Amosando publicacións coa etiqueta Xogo de palabras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogo de palabras. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de marzo de 2018

Dibuja con las letras


Guillaume, Véronique. (2000). Dibuja con las letras. Ilust. da autora. Francia: Casterman, [22 pp.]. (ISBN: 9782203751101)

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado informativo-didáctico en lingua castelá. É un volume en formato mediano de tamaño de 20.3 x 28.6 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparecen diferentes letras do abecedario e debuxos que se poden realizar con elas como: un pitiño coa letra “o”, un rato coa letra “Q”, unha avoa coa letra “A”ou un paxaro coa letra “b”.
O libro consta de 10 letras diferentes para poder debuxar sobre elas: A, B, D, E, H, M, O, Q, S, W e ademais no final  aparecen o resto das letras do abecedario co debuxo que podemos facer. Outra actividade que poden facer co libro e asociar os diferentes debuxos cas palabras que aparecen debaixo. As imaxes que contén o libro son coloristas e moi visuais para facelo máis atractivo .



Potencialidades educativas: con este libro pódese tratar de modo lúdido a iniciación á lectoescritura, ao favorecer que nenos e as nenas deixen voar a súa imaxinación e creatividade, á vez que asocian cada letra cunha imaxe con significado, o que lles facilitará a súa identificación sonora e visual..

Recursos de interese:

luns, 19 de marzo de 2018

O ganapán das palabras

https://lh6.googleusercontent.com/847z_YwgNcW123wKxMNtF0TMimGqOHX9No28heOt8ayhkwpVrw18EfTfAIEpUfm0EQFO6lJeLkk8KakkX5SJ7hf1BOG61Pe_jSuxS3zvvwJSH8_b9Sk8EutTghhlG3QcnlaYvRHd




Cáccamo, Pepe (2016).Ganapán das palabras. Ilust. María Xosé Fernández. Pontevedra: Kalandraka editora, col. Demademora, [26 pp.], (ISBN: 978-84-8464-917-5).

Breve descrición de formato e contido:  álbum ilustrado, cun tamaño de 22 x 22 cm  e feito de tapa dura. Esta é unha edición especial publicada con motivo do dezaoito  aniversario da primeira edición e coa que Kalandraka quere recuperar unha obra emblemática da Literatura Infantil e Xuvenil galega que segue tendo plena vixencia.
Na cuberta  e na contracuberta atopámonos con imaxes de laranxas durmindo e o título está inscrito dentro  dun ganapán, redundando no sentido do propio título. Xógase de forma suxestiva coas palabras xa dende o título, que forma un anagrama coa vogal A: “Ganapán das palabras”. As gardas representan a media ducia de laranxas durmindo, que van enmarcadas entre dous signos de interrogación e que semellan representar a un neno.
Ao comezar o conto encontrámonos cun neno que tiña cen palabras envoltas en papel de celofán. As ilustracións do interior do libro son moi coloridas e visuais, de estilo ecléctico e vangardista e destacan polo seu carácter expresionista, os contrastes cromáticos e os xogos entre as formas e as letras. O conto ofrécenos unha divertida historia rimada sobre cinco palabras aventureiras que caen nun espello e vólvense do revés. Pedra, cama, laranxa, lúa, pan... Que pode ocorrer? Que se volven do revés. E como as imos ler nós entón??? Con rimas nos versos todo pode suceder.

https://lh5.googleusercontent.com/aacZkBMgwrYJ4RzkR6YWPpxVWXMGNhI4xMmd8i52VQEAwqBJBJiU9ytaAbdbbD80zV9SB_Mn7G6RFgo-maolrugo9Kfh8gDx5XDaRbnHLCZYAxc2-iXQuDUwcrhAKv88XzQvjB5e

Pontencialidades educativas: a través da poesía e da rima favorécese a socialización e os procesos de crecemento e aprendizaxe dos/as nenos/as Estes  xogan a través do libro cos versos e cos inversos, aprenden palabras novas, adquiren o significado das palabras e usan a súa imaxinación. Desta obra poética pódese gozar a calquera idade, xa que con ela podemos favorecer a creatividade das crianzas, ampliar vocabulario, coñecer os mecanismos e funcionamento da lingua, gozar do ritmo e a rima de cada composición e das ilustracións que as acompañan.

Recursos :
É de gran interese visitar e revisar este artigo e esta páxina web:
  • Roig Rechou, Blanca-Ana, Neira Rodríguez, Marta e Agrelo Costas, Eulalia (2009). A poesía no século XXI en Galicia. En Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.). A poesía infantil no século XXI (2000- 2008). Vigo: Edición Xerais de Galicia / LIJMI, pp. 77- 108.
  • Nesta páxina web pódese encontrar distintos tipos de recursos de literatura  popular infantil : Orella pendella