Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coeducación.. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de abril de 2018

Azul e rosa


Resultado de imagen de azul e rosa ana pillado

Pillado, Ana (2009), Azul e Rosa. Vigo: A Nosa Terra, col. Lila Lilaina, (+ 3 anos).[24 pp.] (ISBN: 978-84-8341-064-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tipo  narrativo e en lingua galega que nos conta unha historia da vida cotiá dirixida a nenas e nenos maiores de 3 anos. Os protagonistas son Lila e Pilo, dous irmáns que nos amosan unha realidade da vida cotia. Tanto cuberta como contracuberta forman unha única imaxe, na cuberta a metade do libro cara arriba e rosa e a metade do libro cara abaixo e azul, no medio aparece unha nena cunha vestimenta de moitas cores e estampados, e o pelo de cor violeta.vestido e uns zapatos de cor rosa e na marxe dereita cara arriba aparece o titulo da obra escrito en tres cores 8azul, branco e rosa e o nome da autora e debaixo a editorial. Na contracuberta a imaxe continúa xa que a nena aparece suxeitando tres globos de distintas cores 8amarelo, verde e vermello). Ao longo do conto podemos atopar imaxes con texto en ambos lados, no esquerdo e no dereito, as imaxes que acompañan ó texto son de moitas cores, unhas máis claras e outras máis escuras e destacan por a diversidade de estampados que aparecen na roupa dos personaxes, isto fai que parezan máis auténticos. Ao final do libro atopamosnos cunha folla onde aparecen os protagonistas espidos e na outra aparecen debuxos da vestimenta, unhas de cor azul, branca e rosa e outras de cor branca para que as nenas e nenos podan pintar da cor que eles queiran. O álbum cóntanos a historia de dous irmáns Lila e Pilo. Un día calquera reciben a visita dos seus avós que lles traen un agasallo para cada un. Cando Lila abre o agasallo ve unha bufanda e un gorro de cor rosa e Pilo recibe o mesmo, pero de cor azul. Ambos se amosan moi agradecidos cos seus avós, pero Lila pregunta porque todas as cousas que lle regalan son de cor azul, pois a ela gústanlle todas as cores. O avó respóndelle que o rosa e unha cor que favorece moito as nenas, pero Pilo di que a el tamén lle gusta. Lila e Pilo explícanlle aos seus avós que todas as cores lle sentan ben a calquera persoa. Os avós paran a pensar e o avó recoñece que sempre quixo ter un xersei de cor rosa e a avoa un chapeu azul. Finalmente os dous imáns acaban intercambiandose os agasallos e axudan aos seus avós a pintar a súa casa de moitas cores.

Potencialidades: O que trata de facer a autora con este libro e cuestionar certos símbolos, costumes e hábitos sobre a separación entre o sexo masculino e feminino. A finalidade que ten a obra e poder erradicar os estereotipos de xénero e favorecer a liberdade e a igualdade entre ambos sexos, intentando suprimir a clasificación establecida por a sociedade de que o azul e para os nenos e o rosa para as nenas. No conto podemos observar como son os dous irmáns quenes lle dan unha lección aos máis maiores e lles axudan a que se liberen deses pensamentos sexistas que tiñan marcados pola sociedade. Con este libro podemos ensinarlle as nenas e nenos que non hai unha cor destinada a un determinado sexo senón que todas e todos podemos usar todas as cores.


Teo va de campamento


Resultado de imagen de teo va de campamento

Denou, Violeta (2000). Teo va de campamento. Ilust. Da autora. Barcelona: Timun mas, col. Teo descubre el mundo, [ idade +3 anos], [ 32pp], ( ISBN: 978-84-4800-061-5).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua castelá, que nos conta historias da vida cotiá dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos. O protagonista é Teo un neno que nos conta as súas peripecias. Tanto cuberta coma contracuberta forman unha única imaxe, na cuberta aparece un grupo de nenas e nenos ao redor dunha fogueira, na parte superior o título do libro e colgado da última letra deste o protagonista da historia, debaixo do título o nome da autora. A garda do comezo forma unha imaxe completa, na garda da páxina da dereita está o título do libro e na garda da páxina esquerda están os datos do libro, mentres que nas gardas do final unha guía didáctica do conto. Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto sinxelo que axudan a comprender mellor a lectura. Os elementos que aparecen ao longo de toda a narración son realistas, relacionados coa vida cotiá. Todas as páxinas forman unha soa imaxe e escena. O texto aparece na marxe superior esquerda ou dereita ou na inferior esquerda ou dereita. O álbum conta a historia de Teo un cativo que vai coas súas amigas e os seus amigos e monitoras/es uns días a un campamento, disfruta do aire libre,  da natureza e de diversos xogos e actividades, en todos os momentos tanto nenas coma nenos desempeñan todas os labores necesarios para sobrevivir uns días no campo.

Potencialidades:  A finalidade didáctica da lectura é coeducativa, é dicir, inculcarlle uns valores ás nenas e nenos nos que o rol que desempeña a muller de forma tradicional na vida cotiá cambia. Durante todo o libro tanto nenas coma nenos desempeñan labores como montar o campamento, colocar a mesa e lavar a roupa. Os contos son un bo recurso para traballar cos máis pequenos a igualdade de xénero en todos os ámbitos. Con este libro axudase a nenas/os a construír a súa personalidade e a socializarse, inculcando valores e ideas. Con este conto, traballarase a identidade de xénero e, a igualdade entre ambos sexos.  Un modelo de ensino alternativo ao anterior modelo educativo que era o tradicional. A través de referentes coeducativos búscase que as nenas e nenos dende pequenas sexan consideradas diferentes, pero non desiguais.

Referencias bibliográficas:
Guía didáctica de planeta lector https://planetalector.com/system/files/libro/guias/guia_teo_va_de_campamento.pdf data de consulta 27 de Abril de 2018

luns, 23 de abril de 2018

Palabras/ Colores/ Números /Opuestos

“Palabras/ Colores/ Números /Opuestos”






E.S.S.A (2014). Palabras / Colores/ Números/ Opuestos. España: Libro Divo, col. Mi primer libro de aprendizaje, [12 pp.].

Breve descrición do formato e contido da obra: serie de catro álbums de carácter expositivo. Son de pequeno tamaño e  tapa dura, compostos por unha ducia de  páxinas, todas elas profundamente ilustradas. Empréganse  cores vivas, o que fai que chame a atención dos máis pequenos. O texto, composto por unha ou dúas palabras en cada páxina, aparece  sempre na parte superior dos contos,  escritos en castelán. As cubertas  son grosas e dunha textura moi suave, efecto do tecido plastificado. Cada un dos volumes presenta na cuberta o título, acompañado dunha imaxe alusiva á temática e o  nome da colección á que pertencen. Na contracuberta aparece o título dos contos en grande na parte superior, debaixo un breve resumo  e a que idade van dirixidos. Na parte inferior da contracuberta atopamos todos os datos da referencia dos libros como o ISBN, a colección, o ano no que foron publicados, ademais do lugar e a editorial. Por último no lombo dos contos aparece o título e a editorial,  ademais dun pequeno debuxo igual ao da cuberta. Son catro volumes  dirixidos a nenos/as dunha idade comprendida entre 0 e 1 ano que promoven o recoñecemento de conceptos como  cores, números, contrarios e palabras, apoiándose na representación visual e a palabra correspondente.

Potencialidades:  con estes álbums expositivos pódese traballar  a coeducación xa que emprega cores neutras para os obxectos, sen facer distinción de xénero en ningún deles. . Cada volume céntrase na temática que se anuncia no título, propiciando o contacto da nenez con elementos básicos que reforzan a aprendizaxe. Ademais as cores brillantes e sólidas que conforman cada páxina serven para atraer a atención dos máis pequenos, convidándoos a manipular o libro, dun tamaño moi acaído para as súas pequenas mans.