Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de abril de 2018

Las princesas también se tiran pedos

“Las princesas también se tiran pedos”



Referencia bibliográfica : Brenman, Ilan (2011). Las princesas también se tiran pedos. Ilust.Ionit Zilberman. Valencia : Algar, [ idade +5 anos] , [ 32 pp ] , ( ISBN: 978-84-9845-315-7 ). Tradu. Josep Franco Martinez.

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo, en lingua castelá.
De formato rectangular, tapa dura, está composto por 32 páxinas, todas elas ilustradas e acompañadas dun pequeno texto. As cubertas son grosas e  de cartoné. Na dianteira aparece o nome da autora e do ilustrador, ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración que fai referencia ao título: a imaxe  dunha nena cun vestido saltando cara o lector. Na contracuberta aparece a parte de atrás do corpo da nena co vestido e vese como do vestido sale un peido.
Na parte superior atopamos un breve resumo do comezo da historia para provocar curiosidade no lector.
Trátase dun conto dunha nena moderna que chega da escola preocupada e con unha dúbida, o seu pai interesouse polo que lle preocupaba e a nena preguntoulle se as princesas botábanse peidos, esperando que o pai dixera que iso era imposible pola contra e o pai contestoulle que si. A nena sorprendeuse moito xa que un rapaz na escola afirmoulle que Cenicienta tirábase moitos peidos e ela non o cría, para seguir informándose o seu pai foi na busqueda do libro secreto das princesa onde habia un capitulo de problemas gastrointestinales e flatulencias das princesas mais famosas do mundo e ali foise enterando de que moitas das suas princesas favoritas tiñan flatulencias e que era algo natural e ainda que votaran peidos seguían a ser unhas princesas.

Potencialidades: Este conto baséase na renovación do concepto que se ten das princesas, lonxe de  estereotipos (Delicadas, educadas e moi moi femininas), por iso no conto se explica que as princesas poden ser de moitas maneiras e ter comportamentos do mais naturais. Ademais as ilustracións de todo o relato son realizadas con cores neutras, non connotadas. Coa lectura deste conto podemos transmitirlle aos nenos e nenas que cada persoa é diferente que as princesas tamén son naturais e teñen necesidades como calquera outro ademais de que se cambia a imaxe e os estereotipos das princesas, dando paso a unhas moito mais modernas.Así conseguirase cambiar a mentalidade da sociedade e construír un mundo máis coeducativo.

Recursos:

  • Video conto realizado por “CEIP Soledad Alonso Gádor Audio” cuento preparado por alumnado de segundo ciclo por el 25 de Noviembre,m contra la violencia de genero https://www.youtube.com/watch?v=jvNJefdk64c  Data de consulta 20 de marzo 2018.

mércores, 25 de abril de 2018

Os Wombis e os cueiros





Rebumbio, Emilia (2017). Os Wombis e os cueiros. Ilust. Irene Sanjuán. Vigo:Galaxia,  [Idade 0-3 ],  [28 pp.]. (ISBN:978-84-9151-095-6).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado literario de tipo narrativo, en lingua galega.
De formato rectangular, tapa dura, está composto por 28 páxinas, todas elas ilustradas e algunhas acompañas dun pequeno texto. As cubertas son grosas e  de cartoné. Na dianteira aparece o nome da autora e da ilustradora, ademais do título do conto e o nome da editorial, tamén podemos observar unha ilustración que fai referencia a un dos Wombis: a imaxe  dun Wombi abrazado a unha árbore. Na contracuberta na parte superior atopamos un breve resumo. Na parte inferior atopamos o ISBN e a editorial.
Trátase dun conto que forma parte dunha coleción na que os animais, chamados Wombis, contan historias para axudar as nenas e nenos do mundo nas súas primeiras etapas. Este conto en concreto axúdalle aos cativos en concreto a deixar de empregar os cueiros mediante diversas aventuras.

Potencialidades: Con este conto traballaremos a coeducación xa que rompe cromatismos de xénero, non ten protagonistas marcados e as cores que se empregan son neutras, non como na maioría dos contos que empregan o rosa para as nenas e o azul para os nenos, ademais das cores que se utilizan para a vestimenta tamén as cores das imaxes son neutras tirando a pastel.  Por outra banda podemos observar que trata temas xerais que afectan tanto a  nenas coma a  nenos.


mércores, 18 de abril de 2018

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

Resultado de imagen de o cociñeiro martiño




López, Iago (2017). O cociñeiro Martiño. Ilust. Macus Romero. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Infantil e Xuvenil, [idade +3 anos ], [32 pp.].(ISBN: 978-84-9121-301-7)


Breve descrición do contido e do formato: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua galega, está dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.
Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto que non é moi extenso pero si que é bastante repetitivo e con axuda de ámbolos dous comprendese mellor á lectura. Os  elementos que aparecen ao longo de toda a narración son  realistas, relacionados coa vida cotiá.  Algunhas das páxinas forman unha soa imaxe e escena, en cambio hai páxinas que representan dúas escenas diferentes do conto. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece Martiño, o protagonista da historia, con aspecto de preocupación, que suxeita cesta para recoller as cenorias, e está rodeado de coelliños e cenorias. A cor que predomina é o azul e o laranxa. No centro superior aparece o título da obra e debaixo deste o nome do autor e do ilustrador. Ao fondo aparece o nome da editorial. Na contracuberta, tamén de cor azul, aparece un coello mirando un libro onde está a receita do pastel mentres come unha cenoria. Na parte superior aparece a sinopses de conto. Aínda que a cuberta e a contracuberta non formen unha única imaxe, pódese dicir que teñen relación, xa que en ambas as dúas aparece a figura do coello e das cenorias. As cores que predominan no libro son o azul e o verde. O texto  non é moi extenso e é bastante repetitivo,  figura nunhas páxinas na marxe superior esquerda e nas outras na marxe inferior dereita e as veces ao revés.
O cociñeiro Martiño quere facerlle un pastel ao rei polo seu aniversario, para iso precisa cenorias e vai por elas. Cando chega á horta non están as cenorias e vai na súa busca delas. Polo camiño atópase con moita xente que lle di que as cenorias as teñen os coellos. Cando chega onda os coellos están coméndoas, polo que se decata que non as roubaron para eles senón para alimentar aos seus fillos, de aí que decida recoller roitos secos para facer o pastel do rei, tarefa á que lle axudan os fillos do monarca.

Potencialidades:Trátase dun conto coeducativo que recoñece as potencialidades e individualidades de nenos e nenas independentemente do seu sexo. Estamos ante un bo recurso para traballar a coeducación na aula a través da lectura desta obra literaria. A finalidade didáctica deste é  tratar cos máis pequenos/as a coeducación, amosarlle que os roles ou traballos que están designados socialmente a un tipo de xénero en concreto soamente son estereotipos que se marcan, que tanto un home coma unha muller poden desempeñar calquera tarefa. Os aspectos a salientar orientados cara á coeducación son os seguintes: o ilustrador debuxou aos coellos sen asociar a súa cor a ningún xénero, é dicir, nos debuxos, os coellos son todos da mesma cor, neste caso de cor morada sen que o lector sexa capaz de diferenciar o sexo destes; o autor prima a liberdade de xénero ante os postos de traballo, dándolle o mesmo protagonismo a ambos os sexos. Deste modo, ao longo do conto aparecen unha serie de personaxes, tanto homes coma mulleres, para darlle así a mesma importancia a ambos os xéneros. De feito, aparecen de modo alterno, un home pintor, a unha muller carteira, un home cociñeiro e unha muller cesteira. Tamén os fillos do rei aparecen de modo indistinto axudando a facer o pastel para o seu pai. Ademais nas imaxes, ambos os dous nenos levan a mesma roupa, sen atribuír unha cor a algún dos xéneros.

Recursos:

Una feliz catástrofe

Resultado de imagen de una feliz catastrofe


Turín, Adela (2014). Una feliz catástrofe. Ilust. Nella Bosnia. Pontevedra : Kalandraka, col. Libros para soñar, [ idade +3 anos], [ 40pp], ( ISBN : 978-84-8464-887-1 ).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua Castelá, que nos conta historias da vida cotiá dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos. As protagonistas son  ratas humanizadas que contan as súas peripecias. As gardas do comezo e do final son de cor azul e nelas aparecen os ingredientes para facer o pastel  e tamén os coellos.  Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto sinxelo e de carácter repetitivo, que axudan ca comprender mellor a lectura. Os  elementos que aparecen ao longo de toda a narración son  realistas, relacionados coa vida cotiá.  Algunhas das páxinas forman unha soa imaxe e escena, en cambio hai páxinas que representan dúas escenas diferentes do conto. O texto aparece, nuns casos, na marxe superior esquerda e noutros na  inferior dereita. O álbum conta a historia dunha familia de ratos na que a nai desempeña o rol de ama de casa, mentres que o marido vai ao traballo e despois chega á casa e non colabora en nada. Chega un día no que a casa se inunda e a nai mais os ratos foxen en busca dun novo fogar. Cando o pai chega segue as súas pisadas e atópaos dentro dun caixón durmindo. A partir de aí todo cambia e o pai comeza a desempeñar os roles de amo de casa e os fillos parecen ser máis felices.

