mércores, 14 de marzo de 2018

O BAÚL DE DOMINGOS QUINTAS.






Babarro, Xoán (2017). O baúl de Domingos Quintas. Ilust. Estefanía Padullés. A Coruña: Hércules de Ediciones, col. Novas Lecturas de Hércules. [74pp] (ISBN: 978-84-947023-8-9).


Descrición do formato e contido: poemario ilustrado de tapa dura. A cuberta e a contracuberta forman unha unidade na que se observa o baúl do que proceden as historias que se atopan no interior do libro, rodeado das bolboretas monarca que representan o aspecto máxico da infancia do autor. Cada poema, de temática animal, vén acompañado da súa correspondente ilustración. Ten un prólogo narrativo que nos somerxe na historia que se vai contar e está adicado ao bisavó. Tamén conta con pés de páxina que engaden pequenos relatos relacionados co poema que estamos lendo. As imaxes son pequenas, realistas e están feitas a lapis de grafito, nuns casos en tons grises e noutros con distintas cores que acentúan a súa vistosidade. É nas páxinas centrais da obra cando as ilustracións adquiren cor e se emprega a mesma técnica realista. Podemos observala na imaxe seguinte.

Potencialidades educativas: é un libro moi adecuado para traballar a temática dos animais na aula de infantil xa que este tema emprégase habitualmente co alumnado. Este poemario ofrécenos unha visión diferente e divertida ao engadir poesía e cor á descrición de cada animal. (Ex. Dona Curuxa, madrugadora, velo de tebra, gafas de moda, fala coa lúa, coa noite soa…). Ademais do mencionado anteriormente espértase á imaxinación desde idades máis novas, mediante os adxectivos e as repeticións. Tamén traballa as adiviñas como unha técnica ou recurso para estimular o interese dos pequenos e pequenas.


Recursos de interese:



Ningún comentario:

Publicar un comentario