Bowley,
Tim (20005). Xaíme e as landras.
Ilustr. Inés Vilpi, trad. G. Tolentino. Pontevedra:Kalandraka Editora, col.Demademora,
[40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-532-0)
Breve descrición do
formato e contido da obra:álbum ilustrado con
encadernación en cartoné, que está formado por 40 páxinas e encadernado con
tapas duras . Na cuberta aparece a personaxe principal, chamado Xaime xogando
cunhas landras, na contracuberta segue a imaxe da cuberta e atopamos a parte
inferior do corpo de Xaime acompañado do nome da colección á que este conto
pertence. O texto está formado por frases moi curtas, con algunhas tipografías
en letra negriña para marcar énfase nalgunhas partes do texto. As ilustracións
son de tipo figurativo e nelas reflíctese como Xaime vai cambiando coa idade,
un transcorrer que se reflicte tamén na contorna, pois cada vez hai máis casas.
As cores empregadas son moi alegres, saturadase con predominio de azuis e
amarelos. A técnica, tal como se sinala no Informe
de literatura (2005), é a pintura aplicada cun estilo expresivo: trazos de
ceras, esgrafiados, degradados, manchas húmidas... que contribúen a crear
texturas.
A historia xira ao redor de Xaime e o se
esforzo por coidar as landras que el planta, pero sempre acontece algo, ata que
ao final con esforzo e coidado consegue que a landra se converta nunha grande
arbores con moita utilidade.
Potencialidades: con
este álbum pódese reflexionar sobre a necesidade e a importancia do coidado ao
medio natural e as consecuencias positivas e negativas que ten o noso
comportamento na relación coa contorna. Ademais pódense traballar valores como
a solidariedade,a honradez, a confianza no esforzo e a perseverancia. O feito
de que no texto se inclúan partes iguais, que se repiten de forma reiterativa,
fai posible por parte do público lector, sobre todo do público infantil, a aprendizaxe desas repeticións, á vez que os
fai partícipes da narración, interpelándoos e provocando unha maior atención.
Recursos:
Férnandez,
Águeda (2015). Vídeo de lectura Xaíme e
as landras. Revisado en: https://www.youtube.com/watch?v=c7ton0H1byg
07/03/2018.
Lahuerta,
Sabela (2015). KizoaMovieMaker: Xaime e
as landras. Revisado en: https://www.youtube.com/watch?v=xdoxecvQ5Ac
08/03/2018 Adaptación do conto do
mesmo título publicado por Kalandraka, feita polo alumnado de educación
infantil da Escola Unitaria de Vide
RoigRechou, Blanca-Ana (coord.) (2006). Informe de literatura 2005, Santiago de Compostela: Universidade de
Santiago de Compostela. En http://www.cirp.gal/rec2/informes/informes.html
(consultado o 16/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario