Martins, Isabel (2006). P de papá. Ilust. Bernardo Carvalho, trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Kalandraka, col.
Demademora, [26 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-690-7).
Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado literario de tapas duras, cun formato
cadrado de 22x22, escrito en galego. A cuberta e a contracuberta son
complementarias e de diferentes cores. Nelas aparecen os protagonistas da
historia expresando o amor dun pai polo seu pequeno ou pequena. Nas gardas
aparecen moitas siluetas do papá nas súas diversas facetas, que son un adianto da
información da historia. Na portada aparece un papá cunha longa sombra na que
dentro está o neno. Indica que o neno ou nena sempre vai ter como referente a
figura paterna. Ao longo da historia, empréganse ilustracións visuais de gran
tamaño cheas de expresións e sentimentos, contrastadas sempre co fondo. As
ilustración ocupan cada unha das páxinas, enmarcando as sucesivas accións que acompañan
e recrean a figura do pai e os seus múltiples significados. Nas ilustracións,
os protagonistas son un papá e o seu neno ou a súa nena.
A historia recrea a complicidade entre un pai e o seu pequeno en
múltiples situacións, todas elas encamiñadas a facer ao seu fillo feliz. Diferentes
cualidades contadas de forma metafórica e expresadas con só dúas palabras que
forman estruturas rimadas. Salienta como recurso na construción do discurso
verbal e icónico as estruturas bipartitas: dúas personaxes, dúas cores, dúas palabras…que
implican complicidade e unión. Tamén salienta que esta obra foi recoñecida copremio
na mención de honra da Leipzig Book Foundation, Best Book Design From All Over
the Word, en 2006.
Potencialidades educativas:
este paréceme un
libro moi axeitado para traballar calquera día do ano, pero especialmente para
o Día do Pai. De darse o caso de que no
grupo no que o utilicemos algún neno ou nena non teña pai, isto daranos pé a
explicar que non todas as familias son iguais, facendo comprender á infancia que
o máis importante é o amor que recibimos da nosa familia, sexa dun pai, dun avó
ou dunha tía. Tamén me resulta interesante empregalo para o inicio do traballo
da rima en infantil, ó igual que para a aprendizaxe das letras minúsculas.
Recursos en liña:
·
CPEP La caracola. Historia contada pola
clase de infantil dos leóns. https://www.youtube.com/watch?v=6RtB_65kMMk (consultado o 23/02/2018)
·
Marqués,
Ana (2009) P de papá. revistababar.com. http://revistababar.com/wp/p-de-papa/ (consultado o 28/02/18)
·
Pequefelicidad
(2017) 100 cuentos con enfoque montessori de 3 a 6 años. pequefelicidad.com.http://www.pequefelicidad.com/2017/08/100-cuentos-con-enfoque-montessori-de-3.html (consultado o 05/03/18)
·
Ningún comentario:
Publicar un comentario