Amosando publicacións coa etiqueta Perseguir soños. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Perseguir soños. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de abril de 2018

El astronauta

Comendador, Carlos (2015). El astronauta. Ilust. é o autor. Andalucía: Sallybooks, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-943381-6-8). Contén pictogramas.

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura. Na súa cuberta pódese observar o espazo e un foguete nel. A letra que conforma o título e grosa e de gran tamaño. Na súa contracuberta vólvese ver o espazo e una frase que resume a historia. As súas gardas son simples dunha  cor turquesa. A súa portada presenta, baixo o título, a cabeza do personaxe. As ilustracións que o conforman son minimalistas, e as cores que as conforman son vermella, branca, negra e azul.
O texto atópanse na parte baixa da páxina e está acompañado de pictogramas, cabe destacar que graza ás  imaxes e pictogramas do texto o libro pode ser lido por calquera idade e persoa (dado que non precisa do texto para á súa comprensión), atendendo así á diversidade e inclusión.
Un neno soña toda a súa infancia con ser astronauta. Crece, casa e forma unha familia, pero segue soñando con ser astronauta. Deseña e constrúe seu foguete e lánzase ó espazo. Alí viaxou e aterrizou nun planeta onde vivían extraterrestres e descubriu que non eran tan diferentes a nós, eles tamén tiñan familias. É nese intre é cando se da conta de canto vota de menos á súa muller e ao seu fillo e decide voltar. É unha aventura fantástica na que a viaxe exterior é unha escusa, na metáfora da viaxe interior do protagonista que remata ensinando a importancia, non só de seguir os nosos soños, senón do valorar do que temos cerca de nós no noso entorno máis cotiá, no noso día a día. Unha historia, en definitiva, sobre a importancia de atoparse a un mesmo.

Potencialidades educativas: na elaboración do libro colaboraron unha especialista de audición e linguaxe e a asociación Mírame (Asociación de Apoyo a Familias y Personas con Trastornos del Espectro Autista de Granada). Carlos Comendador invita a superar os prexuízos, as ideas preestablecidas e o medo ao diferente. É un libro que transmite unha mensaxe universal sobre o amor, a aceptación dos outros e dun mesmo e a importancia de perseguir os nosos soños.
Outro factor a destacar é o feito de ser unha obra dirixida a todos os públicos, especialmente destinada a nenos con necesidades educativas especiais. Os pictogramas, que constitúen unha linguaxe por si mesmos, describen e aclaran o resto de elementos e facilitan a compresión total da historia. Polo cal non só é válido para os nenos que precisen esta ferramenta, senón que resulta un sistema ideal para os prelectores e primeros lectores, facendo así que poida ser lida por calquera idade e persoa.
Recursos atopados:

Booktrailer publicado por Sallybooks. https://www.youtube.com/watch?v=TRDXauPG0KI (Consultado o 17/04/2018)