Potencialidades: A finalidade didáctica da lectura é coeducativa, é dicir, inculcarlle certos valores aos nenos e nenas nos que o rol que representa a muller de forma tradicional no fogar cambia. Ao comezo do libro aparece a nai facendo os labores domésticos, mentres que ao final deste é o pai o que os fai. Os contos son elementos de grande influencia para os nenos e nenas e son un bo recurso para traballar cos máis pequenos a igualdade de xénero tanto na aula coma nos fogares. Con este libro axudan aos nenos/as a construír a súa personalidade e a socializarse, inculcando valores e ideas. Neste caso con este conto, traballarase a identidade de xénero e, a igualdade entre ambos os sexos, é dicir, a coeducación. Un modelo de ensino alternativo ao anterior modelo educativo que era o tradicional. A través de referentes coeducativos búscase que as nenas e nenos dende pequenas sexan consideradas diferentes, pero non desiguais. Una feliz catástrofe pon de relevo a importancia de colaborar nas tarefas do fogar toda a familia e que os máis pequenos medren observando modelos de conduta máis equitativos, nos que se poña en valor a igualdade, a xustiza e a non discriminación ou violencia de xénero.

Referencias bibliográficas:

sábado, 7 de abril de 2018

Éranse dúas veces o patiño feo

Gaudes, B e Macías, P. (2016). Éranse dúas veces O patiño feo. Ilustr. Nacho de Marcos, trad. Marcos Randulfe. Madrid: Cuatro Tuercas. [a partir de 4 anos], [24 pp.]. (ISBN: 978-84-17006-09-9).

Breve descrición do formato e do contido: álbum ilustrado narrativo de 22x22 cm, encadernación de tapa dura e follas resistentes. Este material permite que os nenos/as manipulen e experimenten co libro sen temor a que se rompa. A cuberta móstranos unha imaxe do protagonista principal, o Patiño feo, acompañada do título da obra que nos deixa entrever que a historia é probable que sexa unha versión do conto tradicional. Na contracuberta recóllese unha explicación de como xurdiu a colección de libros á que pertence esta obra, unha sinopse da historia e unha ilustración do protagonista, esta vez convertido en cisne. Ambas gardas teñen un fondo vermello: as dianteiras realizan a función de portada e as traseiras recompilan os agradecementos.  

Os textos caracterízanse por ser bastante extensos, empregar unha linguaxe da vida cotiá e enriquecer os diálogos con ensinanzas morais coma “diferente non é nin bo nin malo. É sinxelamente iso, diferente” ou “pechar os ollos ante situación inxustas é posicionarse do lado do agresor” que fan reflexionar sobre o que estamos a ler. Estes aparecen mesturados con ilustracións a dobre páxina.

As imaxes destacan sobre un fondo branco, empregan cores suaves que transmiten unha sensación de tenrura e, sobre todo, son moi expresivas. As facianas dos protagonistas representan con claridade os seus sentimentos e estados anímicos. Por iso, considero que estas ilustracións acompañan, reforzan e clarifican perfectamente o que se vai narrando.


Partindo do clásico do Patiño feo, esta obra relata a historia de Cuasi, un patiño moi diferente aos seus irmáns. Dende o seu nacemento, Cuasi é xulgado continuamente polos seus veciños da granxa polo mero feito de ser distinto que o resto de patos. A súa nai Ánxela, cun forte carácter e conciencia moral, defende a seu fillo continuamente, facendo comprender aos demais animais que estaban a emitir prexuízos e logrando que “acepten a aquel estraño patiño como un membro máis da comunidade”. Esta actitude valente cara ás inxustizas sérvelle de inspiración a Cuasi cando comeza a ir á escola. No patio do colexio hai un gran pato, ao que todos coñecen como Patote, que empuxa, pega e trata moi mal ao resto de patiños. Un día, a vítima das súas agresións foi Cuasi e ningún dos amigos que estaban ao seu carón, nin sequera o seu irmán, fixo nada por axudalo. Cando Patote marchou, o irmán pequeno díxolle a Cuasi que non se enfrontase con el para non ter problemas, porén este fíxolle entender que “se non tomas partido nunha situación inxusta, estás permitindo que suceda. En realidade, tamén é culpa túa”. Estas palabras dan voltas na cabeza do irmán pequeno e cando ao día seguinte parecía que volvería repetirse a mesma escena, este saíu a defender a Cuasi. A sorpresa foi que detrás del foron moitos outros patiños logrando que a partir dese día a convivencia na escola fose moito máis sinxela. Aprenderon deste modo que non se pode instalar a indiferenza e o silencio ante as inxustizas, senón que é preciso actuar. Pasou o tempo e Cuasi converteuse nun precioso cisne tanto por fóra coma  por dentro. Tamén é de salientar que na obra se homenaxea á activista Ánxela Davis, que é  representada e caricaturizada a través da nai de Cuasi.

