Gravett, Emily (2010). O gran
libro dos medos do rato pequeno. Ilust. do autor. Trad. Laura Sáez e Mónica
Pazos. Patasdepeixe, [26 pp.], (ISBN: 978-84-936842-7-3).
Breve descrición do
formato e contido da obra: álbum ilustrado, rectangular de tapa dura. Na súa cuberta preséntase,
tras a tapa, ao protagonista da historia, grazas á simulación dun roído dun
rato, deixando traspasar a vista ao que nos atoparemos nas gardas. Ademais,
amósase nun cadro escrito o nome da obra, combinando letras maiúsculas e minúsculas
con distinta tipografía. Entre estas dúas estruturas reflíctese un garabato,
querendo ocultar un nome previamente escrito, neste caso o da autora, o que
deixa intuir que o contido da historia coa que nos encontraremos fai referencia
aos seus pensamentos e utiliza o rato como unha metáfora. Na súa contracuberta
déixase ver ao protagonista comendo un papel, no que se inclúen datos
relevantes do libro. As súas gardas inclúen debuxos en branco e negro de diferentes
animais ou cousas ás que as persoas lle poden ter fobias, incluíndo tamén un
papel en forma de pergamiño no que se destaca a utilidade do libro. Coa
portada, dase comezo á lectura xa que deixa ver parte da primeira folla grazas
a falta dun anaco de folla. Seguindo esta liña, todas as páxinas simulan un
libro antigo xa que teñen unha cor amarela e falta de papel nas esquinas. O
texto é moi sinxelo, dunha liña por folla. Simula unha caligrafía a man, polo
que se pode entender que é un diario que o protagonista vai escribindo sobre os
seus medos. As ilustracións engaden información moi relevante na historia, xa
que describen á perfección o que se reflicte no texto, engadindo páxinas
despregables. O gran libro dos medos do rato pequeno representa os medos
cos que nos podemos encontrar as persoas, influíndo negativamente na nosa vida
diaria. Con este libro dase a opción de enfrentarse a eles e vencelos. O rato
pequeno vai enumerando unha gran lista de medos, ata que se encontra cun ser máis
grande que el e descobre que el tamén pode causar pánico.
Recursos:
Outros libros infantis cos que se poden traballar os
medos: Diez cuentos infantiles para diez miedos comunes de la
infancia. http://www.clubpequeslectores.com/2015/09/10-cuentos-infantiles-para-miedos-infancia.html
(Consultado el día 24/03/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario