Amosando publicacións coa etiqueta abrazos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta abrazos. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de marzo de 2018

El libro de los abrazos





Resultado de imagen de el libro de los abrazos infantil



Genechten, Guido Van (2010)- El libro de los abrazos. Ilustr. do autor. Madrid, SM[22 pp]. (ISBN: 987-85-675-3789-5)



Breve descrición do formato e contido da obra: conto de formato pequeno e cadrado, onde todas as páxinas son consistentes e do mesmo grosor. Na cuberta aparece o título da obra e algúns dos personaxes, que van adiantando o contido do relato. A historia comeza  cando un neno chamado Juan  lle pide unha aperta á súa nai. A partires de aí comeza unha sucesión de situacións afectivas entre membros de diferentes especies (normalmente unha nai e fillo/a) que ocupan as dobres páxinas do volume. As ilustracións figurativas destacan as súas cores cálidas, a expresividade dos rostros e os contornos en negro que as definen e enmarcan.. Salientan tamén os xogos tipográficos nos que se adoptan letras de maior tamaño para os termos asociados á afectividade, marcada fundamentalmente polos adxectivos que caracterizan as diferentes formas de abrazar.  

 



Potencialidades educativas: este conto amósanos a importancia que ten dar e recibir cariño para un neno/a, sobre todo no seu núcleo familiar e por parte das  persoas de referencia. O conto tamén serve  para relatar as diferentes formas que hai de abrazar e as diferentes formas que hai de amosar os nosos sentimentos sen necesidade de que sexa por medio de palabras. Ademais de potenciar o ámbito dos sentimentos no cativo, tamén serve para traballar co mundo dos animais, que son os principais protagonistas das páxinas deste libro.

Recursos en liña:
·         É un vídeo no que se le o conto aos nenos de maneira tranquila e pausada.