Amosando publicacións coa etiqueta Espazo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espazo. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de marzo de 2018

Astropal, un cometa con corazón.



Fernández Rodríguez, Julio (2015). Astropal. Un cometa con corazón. Ilust. Laura González González, trad. Charo Baleirón Sóñora. A Coruña: Hércules de Ediciones, [12 pp.]. (ISBN: 978-84-943868-7-9).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de carácter literario, no que as ilustracións e o texto se complementan mutuamente. De tapas duras e doce páxinas, ten unhas medidas de 32’5 x 22’5 cm. Na cuberta aparece o protagonista, Astropal, no medio do espazo e, na contracuberta, aparecen unhas estrelas nun fondo amarelo e azul. A ilustración da cuberta e a da contracuberta son independentes. Tanto na primeira coma na última garda aparecen estrelas sobre un fondo negro, que fai referencia ao espazo, onde transcorre a historia. As ilustracións son sinxelas e debuxadas con ceras de cores, que resaltan sobre un fondo negro que representa o espazo. Estas ilustracións seguen unha disposición de continuidade, ocupando a historia toda a páxina. O texto destaca en letra branca enriba do fondo negro, está integrado  no medio das ilustracións e é de carácter moi breve, tanto nas achegas do narrador en terceira persoa, coma nos diálogos entre os diferentes personaxes: o narrador, a de Astropal e a do astronauta. Os potenciais destinatarios deste álbum é os nenos e nenas a partir dos 4 ou 5 anos. O tema principal que se aborda neste conto é o traballo cooperativo, xa que Astropal quenta as herbiñas e axuda ao astronauta a volver á Terra, aínda que  tamén se traballa aspectos como o espazo e o valor da amizade. Astropal, un cometa con corazón, cóntanos a historia dun cometa que suca o universo quentando as herbiñas que nacen nos planetas da galaxia, saúda aos planetas e os asteroides… pero un día debe resolver un problema: un astronauta está perdido no espazo, poloque pensa co corazón e decide axudar ao astronauta a volver ao seu planeta.

Potencialidades educativas: a través deste libro pódense traballar conceptos sobre o espazo (asteroides, planetas, estrelas, astronautas…), introducir aos nenos e nenas no coñecemento do Sistema Solar (traballando cun pequeno planetario con luz despois da lectura do libro), das viaxes interespaciais (ensinarlles ‘a primeira viaxe á lúa’ de Louis Armstrong) e da ciencia. Tamén é un libro co que se pode traballar o valor de amizade, de compartir cos demais e a solidariedade.
A obra  está escrita en castelán e traducida ao galego, polo que se pode traballar nas dúas linguas.

Recursos en liña:
-  Taboada, María (2017). Astropal. Un cometa con corazón. Adaptación do libro a cómic: https://www.youtube.com/watch?v=x8hzLX3_olA  (consultado o 5 de marzo de 2018).