Potencialidades educativas: é un libro que, a través de cada unha das súas páxinas, invita a reflexionar sobre condutas que acostumamos repetir. Ao tratarse dun clásico, é moi probable que os cativos/as xa coñezan a historia tradicional, polo que este novo enfoque os vai sorprender e atrapar durante toda a lectura, manténdoos intrigados ata o final. Ao caracterizarse por ter poucos personaxes unha forma atractiva de mostrar a historia ao alumnado sería cun teatro de sombras. A través das siluetas podemos marcar as diferenzas de tamaños, nun primeiro momento entre Cuasi e os seus irmáns e despois entre Patote e o resto de compañeiros da escola. Ademais, estariamos favorecendo o desenvolvemento da imaxinación dos rapaces/as para que cada un representase mentalmente as imaxes dos diversos e diferentes personaxes.

Este libro ofrece a oportunidade de educar en valores, xa que con el podemos traballar os prexuízos, a diversidade, o acoso, a amizade, o compañeirismo, a cooperación, o respecto...

En relación ao acoso, creo que mostra claramente a realidade dos centros educativos ademais de ofrecer solucións e pautas para combatelo. Unha vez rematada a súa lectura, poderíase crearse con toda a aula un decálogo contra o acoso. Ademais, convida a traballar o concepto de amizade, reflexionando que para que dúas persoas sexan amigas non é imprescindible ser iguais (tanto en gustos coma fisicamente) o único requisito é quererse, coidarse, respectarse mutuamente, como acaban facendo estes animaliños.

Por outro lado, que na obra se faga unha homenaxe a Anxela Davis, convídanos a buscar información sobre este personaxe e entender porqué os autores quixeron agasallala. Así mesmo, ofrece a oportunidade para comezar a traballar sobre diferentes mulleres brillantes que, como din Gaudes e Macías (2016), “ocupan un segundo lugar nos libros de historia”.

Por último, creo que é unha obra que tamén fará reflexionar aos adultos (profesorado, familias...) sobre todo a través das últimas páxinas nas que nos fai comprender que somos os modelos a seguir dos máis pequenos/as. Ao igual que lle acontece aos cisnes máis pequenos, os cales pensaban que “aqueles patos non eran feos... eran distintos a eles, pero especiais e únicos”, os nosos cativos/as tampouco nacen con prexuízos, son as nosas actitudes as que toman coma referencias e as que acaban por convertelos  en persoas que xulgan e sentencian a aqueles que non responde ao patrón do que a sociedade considera como “normal”.

Recursos de interese:

Millán, Beatriz (2017). “Los cuentos de “Érase una vez”. Recuperado de http://www.beatrizmillan.com/cuentos-erase-dos-veces/ a 03/04/2018. Reseña da colección de libros “Éranse dúas veces…”.

TEDx Talks. (2017). “Seamos felices sin comer perdices”| Belén Gaudes | TEDxBarcelonaWomen. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=mh7bkKy17nk a 03/04/2018. Conferencia da autora da obra sobre a colección “Éranse dúas veces…”

Una mamá novata. (2017). “Érase dos veces, la colección de libros infantiles que da la vuelta a los clásicos para romper estereotipos”. Recuperado de https://www.unamamanovata.com/2017/11/11/erase-dos-veces-cuentos-igualitarios/ a 03/04/2018. Reseña da colección de libros “Éranse dúas veces…”.

