Lienas, Gemma (2008). La mitad de Juan. Ilust. África Fanlo. Barcelona: La Galera, col. Hada Menta, [idade +5 anos], [32pp]. (ISBN:978-84-246-2893-2)
Breve descrición do formato e contido da obra:
O libro “ La mitad de Juan” é un conto con formato de álbum ilustrado de cartoné, a cuberta e a contracuberta de tapa dura e non conforman unha única imaxe. A cuberta e contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece o nome da autora, do ilustrador, da editorial e da colección, ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración do protagonista onde se pode observar unha pincelada característica, como é a súa camiseta rosa. Na contracuberta podemos observar un corazón verde onde aparece a caixa que vai ter relevancia na historia do conto, mentres que no lombo do conto aparece o título e a súa colección. Empréganse, maioritariamente cores pastel nas súas imaxes, ao longo do conto as ilustracións están acompañadas dun texto bastante longo. Todo o relato está escrito en castelán e destinado para nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Nel nárrase que . Juan é un neno ao que lle gustan as bonecas, as camisetas rosas, os contos de princesas. Todo o mundo se ri del xa que pensan que son cousas de nena. Un día Juan decide enterrar todo o que o vincula cunha nena pero dáse de conta que facendo isto el séntese triste. Un día aparece unha fada que o fai reflexionar sobre todo isto e el decide recuperar todas as súas pertenzas e ser el mesmo, sen facer caso do que digan os demais.
Potencialidades:
Esta historia transloce con claridade os estereotipos de xénero, como nos limitan e a forma de saír deles. O máis relevante é que ás veces a sociedade se lle esquece que os nenos tamén sofren maltrato por ser “pouco masculinos”. Outro aspecto a ter en conta sobre esta historia é a necesidade que debemos ter cada persoa de ser nós mesmas e non querer cambiar polo que a sociedade pense ou opine. Ademais disto tamén trata unha crítica a unha sociedade que predestina o futuro dos seus individuos e os clasifica en función do seu xénero.
A partir da lectura deste conto podemos traballar a igualdade de sexos explicando que non existe un estereotipo marcado para os nenos e outro para as nenas, para o que debemos utilizar a análise daqueles elementos que a sociedade considera femininos ou masculinos e reflexionando sobre a liberdade de elección e de expresión.
Recursos:
- Cortometraxe do conto realizado polo C.P. Martínez Valls de Ontinyent https://www.youtube.com/watch?v=25Yb18HE1gg Data de consulta 8 de Marzo do 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario