bicos que rexuvenecen a alma.

Potencialidades educativas: é unha obra recomendada para nenos e nenas maiores de catro anos. Este conto é moi útil para explicar dunha maneira moi emotiva o envellecemento das persoas, como ás veces deixan de facer cousas que antes podían facer,  e como non hai mellor remedio que o amor para curar a alma. Trabállase diversos valores como a empatía, axuda os maiores, respecto, o amor, o coidado e a axuda no fogar.

Recursos de interese:

Carlota Furminalla (2012). “Diario ABC”. http://www.abc.es/20120924/familia-mayores/abci-abuela-necesita-besitos-201209211407.html . (Consultado 29/03/2018).

CIFP Solaina (2017). “Galicia Ártabra”. http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/157704 . (Consultado 29/03/2018).

luns, 16 de abril de 2018

Mi bisabuela



Lemos, Amanda (2015). Mi bisabuela. Ilustr.Susana Rico Calleja. Madrid: Idampa [ 36 pp]. (ISBN: 978-84-942457-9-4).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura, cunhas dimensións de 21x21 cm. Na cuberta aparece o título da obra con letras grandes e en maiúscula, con cores moi coloridos; cada letra de forma redondeada e con raias, puntos, círculos e cadrados. Tamén vemos aos dous protagonistas da historia: unha persoa maior, polo seu pelo de cor branca e a un neno pequeno asomados pola ventá dunha casa, ocupando toda a cuberta. Polo título podemos adiviñar xa que se trata da bisavoa e neto. Na contracuberta mostrase a outra metade da casa da bisavoa, polo que se abrimos o libro enteiro observamos unha imaxe completa, co ceo, con nubes, de fondo. Na portada aparece o título da obra pero de cor escura, todas as letras se presentan iguais, de cor negro.
As ilustracións son reais e con tons fortes e intensos. As imaxes están representadas coa técnica de cartón, dende o principio ata cerrar o libro, polo que se presentan nunha perspectiva frontal e moi similares as da realidade, xa que transmite tenrura e diversión, reflectindo perfectamente a relación que nos conta o conto. Empréganse teas con bordados, dando importancia ao gusto das avoas e bisavoas. O texto é abundante e vistoso, abunda en todas as páxinas e en calquera parte, tanto nos dous lados a vez como so  nun ou noutro. As letras son grandes e con partes en negriña para destacar aquilo mais relevante. En toda a obra ten coherencia coas imaxes ofrecendo información visual ao lector.  
O neto ve como a súa abuelabisa (forma na que se expresa o cativo) se foi facendo maior, imaxinándoa de pequena. Ela cóntalle que foi moi guapa, pero para el aínda o segue sendo a pesar das engurras que ten. Encántalle estar co seu neto porque a axuda, dálle regalos, xoga con ela,  para el a súa bisavoa é moi interesante: é enfermeira, costureira, cociñeira, mestra, perruqueira, cantante e cando esta triste polas súas engurras énchea de bicos.

Potencialidades educativas: este conto sirve para animar aos nenos/as a que compartan momentos cos seus avós e avoas, e que aprendan a ter respecto por eles/as axudándoos cando o pidan. Ensina dende o afecto, que intenten comprender que cando unha persoa esta desanimada temos que mostrarlle o noso apoio e cariño, dando beixos e abrazos sen vergoña.

Recursos de interese:
Beatriz (2015). Abuelos. En Martina y myself https://madridmartinaandmyself.wordpress.com/2015/03/10/20-cuentos-sobre-abuelos-alegres-y-tristes/ (Consultado 12/04/2018)

Biblioteca Municipal Central de Móstoles (2016). Abuelas, abuelos y nietos. En guía educación infantil http://www.bibliotecaspublicas.es/mostoles/publicaciones/abuelas.pdf (Consultado 12/04/2018)

xoves, 29 de marzo de 2018

La isla del abuelo




Davies, B. (2015). La isla del abuelo. Ilustr. do autor, trad. Nádia Revenga García. Valencia: Andana Editorial, col. Álbum Locomotora, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-16394-14-2).