mércores, 14 de marzo de 2018

La mitad de Juan



Lienas, Gemma (2008). La mitad de Juan. Ilust. África Fanlo. Barcelona: La Galera, col. Hada Menta, [idade +5 anos], [32pp]. (ISBN:978-84-246-2893-2)
Breve descrición do formato e contido da obra:
O libro “ La mitad de Juan” é un conto con formato de álbum ilustrado de cartoné, a cuberta e a contracuberta de tapa dura e non conforman unha única imaxe. A cuberta e contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece o nome da autora, do ilustrador, da editorial e da colección, ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración do protagonista onde se pode observar unha pincelada característica, como é a súa camiseta rosa. Na contracuberta podemos observar un corazón verde onde aparece a caixa que vai ter relevancia na historia do conto, mentres que no lombo do conto aparece o título e a súa colección. Empréganse, maioritariamente cores pastel nas súas imaxes, ao longo do conto as ilustracións están  acompañadas dun texto bastante longo. Todo o relato está escrito en castelán e destinado para nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Nel nárrase que . Juan é un neno ao que lle gustan as bonecas, as camisetas rosas, os contos de princesas. Todo o mundo se ri del xa que pensan que son cousas de nena. Un día Juan decide enterrar todo o que o vincula cunha nena pero dáse de conta que facendo isto el séntese triste. Un día aparece unha fada que o fai reflexionar sobre todo isto e el decide recuperar todas as súas pertenzas e ser el mesmo, sen facer caso do que digan os demais.

Potencialidades:
Esta historia transloce con claridade os estereotipos de xénero, como nos limitan e a forma de saír deles. O máis relevante é que ás veces a sociedade se lle esquece que os nenos tamén sofren maltrato por ser “pouco masculinos”. Outro aspecto a ter en conta sobre esta historia é a necesidade que debemos ter cada persoa de ser nós mesmas e non querer cambiar polo que a sociedade pense ou opine. Ademais disto tamén trata unha crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e os clasifica en función do seu xénero.
A partir da lectura deste conto podemos traballar a igualdade de sexos explicando que non existe un estereotipo marcado para os nenos e outro para as nenas, para o que debemos utilizar a análise daqueles elementos que a sociedade considera femininos ou masculinos e reflexionando sobre a liberdade de elección e de expresión.

Recursos:

luns, 12 de marzo de 2018

Rosa caramelo



Turin, Adela (2012). Rosa Caramelo. Ilust. Nella Bosnia. Trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [Idade +6], [40pp.]. (ISBN: 978-84-8464-798-0).

Breve descrición do  formato e contido da obra: Conto de tapa dura composto por 40 páxinas, todas elas ilustradas empregando cores vivas para poder captar mellor a atención dos cativos/as. O texto podémolo atopar situado nalgunhas páxinas na parte superior e noutras na inferior. Todo o relato está escrito en galego. As cubertas  son grosas e duras de cartón. Nelas podemos atopar na parte de adiante o nome da autora ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración na que observamos a elefanta Margarida apoiada pola súa familia, esta ilustración pódenos dar un adianto do contido do conto, xa que podemos ver a protagonista dunha cor diferente á dos demais. Na contracuberta podemos ver unha ilustración onde aparecen unhas flores e insectos variados, ademais dun pequeno texto que nos informa sobre a colección á que pertence (“En favor das nenas). No lombo aparece o título da obra, a autora, a ilustradora e a editorial. É unha historia dunha elefanta que vivía nunha manda cos seus pais. Na manda os elefantes son grises e libres mentres que as elefantas deben comer unhas flores determinadas para conseguir un color rosa caramelo e están privadas de liberdade. A nosa protagonista esfórzase e non o consegue, é recriminada e debido a isto decide marchar cara á liberdade que gozan os elefantes grises. Esta  decisión de Margarida fará que todas as demais elefantas decidan facer o mesmo ca ela, gozando da súa liberdade co resto da manda.

Potencialidades: Esta historia baséase principalmente na non discriminación por razón de sexos, a liberdade e a igualdade, acompañada das ilustracións, que potencian a mensaxe do texto a base de figuras realistas e cores vivas. Aínda que tamén se tratan outras importantes cuestións como un superficial culto á imaxe ou unha crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e os clasifica en función do seu xénero. A través deste conto podemos crear nos nenos/as un pensamento crítico que dará lugar a que se loite contra os estereotipos sexistas e a discriminación de sexos. Desta maneira pouco a pouco conseguirase cambiar a mentalidade da sociedade e construír un mundo máis coeducativo. A través da elefanta Margarida recréanse sentimentos onde se reflicten o malestar de que existan cores,xoguetes,xogos ou roupa que se clasifiquen en función do sexo.

Recursos:


¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


Días Reguera, Raquel (2010). ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?. Ilust. Da autora. Barcelona: Thule, col. Trampantojo, [ Idade +5 anos], [40 pp.]. (ISBN:978-84-9259-558-7 ).

