Imapla(2012). Lola: tooodo un día en el zoo, ilust.
do autor. Barcelona:
Océano [32 pp.]. (ISBN: 978-607-400-825-8).
Descrición do formato e contido da
obra:libro acordeón de formato
rectangular (19x24 cm), de gran tamaño e tapa dura. Na cuberta observamos unha
imaxe dunha nena. Enriba dela, o nome da autora e na parte inferior o título
aparece en letra grande (Lola: tooodo un
día en el zoo). Na contracuberta aparece, na parte superior, un breve
resumo da obra e, no medio, dous patos que representan, por un lado, o animal
que leva sempre a nena con ela e o outro, o pato que está no zoo. No mediohai unha
frase que di "Todo el día persiguiéndote".
Nas gardas aparecen diversos debuxos xeométricos que están dentro da obra. No
interior do libro, as páxinas son grosas e as ilustracións son orixinais, xeométricas,
de gran tamaño e non ten texto, só debuxos.
A
historia presentanos a unha nena que se chama Lola que foi coa súa nai e o seu
pato ó zoo. Pero este paseo non acaba aquí, xa que Lola cando dorme, abre a
porta vermella do seu cuarto e podes acompañala nesta viaxe que nunca se acaba.
Potencialidades:atopámonos ante unha obra que tratara diferentes temas de interese (familia, zoo, animais, formas xeométricas, etc.), coa a cal os nenos e nenas poden interaccionar. O que se pode traballar con ela son: facer unha pequena asemblea, preguntándolle aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el; traballar os animais que aparecen no libro e algún novo que non estea; poñer o libro cun vídeo interactivo do conto, onde lle conten a historia; aprender as diferentes formas xeométricas que aparece no conto.
Recursos de interese:
· - Imapla (2014). Lola: tooodo
un día en el zoo [Arquivo do vídeo]. Recuperado de: https://vimeo.com/54599931
(consultado 28 de abril de 2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario