Amosando publicacións coa etiqueta #Respeto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Respeto. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

Pepiña Maruxiña quere voar

Castro Lima, Manuel (2013), Pepiña Maruxiña quere voar, deseño Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda editorial. [36 pp.] (ISBN: 9788494198502) 

Breve descrición do formato e contido da obra:  É un conto ilustrado en formato cadrado que narra a historia dunha xoaniña chamada Pepiña Maruxiña, e como, a través da súa constancia e tenacidade e as ganas de non deixar de soñar, consegue as ás que precisa para poder voar. Este conto está baseado na tradición popular de cantarlles as xoaniñas para protexelas, e tamén para que emprendan o voo, para que traian bo tempo, boas colleitas... co obxectivo de recuperar esta tradición oral. Ao longo do conto Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín en busca das súas ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. Na cuberta do libro aparece a protagonista, Pepiña Maruxiña, enriba dunha folla, mirando cara un grilo que está voando. Así, pódese apreciar as ansias da xoaniña de cumprir os seus soños de voar. 

Potencialidades educativas: Nesta historia, a xoaniña persegue o seu sono, isto ensínalle os nenos e nenas a perseguir o que realmente queren e que con constancia poden conseguir os seus propósitos e a importancia de facer estos realidade. Aprenderán a valorar a disciplina de traballar tódolos días coa mente posta no logro dos seus obxectivos. Lograr as metas é unha das habilidades máis importantes que os nenos poden aprender, e canto máis cedo aprendan, máis probabilidades terán de ter resultados exitosos na vida. Unha vez que os nenos interioricen esta habilidade, poderán alcanzar máis éxito na escola e na casa. Debemos ensinarlles a que aprendan cómo lograr as súas metas e desta maneira darlles unha sensación de que son capaces de facer todo o que dexesen con esforzo e constancia. Tamén pretende espertar nos máis cativos o interese pola cultura do noso e o respecto a natureza. É moi importante que os nenos desde idades temperás, aprendan, a través dos seus pais e os seus educadores, a respetar e a valorar a natureza. O amor pola natureza levaraos a apreciar o mundo natural e a actuar en correspondencia con estos sentimentos, contribuíndo ao seu coidado. A tradición oral é un gran potencial educativo e consegue que os nenos se relacionen co contexto e lles permite interesarse polas costumes e as tradicións do seu entorno. 

Recursos de interese:
Presentación contacontos Pepiña Maruxiña quere voar. Espectáculo infantil da compañía Barafunda. https://www.youtube.com/watch?v=e1hNY-KGqRQ (consultado 23/04/2018)

sábado, 31 de marzo de 2018

Sal e Azucre





Prieto, Iván (adapt.) (2006). Sal e Azucre. Ilustr. Ivan Prieto. Pontevedra: OQO Editora, col. O (36 pp.) (ISBN: 84.96573.07.9).

Breve descrición do formato e contido da obra: adaptación e ilustracións por Iván Prieto a partir dun conto popular grego, que perdura máis aló do tempo e da xeografía. O conto presenta un formato cuadrangular, de tapa dura (25,4 x 24,1 cm). A obra está recomendada para o lectorado de 5 anos ou mais. Os protagonistas son dúas figuras humanas representadas mediante imaxes de esculturas de arxila en tres dimensións, cargadas de realidade e fóra de calquera estereotipo, todo ambientado nunha contorna minimalista. O autor utiliza imaxes a dobre páxina que axuda a seguir a lectura, ademais chama a atención o ben que representa o día a día nunha relación e as súas dificultades, ademais dos sentimentos que provocan nos protagonistas. As tonalidades do fondo van da man da situación, con cores máis vermellas nos momentos de tensión e tons máis verdes cando o ambiente é máis relaxado. Dende o punto de vista do contido, a historia conta o día a día dunha parella de velliños, ela era toda de sal e el era todo de azucre, vivían ao pé dunha montaña nunha casiña de sal e aínda que había días que se querían moito, outros non paraban de discutir…

Potencialidades: esta obra sérvenos para achegar o alumnado á parte menos idílica da convivencia no fogar, como os diferentes caracteres na parella, os desencontros e os sentimentos que provocan estes antes e despois da separación. Tamén podemos fomentar a comprensión e o respecto e danos a posibilidade de ofrecerlle estratexias (pedir perdón, escoitar...) para solucionar as diferenzas de forma ser, xa que ninguén quere estar sempre só.

Recurso en liña:
Versión en stop-motion do conto: Televisión de Galicia (2012). Os contos do camiño. Sal e azucre. Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/contos-do-camino-capitulo-24-sal-e-azucre-1

Feito por: Chema Rivero