
Denou, Violeta (2000). Teo va
de campamento. Ilust. Da autora. Barcelona: Timun mas, col. Teo descubre el
mundo, [ idade +3 anos], [ 32pp], ( ISBN: 978-84-4800-061-5).
Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario
de tipo narrativo e en lingua castelá, que nos conta historias da vida cotiá
dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos. O protagonista é Teo un neno que
nos conta as súas peripecias. Tanto cuberta coma contracuberta forman unha
única imaxe, na cuberta aparece un grupo de nenas e nenos ao redor dunha
fogueira, na parte superior o título do libro e colgado da última letra deste o
protagonista da historia, debaixo do título o nome da autora. A garda do comezo
forma unha imaxe completa, na garda da páxina da dereita está o título do libro
e na garda da páxina esquerda están os datos do libro, mentres que nas gardas
do final unha guía didáctica do conto. Ao longo do conto aparecen diferentes
imaxes acompañadas dun texto sinxelo que axudan a comprender mellor a lectura.
Os elementos que aparecen ao longo de toda a narración son realistas,
relacionados coa vida cotiá. Todas as páxinas forman unha soa imaxe e escena. O
texto aparece na marxe superior esquerda ou dereita ou na inferior esquerda ou
dereita. O álbum conta a historia de Teo un cativo que vai coas súas amigas e
os seus amigos e monitoras/es uns días a un campamento, disfruta do aire libre,
da natureza e de diversos xogos e actividades, en todos os momentos tanto
nenas coma nenos desempeñan todas os labores necesarios para sobrevivir uns
días no campo.
Potencialidades:
A finalidade didáctica da lectura é
coeducativa, é dicir, inculcarlle uns valores ás nenas e nenos nos que o rol
que desempeña a muller de forma tradicional na vida cotiá cambia. Durante todo
o libro tanto nenas coma nenos desempeñan labores como montar o campamento,
colocar a mesa e lavar a roupa. Os contos son un bo recurso para traballar cos
máis pequenos a igualdade de xénero en todos os ámbitos. Con este libro axudase
a nenas/os a construír a súa personalidade e a socializarse, inculcando valores
e ideas. Con este conto, traballarase a identidade de xénero e, a igualdade
entre ambos sexos. Un modelo de ensino
alternativo ao anterior modelo educativo que era o tradicional. A través de
referentes coeducativos búscase que as nenas e nenos dende pequenas sexan
consideradas diferentes, pero non desiguais.
Referencias bibliográficas:
Guía didáctica de planeta lector https://planetalector.com/system/files/libro/guias/guia_teo_va_de_campamento.pdf data de consulta 27 de Abril de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario