Amosando publicacións coa etiqueta Medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medo. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de maio de 2018

Gato Guille e os monstros


Resultado de imagen de gato guille e os monstros
Couto, X. (adapt.) (2000). Gato Guille e os monstros. Pontevedra: Kalandraka, [33 p.]. (ISBN: 978-84-8464-555-9).

Breve descrición do formato e do contido da obra: álbum ilustrado de 22 x 22 cm,  con encadernación de cartoné. Formado por 40 páxinas onde Rocío Martínez emprega a técnica do pastel para recrear personaxes e espazos cheos de dulzura. Tamén xoga coa perspectiva para dar a sensación de que as estancias da casa son sitios inmensos, tal e como os máis pequenos perciben a realidade máis inmediata. Con esa impresión de amplitude medran a intriga, o medo e soidade que invaden a Guille. Pero os ambientes non chegan a ser ameazantes nin tétricos; hai elementos -xoguetes, roupa, libros- que lle lembran ao lector que está nun lugar seguro: o fogar.
Gato Guille é incapaz de quedar só xogando porque atérranlle os ruídos estraños: o aire que entra pola fiestra, a lavadora, o ascensor, a cisterna que pinga... Calquera son alleo convértese, na súa imaxinación, nun monstro que pode atacalo. A súa reacción consiste en fuxir na procura da protección da nai. Mamá Gata é a súa única fonte de seguridade e, avanzando a historia, o lector comprobará que tamén é a única capaz de disiparlle os temores. Porque acaba sendo a nai quen se alarme cos ruídos que previamente atemorizaran a Guille. Daquela o gatiño axudaralle a perder o medo tomándoa da man e dándolle unha explicación razoable a cada suceso.

Potencialidades educativas: este álbum aborda un tema interesante e habitual nos nenos: o medo. Mamá Gata é o alterego da autora que, deste xeito, diríxese aos lectores para transmitirlles que o medo só está na mente de cada un e que cómpre afrontarlo con decisión para vencelo.
Non falta a particular homenaxe da autora a Maurice Sendak, autor de “Onde viven os monstros”. Esta obra, editada por Kalandraka, aparece representada nunha das escenas do libro. Os diferentes tamaños da tipografía e a disposición dinámica das palabras en cada páxina logran efectos visuais que enriquecen a narración e a mensaxe do conto: recursos como as onomatopeas ou o maior tamaño das frases nos momentos nos que se marcan picos de tensión, contribúen a procurar da historia todo o seu potencial.

Recursos asociados á obra:

Millon, E. (2013). Vídeo Gato Guille e os monstros. https://www.youtube.com/watch?v=5TxNfAyYNRE (Consultado 16/03/18).

Guarino, M. (2016). Dramatización El gato Guille y los monstruos I https://www.youtube.com/watch?v=fvx7uF6M7aE (Consultado 16/03/18).

Kalandraka (2000). Ficha do libro “O gato Guille e os monstros”. http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Gato-Guille-G_01.pdf (Consultado 16/03/18).



luns, 30 de abril de 2018

Tengo miedo





Moses, Brian (1994). Tengo miedo. Ilust. de Mike Gordon. Pontevedra: Edelvives, col. Tus sentimientos, 31 pp. (ISBN: 84-263-2915-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: libro ilustrado de tapa dura. É unha produción literaria narrativa co texto en castelán. Na cuberta atopamos o título e un debuxo da protagonista sobre un fondo escuro, no que se reflicte o medo que ten a nena á escuridade, adiantándonos parte do contido da obra. En cada unha das páxinas, o texto vén acompañado de distintas imaxes que axudan a imaxinar as situacións que lle ocorren á nena. Nas dúas últimas páxinas atopamos unha serie de indicacións, dirixidas a pais e nais e mestras e mestres nas que se suxire algunhas actividades para traballar cos nenos e nenas.
O libro presenta  en cada páxina unha ou varias situacións que adoitan darlle medo. Na cara esquerda amósase cada unha desas situacións que lle produce medo á nosa protagonista (as arañas, o primeiro día de colexio…), mentres que na dereita aparece a  solución ou a explicación que a nena atopa para poder loitar contra ese medo.




Potencialidades educativas: este libro ilustrado é axeitado para axudar a que os nenos e nenas entendan mellor as situacións que lles dan medo e os sentimentos que estas provocan. A contraposición entre situacións parellas nas que os sentimentos son tamén contrarios favorece que os máis novos encontren a solución e empaticen coa protagonista, de modo que se crea un referente que lles pode axudar a se enfrontaren aos seus medos e inseguridades dun modo máis eficaz e a entender a causa dos seus sentimentos e aprender a controlalos.

venres, 20 de abril de 2018

¿A que no te atreves? Un libro para tocar… ¡si eres valiente!



Maubert, Nicole (2016). ¿A que no te atreves? Un libro para tocar… ¡si eres valiente! Ilust. de la autora. Madrid: San Pablo, [20 pp.]. (ISBN.978-84-285-4938-7).

Breve descripción del formato y contenido de la obra: álbum ilustrado interactivo, con encuadernación en cartoné y unas dimensiones de 21 x 21 cm. En esta obra nos encontramos elementos de temor infantil, acompañados de diferentes texturas, que retan a los niños a interaccionar con ellos. En la cubierta podemos observar un monstruo sonriente y de tacto suave, similar a los muñecos de peluche que tienen los niños. Tras él se encuentra su sombra, amenazadora y terrible, pero que pierde su efecto por la presencia agradable e inofensiva del monstruo. En la contracubierta siguen la misma estrategia y en un fondo oscuro colocan multitud de simpáticos ojos.
Las páginas son resistentes y cada una de ellas configura una imagen completa con texturas y elementos diferentes. Sobre un fondo monocromático destacan los distintos elementos causantes de pesadillas en los niños, pero la caracterización de los personajes ayuda a desconjurar los miedos. Los protagonistas del libro tienen grandes ojos redondos, colores alegres y formas ligeramente redondeadas que ayudan a los niños a empatizar con ellos y a dejar de tenerles miedo. Entre las diferentes texturas encontramos telas suaves, elementos pegajosos, rugosos e incluso reflejantes que divertirán a todos los lectores.

Potencialidades:
Considero que este álbum ilustrado es realmente útil para tratar de desconjurar los miedos en la etapa de Educación Infantil, al mismo tiempo que se potencia el interés por la lectura. Estamos ante un libro con el que se puede jugar. Son muchos los niños que a estas edades pueden tener diferentes miedos: a las arañas, a la oscuridad, a los monstruos. Con este libro se reta a los más pequeños a librarse de esos temores tocando aquellos seres que en otros momentos de su vida se les presentan como figuras amenazadoras. Las texturas desarrollarán su curiosidad y provocarán diversas emociones desde la sorpresa al asco, acercando a los niños a la lectura y haciéndoles entender que los libros son algo más que letras impresas en un papel. El hecho de que en la obra aparezcan estas texturas lo convierte en un libro sensorial que ayudará a los niños a desarrollar al máximo sus sentidos al mismo tiempo que potenciamos las habilidades motrices, debido a que tendrán que manipular el libro para poder seguir la historia. Creo que se pueden utilizar diversas estrategias de lectura, pero me gustaría destacar la idea de hacerlo con los ojos cerrados, dejándose guiar exclusivamente por el sentido del tacto.
Además esta obra puede utilizarse también para trabajar los animales y los colores, que impregnan toda la historia, así como para ayudar a los niños a desarrollar su imaginación y creatividad a la vez que trabajamos con emociones tan diversas como el miedo y la sorpresa.



Recursos de interés:


luns, 9 de abril de 2018

O libro dos medos





Canosa, María (2016). O libro dos medos. Ilust. Olaya Naveira. Santiago de Compostela: Bolanda, [42 pp.]. (ISBN:978-84-617-4510-4).

Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado de cartoné,de carácter poético e cunhas dimensións de 21,5x27 cm. Na cuberta aparecen un neno e unha nena abrazados e sorrindo sentados no brazo dunha figura abstracta que podería ser o medo. Na contracuberta atópase a mesma figura abstracta erguida a carón do mesmo cativo, cun saco que podería representar os medos. Nas primeiras gardas aparece un can que busca a complicidade dunha nena que está chorando para xogar. Nas gardas traseiras atópanse dúas nenas felices mentres debuxan, máis un mexacán que acompaña á protagonista durante a historia; un posible significado deste símbolo é que axuda a protagonista a espantar a medo cada vez que sopra os seus pistilos. O seu contido divídese en cinco bloques cuxo elo son os medos infantís, nuns casos, a elementos da contorna asociados coa noite, noutros casos aos animais, aos médicos, pallasos e a seres simbólicos. Antes de comezar cada secuencia, hai dúas follas de transición nas que aparece unha mancha negra (que fai referencia ao medo), unha nena (que semella facer fronte aos seus medos) e unha estrofa dun poema de diferente autores galegos acorde á temática que se traballa en cada bloque.


Nas ilustracións minimalistas predominan cores apagadas, sobre todo branco, negro e gris e están debuxadas a lapis. As imaxes caracterízanse polo seu estilo figurativo, configurando unha unidade imaxe /texto a dobre páxina. O ilustrador xoga a representar os debuxos dos medos en follas de cadernos.As personaxes son expresivas e reflicten o terror que senten en cada momento. En canto ao texto é de carácter literario poético e cada un dos poemas trata sobre diferente medos que teñen os nenos/as e que poden ir superando pouco a pouco.

Potencialidades: A principal potencialidade é traballar  os medos dos cativos/as, á vez que se lle dan estratexias para poder ser superados. Nun primeiro momento, podemos preguntar a que lle teñen medo; despois leriamos o libro e, a medida que se vai contando, poderiamos preguntarlles se eles/as tamén lle teñen medo ao mesmo que o que acontece na historia. Sería oportuno ter mexacáns para todos os nenos/as e así utilizalos coma a protagonista do libro, para liberarnos dos nosos medos.
Por tratarse dun álbum poético permite aos nenos/as achegarse ao xénero literario da poesía, algo máis esquecido na literatura infantil. Este carácter da obra facilita traballar a rima e o xogos de palabras. Ademais a estrutura dos diversos poemas que o compoñen axudan a que os nenos/as os memoricen e poidan afrontar os seus medos ao recitalos ou recordalos. Así mesmo, ao ser pezas breves e sinxelas fáciles de memorizar, posibilitan desenvolver habilidades de expresión (mellorar a súa pronunciación e vocalización) e comprensión oral (adquisición de novos conceptos e vocabulario).

Recursos:
Díaz, A. (2018). Bibliopazos. Recuperado de https://bibliopazos.blogspot.com.es/2018/01/o-libro-dos-medos.htmla a 2 de Abril do 2018.Recensión do libro.
Villar,H. (2016). Caderno da crítica. Recuperado de https://cadernodacritica.wordpress.com/2016/12/29/o-libro-dos-medos-de-maria-canosa/ a 2 de Abril do 2018. Recensión do libro.
Sitio web do libro recuperado de http://www.bolanda.es/olibrodosmedos/ a 2 de Abril de 2018.

luns, 2 de abril de 2018

Teño medo!




Bowley, Tim (2013). Teño medo! Ilust. Alicia Baladan, trad. María Luisa Núñez Álvarez. Pontevedra: OQO Editora, [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-444-9).

Descrición do formato e contido da obra: é un álbum ilustrado de forma cadrada e de tapa grosa e dura, o que lle permite unha mellor manipulación aos nenos e nenas. A obra conta cunha cuberta na que se atopa un neno agochado detrás dun adulto, mentras mira a un cangarexo con cara de medo, o que nos indica que a historia pode estar situada nunha praia. Ao mesmo tempo o título xa nos indica o que acontece e o que pode ocorrer durante o contido da obra. As ilustracións son relevantes na obra, posto que complementan e amplían ao texto. Ademais, a través da linguaxe visual é moito máis doado para un neno ou nena descubrir o que acontece mediante as imaxes. A ilustradora realiza un xogo coas imaxes; por un lado, debuxos que representan escenarios e personaxes recoñecibles e, por outro, os que representan os medos dunha forma esaxerada, dándolle desta maneira credibilidade ao medo do neno. En canto a técnica utilizada, os primeiros debuxos foron realizados a trazo con tinta china, pero a medida que avanza o contido da obra introdúcese a cor, alternando imaxes orixinais a lapis e témperas. O contido da obra céntrase nun neno que estaba sentado co seu avó mirando o mar desde unha rocha. O neno queixábase de que non lle gustaba esa rocha, xa que podía aparecer un barco pirata polo hirzonte. Tiña medo.

Potencialidades educativas: esta obra é unha historia acompañada con ilustracións que reflicten a emoción do medo por enriba de todo. É importante traballar as emocións cos máis pequenos. O medo é un mecanismo de autoprotección moi útil no crecemento psico-emocional dos nenos e nenas, por iso este libro intentará axudar aos máis pequenos a superar os seus medos. O que nos transmite a obra é que non debemos ignorar nin negar a súa existencia, senón que hai que axudalos a combater o medo, como fai o avó do neno no conto. A familia é un dos piares máis importantes para o noso desenvolvemento en todos os ámbitos da nosa vida.

Recursos de interese:
· Blog de contos de medo chamado “soñando cuentos”: http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2013/03/tengo-miedo.html. Publicado o 19-03-2013 (visto o 15-03-2018).
·         Fernández Etreros, Carmen (2013). “¡Tengo miedo! De Tim Bowley”. Pizca de papel. Web especializada en Literatura Infantil y Juvenil. En: http://elblogdepizcadepapel.blogspot.com.es/2013/11/tengo-miedo-de-tim-bowley.html (consultada o  15-03-2018).

domingo, 1 de abril de 2018

O gran libro dos medos do rato pequeno






Gravett, Emily (2010). O gran libro dos medos do rato pequeno. Ilust. do autor. Trad. Laura Sáez e Mónica Pazos. Patasdepeixe, [26 pp.], (ISBN: 978-84-936842-7-3).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado, rectangular de tapa dura. Na súa cuberta  preséntase, tras a tapa, ao protagonista da historia, grazas á simulación dun roído dun rato, deixando traspasar a vista ao que nos atoparemos nas gardas. Ademais, amósase nun cadro escrito o nome da obra, combinando letras maiúsculas e minúsculas con distinta tipografía. Entre estas dúas estruturas reflíctese un garabato, querendo ocultar un nome previamente escrito, neste caso o da autora, o que deixa intuir que o contido da historia coa que nos encontraremos fai referencia aos seus pensamentos e utiliza o rato como unha metáfora. Na súa contracuberta déixase ver ao protagonista comendo un papel, no que se inclúen datos relevantes do libro. As súas gardas inclúen debuxos en branco e negro de diferentes animais ou cousas ás que as persoas lle poden ter fobias, incluíndo tamén un papel en forma de pergamiño no que se destaca a utilidade do libro. Coa portada, dase comezo á lectura xa que deixa ver parte da primeira folla grazas a falta dun anaco de folla. Seguindo esta liña, todas as páxinas simulan un libro antigo xa que teñen unha cor amarela e falta de papel nas esquinas. O texto é moi sinxelo, dunha liña por folla. Simula unha caligrafía a man, polo que se pode entender que é un diario que o protagonista vai escribindo sobre os seus medos. As ilustracións engaden información moi relevante na historia, xa que describen á perfección o que se reflicte no texto, engadindo páxinas despregables. O gran libro dos medos do rato pequeno representa os medos cos que nos podemos encontrar as persoas, influíndo negativamente na nosa vida diaria. Con este libro dase a opción de enfrentarse a eles e vencelos. O rato pequeno vai enumerando unha gran lista de medos, ata que se encontra cun ser máis grande que el e descobre que el tamén pode causar pánico.

