Amosando publicacións coa etiqueta #EducaciónenValores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #EducaciónenValores. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

O chaleco do ratiño


Nakae, Yoshio (2017). O chaleco de Ratiño. Ilustr. Noriko Ueno, Traduc. Santiago Suevia Sobral. Madrid: Lata de sal, col. Vintage, [32 pp.]. (ISBN:978-84-946650-1-1).

Breve descrición do formato e contido da obra: O chaleco de Ratiño é un álbum ilustrado escrito en galego, cunhas dimensións de 23,7x20,6 cm encadernado con tapas duras. Na cuberta presenta o título do conto en grande e a imaxe dun rato en pequeno. É de cor verde e branco, coas letras es rosa. As ilustración que atopamos nas páxinas son en branco e negro, sobre un fondo branco, mentres que as páxinas onde aparece o texto (pouco texto) son verdes. Este libro relátanos a historia dun rato ao que a súa nai regaloulle un chaleco tecido por ela. Todos os seus amigos do bosque (de tamaño máis grande ou máis pequeno) pedíanlle probrar o chaleco, el acepta sempre pero o chaleco vai estirando. Cando o ratonciño mira que o chaleco está moi estirado entristece, pero de todos os problemas pódese sacar unha solución, e así o fai.

Potencialidades: este conto axudará aos nenos e nenas a fomentar o sentido do humor e a xenerosidade, podendo ver sempre o lado positivo dos problemas e loitando por buscar solucións

martes, 10 de abril de 2018

El buen lobito



Shireen, Nadia (2016). El buen lobito. Madrid: Bruño, col. Cubilete [32 pp.], (ISBN: 9788421689653)
Breve descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cun formato cadrado (27x24 cm) e cuberta de cartoné. Foi premiado na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia. A obra narra a historia dun lobo bo e distinto aos da súa especie. Tanto a cuberta como a contracuberta teñen un fondo ocre; na cuberta aparece o título do libro cunha tipografía que semella ser lá de cor azul e os pelos do Lobo Malo, o que se deixa entrever pola esquina superior esquerda, por riba do título; por baixo, aparece a ilustración do Lobito Bueno, protagonista da obra e, por último, o nome da autora e ilustradora, escrito cun fío rosa que continúa pola contraportada. Nesta, atopamos o resto de títulos que conforman a colección onde se inclúe esta obra e un resumo da historia, xunto cun debuxo da Abuelita tecendo co fío rosa que se utilizou na cuberta para escribir o nome de autora.
Destaca o seu texto polo diálogo, o que lle imprime un carácter áxil e divertido así como o uso das maiúsculas par destacar certas palabras.
Un dos principais atractivos deste álbum ilustrado son as coloridas e moi atractivas ilustracións e as numerosas reseñas á literatura infantil máis clásica, tanto con imaxes como co seu texto, atopando aos Tres Porquiños, a Carrapuchiña Vermella e á Avoíña (Pekeleke, 2018).
As ilustracións que aparecen neste conto son moi expresivas e tenras á vez que divertidas, acompañando moi ben o relato, transmitindo o que acontece sen necesidade da lectura do texto, do que se prescinde en moitas das páxinas, seguindo ben a historia simplemente por medio das imaxes.


No referido ao contido, o protagonista da historia é un adorable Lobito ao que lle encanta ser bo, comerse toda a verdura do prato, preparar sobremesas riquísimas, portarse xenial cos seus amigos e escoitar atentamente os contos da avoíña xunto aos seus amigos, os tres porquiños. Nunha ocasión, escoitando atentamente un conto, descobre que todos os lobos dos contos non son como el, son feroces e malvados!….pero e entón el?... El non é como os demais, el é un  lobito diferente. A súa avoíña non deixa de dicirlle o bo que é pero resulta que non todos os lobos son tan bos como el! É entón cando, no bosque, atópase co lobo malo como e comeza a súa aventura. O lobo malo (de cor negra e con ollos amarelos) fíxolle unha pequena chantaxe emocional ao Buen Lobito e provocoulle para que tentara ser malo. O Buen Lobo, primeiro, tentou soprar a casa dos seus amigos porquiños, e mesmo ouveou á lúa pero non conseguiu o seu obxectivo, pero cando o lobo malo dispúxose a comerse á avoíña, aí saíu a rabia do Buen Lobito, que se votouo porriba do Lobo Malo mentres lle dixo : - ¿Lo ves, Lobo malo? ¡Soy un lobo de verdad! Lo que pasa es que también soy Bueno. – ¡Esto hay que celebrarlo!- Exclamó la  Abuelita. -¿Dejarás de comerte  a la gente , Lobo Malo?- le preguntó el Buen Lobito. –Oh, supongo que si…- sonrió el Lobo Malo. É enton cando o Lobo Malo cómese ao Buen lobito e a Abuelita, aparecendo unha ilustración na última páxina do Lobo Malo lendo o conto do Buen Lobito.
Potencialidades
Estamos ante unha historia moi divertida e magnificamente ilustrada, destaca pola ilustración humorística e polas referencias a contos clásicos como “Os tres porquiños” e “Carrapuchiña Vermella” así como polo seu final sorprendente e inesperado. Pola súa temática, permite traballar conceptos como o autoestima, a amizade, a confianza en un mesmo, a bondade e o bo comportamento, os estereotipos e prexuízos, o diálogo e a modificación de conducta, aínda que esta última non sempre salga como esperamos. Os lobos sempre son os malos dos contos, aparecen pola noite, derruban casas a suplidos e cómense avoiñas, non teñen amigos/as... e que non pode existir un lobo coma o protagonista desta obra? El é un  lobito moi bo e está disposto a demostrar que para ser un lobo de verdade non fai falta ser malo. Isto podemos extrapólalo a cada un de nos, porque cada un de nós somos únicos/as e especiais, e non temos que facer o que os demais esperan de nós para sentirnos ben, pois a verdadeira felicidade está en ser feliz co que uno é.
É unha metáfora de como moitas veces as persoas ocórrenos o mesmo que ao Buen  Lobito, que, presionados pola contorna, tentamos cumprir as expectativas que nos impoñen cando realmente temos outras aspiracións.  Favorece a conciencia crítica por parte dos cativos/as ao falar dun lobo que decide ser diferente e non quere amoldarse ao que todo o mundo espera que sexa ou faga, o que da pe a traballar os estereotipos e prexuízos que se poden ter ante unha persoa xulgándoa sen coñecela, poñendo etiquetas pexorativas innecesarias. Ao mesmo tempo, podemos traballa o autoestima, é dicir, facer reflexionar aos cativos/as sobre o concepto que temos cada un de nós mesmos a vez que nos anima a crer en nós e confiar en todo aquilo que podemos e queremos chegar a ser.
Podemos aproveitar este conto para traballar con nenos con problemas de comportamento. Tamén ensínanos que, tal como advírtenos a avoíña e como remata a historia, hai que coidarse dos “lobos malos”, porque algúns son malos de verdade e non teñen intención ningunha de cambiar. A súa temática non deixará indiferente a ninguén, os nenos/as quedarán sorprendidos con ese final alucinante pois non todos os contos, como a vida real, deben ter un final feliz.
Recursos
Pekeleke (2018). Descubre los mejores libros infantiles y cómics para niños. Recuperado de http://pekeleke.es/libros/buen-lobito-nadia-shireen/ a 10/04/2018. Reseña do libro.
Gracia, Eva. (2014). El buen lobito", un cuento infantil que favorece el autoconcepto del niño. Bebés y más. Recuperado de https://www.bebesymas.com/libros-infantiles/el-buen-lobito-un-cuento-infantil-que-favorece-el-autoconcepto-del-nino  a 10/04/2018. Reseña do libro.
Soñando cuentos (2013). El buen lobito. Blogspot. Recuperado de http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2013/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
P. Virginia (2014). Aula de Virginia. Proyecto cuéntame un cuento. Recuperado de http://auladevirginia.blogspot.com.es/2015/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro. Utilización dun proxecto onde unha vez o mes trabállase cun conto diferente, facendo cos alumnos/as un videoconto con cada un de eles.
Pintadera, Fran (2013). Franpintadera palabrarista. Blogspot. Recuperado de http://franpintadera.blogspot.com.es/2013/09/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
El aula de Janire (2015). Cuento para mejorar el comportamiento y reforzar la autoestima: el buen lobito. Aula compartida. Recuperado de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/06/11/cuento-para-mejorar-el-comportamiento-y-reforzar-la-autoestima-el-buen-lobito/ a 10/04/2018. Reseña do libro e proposta de actividades para traballar trala lectura do conto.



sábado, 31 de marzo de 2018

Sal e Azucre





Prieto, Iván (adapt.) (2006). Sal e Azucre. Ilustr. Ivan Prieto. Pontevedra: OQO Editora, col. O (36 pp.) (ISBN: 84.96573.07.9).

Breve descrición do formato e contido da obra: adaptación e ilustracións por Iván Prieto a partir dun conto popular grego, que perdura máis aló do tempo e da xeografía. O conto presenta un formato cuadrangular, de tapa dura (25,4 x 24,1 cm). A obra está recomendada para o lectorado de 5 anos ou mais. Os protagonistas son dúas figuras humanas representadas mediante imaxes de esculturas de arxila en tres dimensións, cargadas de realidade e fóra de calquera estereotipo, todo ambientado nunha contorna minimalista. O autor utiliza imaxes a dobre páxina que axuda a seguir a lectura, ademais chama a atención o ben que representa o día a día nunha relación e as súas dificultades, ademais dos sentimentos que provocan nos protagonistas. As tonalidades do fondo van da man da situación, con cores máis vermellas nos momentos de tensión e tons máis verdes cando o ambiente é máis relaxado. Dende o punto de vista do contido, a historia conta o día a día dunha parella de velliños, ela era toda de sal e el era todo de azucre, vivían ao pé dunha montaña nunha casiña de sal e aínda que había días que se querían moito, outros non paraban de discutir…

Potencialidades: esta obra sérvenos para achegar o alumnado á parte menos idílica da convivencia no fogar, como os diferentes caracteres na parella, os desencontros e os sentimentos que provocan estes antes e despois da separación. Tamén podemos fomentar a comprensión e o respecto e danos a posibilidade de ofrecerlle estratexias (pedir perdón, escoitar...) para solucionar as diferenzas de forma ser, xa que ninguén quere estar sempre só.

Recurso en liña:
Versión en stop-motion do conto: Televisión de Galicia (2012). Os contos do camiño. Sal e azucre. Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/contos-do-camino-capitulo-24-sal-e-azucre-1

Feito por: Chema Rivero


luns, 19 de marzo de 2018

A horta de Simón






Alejandro, Rocío (2017). A horta de Simón. Ilustr. da autora, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka, [44 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-348-7).

Breve descrición do formato e contido da obra: este é un álbum ilustrado encadernado en cartoné con tapas duras e formado por 44 páxinas. Na cuberta aparece a personaxe principal, o coello Simón, agochado detrás dun valado; na contracuberta atopamos un fondo laranxa con cenorias. O texto aparece de maneira alterna nas páxinas pares e impares. Está formado por oracións moi curtas, que ceden o protagonismo ás ilustracións, que ocupan por completo todas as páxinas. As gammas predominantes son as laranxa, marrón e branca. A historia que se recrea é a de Simón, un coello, non moi simpático, que coa chegada da primavera se dispuxo a plantar cenorias na súa horta, a cal preparou con moito esmero. Na recollida os seus “amigos” propuxéronlle axudar e repartir os froitos, ademais de se animaren a plantar entre todos na horta leitugas, tomates, berenxenas, millo, amorodos… segundo o que máis lle gustaba a cada un deles.



Potencialidades: con este álbum pódense traballar valores como a solidariedade, a capacidade para compartir, as boas relacións de veciñanza e as vantaxes do traballo colaborativo. Tamén é unha obra moi acaída para tratar cuestións relativas á alimentación, ao cultivo dos produtos da horta e os gustos e hábitos dos diferentes protagonistas que pululan ao longo da obra. Incluso é unha ferramenta adecuada para reflexionar sobre as consecuencias das accións do ser humano sobre o medio natural.

Recursos:

Becca SJ (2018). Contacontos "A horta de Simón" - CEIP RICARDO GASSET. Revisado en https://www.youtube.com/watch?v=PLK8gjc25T0 (consultado o 07/03/2018).

Xaíme e as landras





Bowley, Tim (20005). Xaíme e as landras. Ilustr. Inés Vilpi, trad. G. Tolentino. Pontevedra:Kalandraka Editora, col.Demademora, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-532-0)

Breve descrición do formato e contido da obra:álbum ilustrado con encadernación en cartoné, que está formado por 40 páxinas e encadernado con tapas duras . Na cuberta aparece a personaxe principal, chamado Xaime xogando cunhas landras, na contracuberta segue a imaxe da cuberta e atopamos a parte inferior do corpo de Xaime acompañado do nome da colección á que este conto pertence. O texto está formado por frases moi curtas, con algunhas tipografías en letra negriña para marcar énfase nalgunhas partes do texto. As ilustracións son de tipo figurativo e nelas reflíctese como Xaime vai cambiando coa idade, un transcorrer que se reflicte tamén na contorna, pois cada vez hai máis casas. As cores empregadas son moi alegres, saturadase con predominio de azuis e amarelos. A técnica, tal como se sinala no Informe de literatura (2005), é a pintura aplicada cun estilo expresivo: trazos de ceras, esgrafiados, degradados, manchas húmidas... que contribúen a crear texturas.
 A historia xira ao redor de Xaime e o se esforzo por coidar as landras que el planta, pero sempre acontece algo, ata que ao final con esforzo e coidado consegue que a landra se converta nunha grande arbores con moita utilidade.



Potencialidades: con este álbum pódese reflexionar sobre a necesidade e a importancia do coidado ao medio natural e as consecuencias positivas e negativas que ten o noso comportamento na relación coa contorna. Ademais pódense traballar valores como a solidariedade,a honradez, a confianza no esforzo e a perseverancia. O feito de que no texto se inclúan partes iguais, que se repiten de forma reiterativa, fai posible por parte do público lector, sobre todo do público infantil, a  aprendizaxe desas repeticións, á vez que os fai partícipes da narración, interpelándoos e provocando unha maior  atención.

Recursos:
Férnandez, Águeda (2015). Vídeo de lectura Xaíme e as landras. Revisado en: https://www.youtube.com/watch?v=c7ton0H1byg 07/03/2018.
Lahuerta, Sabela (2015). KizoaMovieMaker: Xaime e as landras. Revisado en: https://www.youtube.com/watch?v=xdoxecvQ5Ac 08/03/2018 Adaptación do conto do mesmo título publicado por Kalandraka, feita polo alumnado de educación infantil da Escola Unitaria de Vide
RoigRechou, Blanca-Ana (coord.) (2006). Informe de literatura 2005, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. En http://www.cirp.gal/rec2/informes/informes.html (consultado o 16/03/2018).