Breve descrición do formato e contido: libro ilustrado de  tapa dura. Presenta na súa cuberta a imaxe caribeña dun avó e o seu neto, o que recrea a temática do título. O primeiro caracterizado por unha vestimenta contraditoria: leva pantalóns de verán e chaleco de inverno; o segundo, viste traxe de baño e camisa de tirantes. A contracuberta recolle unha imaxe totalmente distinta, que adianta o contido da historia porque ambos protagonistas xa se encontran no barco cara á illa. As gardas son o fondo mariño e na portada volven a aparecer a parella, agora nun ambiente máis familiar e caseiro: os dous mirando o cadro da illa que pintou o ancián, o que se pode deducir porque nas súas mans suxeita os pinceis. Estes dous ambientes: o da casa e o da illa, están ligados ao conto e entre eles.
As letras son de cor negra situadas en cada folla e as imaxes son realistas, caracterizadas por cores moi vivas, excepto no momento da despedida onde predominan tons apagados e grises. O ilustrador optou pola técnica de pintado en acuarela. O texto ten relación coas figuras, aínda que estas sempre dan máis información porque sitúan ao lector no momento preciso a describir na historia. A linguaxe é sinxela, decántase por oracións simples para facilitar a asimilación da historia por parte dos máis pequenos. Pódese observar unha contraposición entre o momento da chegada á casa do neno, onde saúda ao avó, e o instante da despedida, o descubrimento de espazos novos e a hora de deixalos atrás.
Na historia aparecen dous protagonistas: o avó e o neto. O rapaz vai buscar o avó á súa casa, pero non o encontra por ningures ata que descobre que está no faiado. Alí había unha porta de metal que conducía a un enorme barco que os levaba ata unha fermosa illa. Nela atoparon unha cabana que harmonizaron, animais exóticos e outros lugares preciosos. Á hora de voltar á casa o avó decide quedar, aínda que ao neto non lle convencía moito a idea. Porén viu que alí era feliz e estaba rodeado de animais e bonitos lugares. A viaxe fíxose longa pero ao chegar á casa, na ventá, atopou un sobre cunha fotografía onde vía ao ancián sorrinte e rodeado de froita e animais.

Potencialidades educativas: é un libro moi asertivo para traballar a empatía cos maiores, a morte ou a despedida e as relacións familiares. A lectura está recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos. Sería un bo momento para presentar o día do avó ou para traballar os integrantes que compoñen a familia.

Recursos de interese:
Andana Editorial. (2016). “Youtube: Andana editorial”. https://www.youtube.com/watch?v=DNDajEHqXk4 .   (Consultado: 10/03/2018)
Apego y literatura. (2016). “Blog Apego y literatura”. http://apegoyliteratura.es/la-isla-del-abuelo/   (Consultado: 10/03/2018)
María Gabriela Díaz (2016). “El copoy y laureca”. https://www.elcopoylarueca.com/la-isla-del-abuelo-benji-davies/ (Consultado: 10/03/2018)
Sacra (2016). “El blog infantil”. https://www.elbloginfantil.com/lectura-recomendada-semana-isla-abuelo.html . (Consultado: 10/03/2018)

martes, 20 de marzo de 2018

Bebé bigotes



Patacrúa (2006). Bebé Bigotes. Ilustr. Alessandra Cimatoribus. Pontevedra: OQO Editora. col. 0, [29 pp.].  (ISBN: 84-96573-51-6).

Descrición do contido e formato: conto ilustrado de tapa dura cunhas dimensións de 25x23 cm. Na cuberta mostra o título da obra en cor azul e abaixo o seudónimo da autora e o nome da ilustradora. Como se pode observar, hai unha imaxe dunha parella anciá paseando un coche de bebé sobre un fondo cálido. Na contracuberta aparece unhas árbores nun fondo verdoso cunha perspectiva descendente, isto ten relación coa parte na que o gato foxe en dirección ao bosque que rodea a casa do matrimonio. As imaxes son animadas e o que máis sobresae dos debuxos é a cabeza e o seu corpo, que semella máis pequeno do normal. Tal como se sinala no Informe de Literatura (Roig, 2007), o estilo utilizado nas figuras simplifica as formas e fainas amábeis e acolledoras; malia a estilización empregada os dous vellos transmiten distintos sentimentos nas expresións das súas faccións. A técnica empregada é a pintura, aplicada cunhas pinceladas que deixan ver a textura uniforme de todo o plano; a ilustradora tamén xoga con veladuras para matizar as cores, que son cálidas (ocres, amarelos, vermellos, laranxas,...). As composicións das escenas, a dobre páxina, son moi variadas con distintos puntos de vista, primeiros planos e imaxes cortadas. Son unhas ilustracións que complementan o texto con moita información do que lles vai ocorrendo aos protagonistas e que permiten unha lectura visual paralela enriquecedora.
A linguaxe é sinxela, o texto se agrupa nunha carilla e aparece nunha páxina e ten coherencia coa ilustración, aínda que esta sempre ofrece máis información visual e detalles que o escrito. O estilo combina a voz dun narrador que fala en terceira persoa cos diálogos entre os protagonistas, que son unha parella de anciáns. Ambos soñan con ter un bebé e intentar conseguilo de moitas maneiras, como por exemplo facendo unha nena de pau, un neno de trapo, escribíndolles  unha carta aos Reis, deixándolles mensaxes ás cegoñas e tirando moedas no pozo dos desexos, pero nada disto axudou a ter o que querían. Logo, déronse conta de que facer un fillo é moi complicado, polo que un día a velliña quedou na casa soa e tivo a idea de ter a un gato como fillo. Finalmente, as cousas non saíron como pensaban, pero tiveron un final feliz porque se deron conta que se tiñan un ao outro. Como dato significativo do conto é que se trata dunha reescritura dun conto tradicional de Mongolia.

Potencialidades: este conto é interesante porque aborda os anhelos e desexos non conseguidos, neste caso a maternidade/paternidade. Tamén propicia a reflexión sobre a soidade entre as persoas maiores. Isto demóstranos que a pesar da idade é importante manter a esperanza, a ilusión, e que os velliños tamén poden ter moita imaxinación, xa que intentan de moitas maneiras ter un fillo e buscar solucións por moito que sexa complicada a situación. Con isto, ensinamos aos nenos/as a loitar polos seus soños e a importancia da compañía.

Recursos de interese:
Andújar, Laura (2012). “Bebé Bigotes”. En Literatil

Roig, Blanca-Ana (2007). Informes de literatura. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. En http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2006/Informe_Literatura_2006.pdf (Consultado o 15/03/2018).

luns, 19 de marzo de 2018

O avó é sabio





Casalderrey, Fina (2002). O avó é sabio. Ilust.López Domínguez, Xan. Barcelona: Combel, col.Trote, [24pp]. (ISBN:84- 7864-668-X).

Breve descrición do formato e contido: o avó é sabio é un álbum ilustrado de tapa dura.
Na cuberta atopamos a imaxe dun dos protagonistas rodeado de xoguetes. Ao abrir o libro vemos as gardas as cales teñen que ver coa colección “al trote” e por iso o debuxo que aparece nelas é a dun cabalo. As páxinas están cosidas, a letra é de tamaño adecuado para a lectura dos rapaces e son de cor negra. Sempre atopamos o texto na páxina esquerda e a ilustración na dereita. As imaxes son realistas, de cores cálidas e vivas que crean un ambiente familiar e afectivo. Neste conto ao igual ca no de “la abuela tiene una medicina” aparece en todas as páxinas un coello que non aparece reflexado na historia e acompaña aos protagonistas sempre. Ás veces non aparece o coello enteiro senón as súas orellas ou o seu rabo, pero sempre está presente. O texto complementa ás ilustracións co cal ambas gardan coherencia e relación facendo que a historia teña sentido. Os protagonistas que aparecen son: o avó Pepe e os seus netos Rocío, Noema, Marcos e David. O conto trata a historia deses nenos que teñen o seu avó e sempre os saca dos problemas que teñen, e por iso cren que teñen o mellor avó do mundo.


Potencialidades educativas: é un conto co que se pode traballar a afectividade, a relación coa familia e o respecto. Adecuado para nenos entre 3 e 5 anos coa que se pode traballar o tema da familia ou o día dos avós.

Recursos de interés:
-Autobiografía,fototeca, videoteca e obras da autora Fina casalderrey:


La abuela tiene una medicina


Casalderrey, Fina (2002). La abuela tiene una medicina. Ilust.López Domínguez, Xan. Barcelona: Combel, col.Trote, [24pp]. (ISBN:84- 7864-657-4)

Breve descripción del formato y contenido: la abuela tiene una medicina es un álbum ilustrado de tapa dura.
En la cubierta encontramos la imagen del protagonista metido en cama como si estuviera enfermo, de ahí el título de la obra. Al abrir el libro nos encontramos con las gardas las cuales tienen que ver con la colección del cuento “al trote” pues el dibujo que aparece es un caballo.  Las páginas están cosidas, la letra es de tamaño medio y se puede leer perfectamente y son de color negro. Siempre aparece en la página izquierda el texto y en la derecha la ilustración. Las imágenes son realistas, de colores cálidos y vivos que crean un ambiente familiar y afectivo. Un detalle que no se menciona en el libro y que aparece es el conejo que acompaña todas las páginas en las que sale el protagonista Pedro, y no hace una función en concreto simplemente se muestra a su lado en todo momento. El texto complementa las ilustraciones con lo cual los dos guardan coherencia y relación haciendo que tenga sentido la historia.
Los protagonistas que aparecen en esta historia son: Pedro el protagonista principal, su madre, su padre y su abuela. Como personaje secundario aparece un médico.
Trata la historia de un niño llamado Pedro que un día se resfrió porque llovía y se había mojado. Sus padres le dieron de todo para que se mejorara pero sólo su abuela consiguió que dejara de toser.


Potencialidades educativas: adecuado para trabajar la afectividad, la relación con la familia. Es una historia para niños entre los 3 y 5 años. Se puede trabajar en el aula cuando se hable sobre el tema de la familia, o para celebrar el día del abuelo/abuela.

Recursos de interés:
-Traducción al castellano: La abuela tiene una medicina (Combel, Barcelona, 2002) . La edición original está en lengua gallega.
-Traducción al catalán: L’àvia té una medecina (Combel, Barcelona, 2002).
-Traducción al portugués: A avó tem um remedio (Círculo de Leitores, 2006).
-La figura de los abuelos en la narrativa infantil de Fina Casalderrey


Cocorico

Imagen relacionada
Núñez, Marisa (2006). Cocorico. Ilust: Helga Bansch. Pontevedra: OQO Editora  [+3anos], [36 pp.]. (ISBN: 84-96573-23-0).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de  tapa dura e de forma cadrada. Cocorico é unha adaptación libre dun cuento tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que es cumprir as promesas y da dificultade que supón aprender a compartir.
A cuberta é moi chamativa, de cor vermella e no medio aparece o protagonista, Cocorico, en cor amarela, á dereita a súa nai e á esquerda o rabo do Gato Pelado, os tres protagonistas da historia. Na contracuberta aparece a continuación do rabo do gato pelado. Polo que se abrimos o libro enseñando ambas partes vese unha relación clara. As ilustracións do libro son coloridas e as imaxes reais pois correspóndense coa realidade. As gardas do libro son moi significativas xa que o que amosan é o nacemento do pitiño (neste caso de Cocorico), onde se vai vendo o ovo, logo como pouco a pouco vai escachando ata que por fin rompe e nace o pito. A obra trata sobre un pitiño que vive coa súa nai. Un día a nai vai facer un biscoito e Cocorico vai a buscar a leña. Polo camiño atópase co Gato Pelado que o quere comer, pero Cocorico moi astuto dille que lle dará a metade do biscoito. Pero o poliño cómeo enteiro e cando chega o Gato xa non hai biscoito e quéreos comer. A nai e o poliño escóndense nunha ola e cun espirro Cocorico rompea o Gato Pelado sae correndo.
Potencialidades: a lectura deste álbum axuda a reflexionar sobre a importancia de  cumprir as promesas, de escoitar os consellos dos adultos e de integrar valores como a solidariedade e a capacidade de compartir. A linguaxe sinxela favorece a comprensión dos máis novos. Obsérvanse xogos tipográficos, como os diálogos que aparecen en negriña ou o  uso de onomatopeas, marcadas en maiúsculas, que propician a participación dos máis novos e a identificación dos sons asociados aos animais.

Recursos:
Janeiro, Almudena (2016). Cantos en contos. Ilust. Borja Guerrero. Pontevedra: OQO, col. O, [36 pp]. (ISBN: 9788498715354).

Con Tango son tres



Richardson, Justin; Parnell, Peter (2005).Con Tango son tres. Ilustr. Cole Henry. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-984-7).

Breve descrición do formato e contido da obra: volume de formato rectangual, de tapa dura e cunhas dimensións de 22x27 cm, no que xa dende a cuberta se nos presenta aos tres personaxes principais: dous pingüíns adultos e a súa filla. Na  contracuberta obsérvase unha gran familia de pingüíns, que deixa entrever que van a ter relación cos personaxes principais. Dende o punto de vista paratextual é de salientar  unha nota dos autores na que confesan que a historia do conto está baseada en  feitos reais.
Ao longo do volume as cores predominantes son neutras e cálidas, as imaxes corresponden á vida real, interpretando os lugares nos que transcorre a historia tal e como son.. A estreita relación das ilustracións co texto e o enriquecemento mutuo que supoñen ambas as lecturas permítenos cualificar a obra como álbum ilustrado, combinándose as ilustracións a toda páxina con outras parciais e acompañadas dun texto ou dunha frase simple.
A obra está dispoñible en diversos idiomas: castelán, Tres con Tango; catalán, Amb la Tango són tres; euskera, Tango iritsita, hiru dira;  ouportugués, Três com Tango. Ademais conta con premios como: Premio Henry Bergh 2005 (Sociedad Americana para la prevención de la crueldad contra os animales); Libro infantil distinguido 2006 (Asociación Americana de Bibliotecas); Mejor libro familiar de 2006 (Nickelodeon Magazine); Mejor libro del año 2006 (Premios Bank streetcollege of education); ou o recoñecemento como Finalista do premio Lambda 2006.
Dende o punto de vista do contido, a historia céntrase na cidade de Nueva York e concretamente no zoo de Central Park, no cal residen diferentes familias de animais. A dos pingüíns é unha familia moi grande, onde se van emparellando machos e femias para procrear. Non obstante, entre eles aparece unha parella de machos  que sempre fan todo xuntos ata o seu fogar, Roi e Silo. O coidador do zoo, ao observar a situación decide pór un ovo que encontrara  no seu niño e despois de chocalo naceu Tango: coidárono, alimentárono e foi a primeira pingüín en ter dous pais.

Potencialidades educativas: esta obra permite aos nenos/as coñecer as familias de animais e que pode haber diferentes integrantes dentro delas, ademais de onde habitan. Ensínanos a respectar as diferenzas e a diversidade, neste caso de opción sexual. Tamén axuda a explicar que cada crianza pode ser reproducida de diverso modo, como a adopción, e a entender a tolerancia como un valor necesario ante calquera diversidade para respectala.

Recursos de interese:
Mora Trujillo (2015). Tres con Tango. En Youtube https://www.youtube.com/watch?v=R0xnuDjjCao (consultado 25/02/2018).
Biblioteca Municipal da Coruña (2014). Contacontos: Tres con Tango. En Youtube https://www.youtube.com/watch?v=7zPAdrVR33U  (consultado 25/02/2018).

sábado, 17 de marzo de 2018

Canto te quero, profe!


Justo, Cristina e Rodríguez, Paloma (2013). Canto te quero, profe!. Ilust. Špela Trobec. Ferrol: Embora, col. A igualdade conta, [26 pp.]. (ISBN: 978-84-92644-50-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: libro ilustrado de forma cadrada de 22x22 cm en lingua galega. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura con encadernación de cartoné. Na cuberta aparece o título encadrado onde se presentan as letras minúsculas. Debaixo do título aparece Nicolás, protagonista da historia, mirando ao lector. As gardas, tanto a dianteira como a traseira, están resaltadas dun negro azulado frotado levemente con branco. A portada é a mesma imaxe que a cuberta pero co fondo en branco, antes da  portada está a folla de créditos.
Respecto ás ilustracións, estas son de carácter simbólico e caricaturescas, potenciando algún elemento dalgunhas das características que describe, por exemplo cando fala do brillo dos ollos da súa nai aparece un debuxo simulando uns ollos, dándolle un protagonismo especial. Ao igual, cando di que unhas grandes mans o suxeitaron aparece el moi pequeno e as mans moi grandes facendo caso omiso das proporcións, xa que se pretende destacar. Por outro lado, utiliza un mix de técnicas e pinturas: usa recortes, debuxos a lapis, óleo e acuarelas. Non obstante, nas ilustracións onde se menciona o profesor só saen partes del como os pés, as mans.... para deixar cabida á imaxinación ata o final que se desvela a súa imaxe.
Nicolás ía asistir por primeira vez ao colexio de maiores e encontra nel diferentes emocións: estaba preocupado, quería chorar, nerviosismo… pero isto cambia grazas a que seus pais lle axudaron e, sobre todo, ao mestre quen lle mostrou un apoio incondicional, mentres que Nicolás fai un percorrido por todos os bos xestos que ten seu mestre cara a el, dado que el relata en primeira persoa as emocións que sente e as que lle transmite o seu profe. Non resulta ser unha historia lineal que conte un suceso, senón que é máis ben un paso por diferentes momentos que son descritos con diferentes letras, ben sexa polo color, porque son diferentes en tamaño ou porque algunhas semellan bailar debido ao movemento. No que respecta a lingua, o campo semántico está adaptado aos lectores potenciais, facendo referencia a feitos que o seu profesor realiza con eles.


Potencialidades educativas: as autoras do libro imparten diferentes cursos e mestrados por Galicia sobre temas da igualdade. Tamén abordan outras problemáticas como o divorcio dos seus pais, o vivir en  dúas casas, a violencia, a democracia...
Canto te quero, profe! permite, ao final da lectura, a reflexión sobre os valores e a actitude solidaria que o mestre mostra ao longo da lectura con Nicolás. Polo tanto, permitirá que os máis pequenos se expresen sobre as cousas que máis lles gustan que faga o seu mestre/a. Á parte, o libro deixa lugar á imaxinación porque dá unha serie de datos pero non di se é un home ou muller, se é alto ou pequena, polo tanto serán características que poderán imaxinalas ata ao final.
Por outro lado, permite que empreguen a  creatividade para elaborar algunha imaxe usando as diferentes técnicas que amosa a ilustradora. É un libro que se pode ler na casa cos seus familiares para así darlle valor á figura do profesor/a, e servirá para todos aqueles nenos e nenas que van comezar unha nova etapa nun novo colexio.

Recursos de interese:
-Outro libro de interese:
Justo, Cristina e Rodríguez, Paloma (2013). Teño dúas casas. Ilust. Špela Trobec. Ferrol: Embora, col. A igualdade conta, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-95644-51-3).

-Outro libro de interese:
Justo, Cristina e Rodríguez, Paloma (2013). A urna dos desexos. Ilust. Špela Trobec. Ferrol: Embora, col. A igualdade conta, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-92644-17-9).

venres, 16 de marzo de 2018

Por cuatro esquinitas de nada


Ruillier, Jérôme (2005). Por cuatro esquinitas de nada. Ilust. do autor, trad: Élodie Bourgeois. Barcelona: Editorial Juventud, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-261-3447-9).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas dimensións de 23,5 x 23,5 cm. Na cuberta podemos apreciar o título do libro en maiúsculas e resaltado na esquina superior dereita e debaixo deste o que vai ser o escenario principal da obra, ao protagonista e a un dos seus amigos. Os personaxes son figuras xeométricas. Na contracuberta está Cadradiño, o protagonista, un amigo e a ferramenta que axuda na resolución do conflito, acompañados dun breve texto que nos somerxe na historia. Na primeira garda observamos o protagonista só fóra da casa e na última, dentro e acompañado polos demais personaxes. A estética deste volume é moi sinxela e o texto sitúase sempre na parte inferior das páxinas. As ilustracións son a dobre páxina, os fondos son dunha soa cor e maioritariamente de tons claros, contrastando coas cores vivas dos personaxes que aparecen coma recortes de cartolina, mentres que a casiña é un anaco de tea. En canto ao vocabulario pódese dicir que é moi sinxelo. O libro preséntanos a Cadradiño que quere entrar na casiña para xogar cos demais pero todos son redondos, polo que a porta é tamén redonda e Cadradiño non pode pasar por ela. Os círculos propoñen distintas solucións e Cadradiño ponse triste ata que dan coa solución: recortar catro esquiniñas de nada a esa porta que se interpoñía entre os personaxes.


Potencialidades educativas: é unha obra moi interesante para traballar en Educación Infantil, xa que todos os nenos e nenas poden suxerir posibles solucións ao conflito que se presenta e aprender que as persoas non deben cambiar para adaptarse senón que teñen que buscar solucións inclusivas. Resáltase o valor da amizade, aceptando aos demais como son, aprezando as súas diferenzas e non discriminando nin marxinando a ninguén por ser diferente. Debemos inculcarlles aos rapaces e rapazas que todos somos diferentes e iso é o que nos fai únicos e especiais. Este libro axuda a educar en valores como a tolerancia e o respecto. Por outra banda podemos introducir os conceptos das figuras xeométricas como o cadrado ou o círculo.

Recursos de interese:
-          Arellano Maté, Gemma. Versión de Por cuatro esquinitas de nada. (2012). Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=YqRSgJFbJ1c (consultado el 10/03/2018).
-          Calavía, Maite. Narración do conto co apoio visual das imaxes de cada unha das páxinas do álbum en: https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ (consultado o 10/03/2018).
-          Vázquez Abanades, Lorena. Stopmotion en catalán de Por cuatro esquinitas de nada. (2014). Youtube.https://www.youtube.com/watch?v=nw941CErrZA (consultado el 10/03/2018).
-          Libro interactivo. https://itunes.apple.com/es/app/por-cuatro-esquinitas-nada-libro-interactivo-sobre/id598573155?mt=8 (consultado el 10/03/2018).
-          Lionni, Leo (2005). Pequeño azul y pequeño amarillo, unha obra clásica contemporánea de Leo Lionni, como se pode seguir pola adaptación realizada polo alumnado do CEIP de Alpartir (Zaragoza) en https://www.youtube.com/watch?v=rb2AWbxyyaI (consultado o 10/03/2018) ou do alumnado do CEIP Severo Ochoa de Alcorcón en https://www.youtube.com/watch?v=_Z9QE5yFKjY (consultado o 10/03/2018).