Potencialidades educativas: é un álbum interactivo xa que permite aos máis pequenos poder escribir ou debuxar os seus medos nos espazos en branco que se deixan nas follas. Ademais conta cunha serie de despregables que os nenos e nenas  poderán ir abrindo a medida que van pasando as páxinas, o que lle chamará a atención e os levará a querer descubrir máis sobre a obra. Por outro lado, pódense traballar diferentes temáticas, como a autosuperación dos medos, que é o tema que se trata ao longo de toda a historia, e a autoestima, ao ver que estes son superados, o que crea unha seguridade en nós mesmos. Esta última tamén está reflectida na última páxina do libro, cando o protagonista ve que outros seres vivos tamén poden experimentar a mesma sensación ao encontrarse con el, o que crea unha confianza ao ver que todos podemos conseguir o que nos propoñamos.


Recursos:

Outros libros infantis cos que se poden traballar os medos: Diez cuentos infantiles para diez miedos comunes de la infancia. http://www.clubpequeslectores.com/2015/09/10-cuentos-infantiles-para-miedos-infancia.html (Consultado el día 24/03/2018)

"A miña amiga a escuridade"

 


Burfoot, Ella (2008). A miña amiga a escuridade. Ilust. do autor. A Coruña: Baía Edicións, [36 pp.]. (ISBN 978-84-96893-53-5).  

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de forma cadrada, tamaño pequeno e cunhas tapas duras. Na cuberta podemos ver un fondo negro no que se encontran a escuridade, que ten unha cor máis negra que o fondo e unha textura diferente, a María, que é a protagonista da historia mais o seu peluche que é un coelliño. Na contracuberta temos algúns obxectos como unhas cuncas, teteiras, e lámpadas que iluminan unhas frases no medio da escuridade. Dentro da historia, o que máis destaca é a escuridade que é de cor negra e grande e ten un tacto diferente ao resto das páxinas da obra, máis suave. Desta obra podemos destacar que a escuridade ao principio da historia comeza ao principio da folla e a medida que vai transcorrendo a historia vai ocupando máis sitio nas follas. A trama recrea como a escuridade entra pola ventá no cuarto de María e pouco a pouco invade todo. María non se asusta, colle da man a escuridade e comezan a xogar, comer chocolate, bailar...

Potencialidades educativas: esta historia paréceme moi importante para traballar a autoestima, pois aínda que á maioría das nenas e nenos lles asusta a escuridade, neste caso o ludismo co que se trata propicia que se integre como un elemento lúdico máis e non como un elemento terrorífico. María pode servir como exemplo de que a escuridade non é mala, senón que pode ser algo divertido e inofensivo e tamén necesaria nos ciclos da natureza, pois ao igual que existe o día tamén ten que haber noite. Con esta obra tamén podemos traballar as cores e o que nos chegan a transmitir cada unha delas.

Recursos:
-Juegos para niños con miedo a la oscuridad. Publicado en Guía Infantil (2000-2018). https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/juegos/juegos-para-ninos-con-miedo-a-la-oscuridad/ (Consultado el 22/03/2018)

- 25 cuentos infantiles que nos hablan de los miedos. Publicado en rejuega y disfruta jugando. http://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/literatura-infantil/25-cuentos-infantiles-que-nos-hablan-de-los-miedos/ (Consultado el 22/03/2018)

- Blog “El rincón Infantil: trabajando el miedo infantil” CEIP Juan Carlos I (Murcia). http://elrincondeinfantiljuancarlos1.blogspot.com.es/2010/10/trabajando-el-miedo-en-infantil.html (Consultado el 21/03/2018)