Amosando publicacións coa etiqueta Formas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formas. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de marzo de 2018

O ganapán das palabras

https://lh6.googleusercontent.com/847z_YwgNcW123wKxMNtF0TMimGqOHX9No28heOt8ayhkwpVrw18EfTfAIEpUfm0EQFO6lJeLkk8KakkX5SJ7hf1BOG61Pe_jSuxS3zvvwJSH8_b9Sk8EutTghhlG3QcnlaYvRHd




Cáccamo, Pepe (2016).Ganapán das palabras. Ilust. María Xosé Fernández. Pontevedra: Kalandraka editora, col. Demademora, [26 pp.], (ISBN: 978-84-8464-917-5).

Breve descrición de formato e contido:  álbum ilustrado, cun tamaño de 22 x 22 cm  e feito de tapa dura. Esta é unha edición especial publicada con motivo do dezaoito  aniversario da primeira edición e coa que Kalandraka quere recuperar unha obra emblemática da Literatura Infantil e Xuvenil galega que segue tendo plena vixencia.
Na cuberta  e na contracuberta atopámonos con imaxes de laranxas durmindo e o título está inscrito dentro  dun ganapán, redundando no sentido do propio título. Xógase de forma suxestiva coas palabras xa dende o título, que forma un anagrama coa vogal A: “Ganapán das palabras”. As gardas representan a media ducia de laranxas durmindo, que van enmarcadas entre dous signos de interrogación e que semellan representar a un neno.
Ao comezar o conto encontrámonos cun neno que tiña cen palabras envoltas en papel de celofán. As ilustracións do interior do libro son moi coloridas e visuais, de estilo ecléctico e vangardista e destacan polo seu carácter expresionista, os contrastes cromáticos e os xogos entre as formas e as letras. O conto ofrécenos unha divertida historia rimada sobre cinco palabras aventureiras que caen nun espello e vólvense do revés. Pedra, cama, laranxa, lúa, pan... Que pode ocorrer? Que se volven do revés. E como as imos ler nós entón??? Con rimas nos versos todo pode suceder.

https://lh5.googleusercontent.com/aacZkBMgwrYJ4RzkR6YWPpxVWXMGNhI4xMmd8i52VQEAwqBJBJiU9ytaAbdbbD80zV9SB_Mn7G6RFgo-maolrugo9Kfh8gDx5XDaRbnHLCZYAxc2-iXQuDUwcrhAKv88XzQvjB5e

Pontencialidades educativas: a través da poesía e da rima favorécese a socialización e os procesos de crecemento e aprendizaxe dos/as nenos/as Estes  xogan a través do libro cos versos e cos inversos, aprenden palabras novas, adquiren o significado das palabras e usan a súa imaxinación. Desta obra poética pódese gozar a calquera idade, xa que con ela podemos favorecer a creatividade das crianzas, ampliar vocabulario, coñecer os mecanismos e funcionamento da lingua, gozar do ritmo e a rima de cada composición e das ilustracións que as acompañan.

Recursos :
É de gran interese visitar e revisar este artigo e esta páxina web:
  • Roig Rechou, Blanca-Ana, Neira Rodríguez, Marta e Agrelo Costas, Eulalia (2009). A poesía no século XXI en Galicia. En Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.). A poesía infantil no século XXI (2000- 2008). Vigo: Edición Xerais de Galicia / LIJMI, pp. 77- 108.
  • Nesta páxina web pódese encontrar distintos tipos de recursos de literatura  popular infantil : Orella pendella













sábado, 10 de marzo de 2018

Lola: tooodo un día en el zoo


 
Imapla(2012). Lola: tooodo un día en el zoo, ilust. do autor. Barcelona: Océano [32 pp.]. (ISBN: 978-607-400-825-8).

Descrición do formato e contido da obra:libro acordeón de formato rectangular (19x24 cm), de gran tamaño e tapa dura. Na cuberta observamos unha imaxe dunha nena. Enriba dela, o nome da autora e na parte inferior o título aparece en letra grande (Lola: tooodo un día en el zoo). Na contracuberta aparece, na parte superior, un breve resumo da obra e, no medio, dous patos que representan, por un lado, o animal que leva sempre a nena con ela e o outro, o pato que está no zoo. No mediohai unha frase que di "Todo el día persiguiéndote". Nas gardas aparecen diversos debuxos xeométricos que están dentro da obra. No interior do libro, as páxinas son grosas e as ilustracións son orixinais, xeométricas, de gran tamaño e non ten texto, só debuxos.
A historia presentanos a unha nena que se chama Lola que foi coa súa nai e o seu pato ó zoo. Pero este paseo non acaba aquí, xa que Lola cando dorme, abre a porta vermella do seu cuarto e podes acompañala nesta viaxe que nunca se acaba.

Potencialidades:atopámonos ante unha obra que tratara diferentes temas de interese (familia, zoo, animais, formas xeométricas, etc.), coa a cal os nenos e nenas poden interaccionar. O que se pode traballar con ela son: facer unha pequena asemblea, preguntándolle aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el; traballar os animais que aparecen no libro e algún novo que non estea; poñer o libro cun vídeo interactivo do conto, onde lle conten a historia; aprender as diferentes formas xeométricas que aparece no conto.

Recursos de interese:
·    - Imapla (2014). Lola: tooodo un día en el zoo [Arquivo do vídeo]. Recuperado de: https://vimeo.com/54599931 (consultado 28 de abril de 2018).