Breve descrición do formato e contido:Este conto é un álbum ilustrado dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos.
Cuberta e contracuberta son de tapa dura, forman unha única imaxe na que se presenta coma un salón no que a protagonista está sentada nun sillón con aspecto triste e únicamente entra un raio de luz, preséntase una gaiola na que está metida a lúa semellando os estereotipos. Son de, destacar os cromatismos de cores das ilustracións,  nas que predominan os tons rosados. No centro superior da cuberta aparece o título do libro para a continuación á dereita mostrar o nome da autora e ilustradora do conto, no centro inferior desta está a imaxe da protagonista e ao fondo á dereita o nome da editorial. As gardas do comezo e do final presentan trazos horizontais en diferentes tons rosados.
Ao longo do conto pódese apreciar que as ilustracións, de estilo pictórico figurativo, están a dobre páxina formando así unha imaxe completa, nestas en moitas ocasión aparecen en primeiro plano e dun tamaño máis grande do normal elementos que buscan cobrar maior protagonismo (obxectos, persoas…). O texto é breve e habitualmente está situado nun dos laterais .
Carlota é unha princesa a que lle gustaría cazar dragóns, montar en globo...é esta disposta a facer tambalear o reino para conseguir ser quen quere ser. A súa solución é moi sinxela: a xente ten que entender que hai  nenas que en lugar de ser princesas rosas, prefiren calquera dos millóns de cores que hai  no mundo.

Potencialidades:  É un conto sinxelo que nos serve para traballar con nenos e nenas pequenos, para que poidan aprender a aceptarse a si mesmos tal e como son.
Este álbum pódenos axudar como mestres para traballar a diversidade na aula, ensinando aos nenos a aceptar aos demais e a respectar as diferenzas que teñen entre eles.
Coa axuda deste conto buscamos que os nenos/as adquiran un pensamento crítico e que así sexan capaces de loitar contra os estereotipos sexistas e a discriminación de sexos que hoxe en día está tan presente nesta sociedade. Buscando así cambiar a mentalidade desta pouco a pouco construíndo un mundo coeducativo.

Recursos:

arturo y clementina






Turín, Adela (2012). Arturo y Clementina. Ilust. Nella Bosnia. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar,  [ idade 4-5 anos ], [ 40 pp], (ISBN:978-84-8464-789-8). Tradu. G. Tolentino.

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado en cuxa cuberta están representados ambos os protagonistas, que son dous sapoconchos. O  estilo é pictórico figurativo e a posición central dos personaxes reclama a atención do lectorado, que pode adiviñar unha relación entra ambos. A cuberta e a contracuberta de tapa dura forman unha única imaxe que é un campo. Na cuberta do conto atopamos, na parte superior o título despois centrada unha imaxe dos protagonistas mirando un cara o outro, Arturo sitúase na parte esquerda da cuberta e debaixo desta está o nome da autora e á dereita sitúase Clementina debaixo desta imaxe pódese apreciar o nome da ilustradora, ao fondo da cuberta tamén atopamos a editorial. Na contracuberta faise referencia á importancia que teñen estes libros para traballar a coeducación e a igualdade.
Ao londo das corenta páxinas atopamos ilustracións e texto, as ilustracións de estilo pictórico figurativo a dobre páxina, configuran unha imaxe completa sempre en primeiro plano. En moitas das ilustracións do principio do conto pódese apreciar como Clementina aparece con expresión triste, pero ao final o seu rostro reflicte felicidade.
Clementina é unha tartaruga que vivía co seu esposo Arturo. Estes tiñan asignados uns roles que non favorecían a Clementina xa que se sentía inútil. Ata que un día se cansou do trato que recibía por parte de Arturo e decidiu marchar e ser libre.

Potencialidades: É un conto sinxelo dirixido a nenos e nenas maiores de 4-5 anos onde as principais temáticas son as relacións humanas, a coeducación, a igualdade e a liberdade para loitar e eliminar certos estereotipos sexistas que perviven na sociedade actual.
Ao longo do conto reivindícase o rol feminino na sociedade, combatendo os estereotipos sexistas e denunciando a discriminación da muller.
É un bo recurso para educar aos máis pequenos nunha sociedade de igualdade onde a muller e o home xoguen o mesmo papel e así poder cambiar o pensamento e os estereotipos que a día de hoxe seguen convivindo na nosa sociedade.

Recursos: