Guillaume, Véronique. (2000). Dibuja con las letras. Ilust. da autora. Francia: Casterman, [22 pp.]. (ISBN: 9782203751101)
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado informativo-didáctico en lingua castelá. É un volume en formato mediano de tamaño de 20.3 x 28.6 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparecen diferentes letras do abecedario e debuxos que se poden realizar con elas como: un pitiño coa letra “o”, un rato coa letra “Q”, unha avoa coa letra “A”ou un paxaro coa letra “b”.
O libro consta de 10 letras diferentes para poder debuxar sobre elas: A, B, D, E, H, M, O, Q, S, W e ademais no final aparecen o resto das letras do abecedario co debuxo que podemos facer. Outra actividade que poden facer co libro e asociar os diferentes debuxos cas palabras que aparecen debaixo. As imaxes que contén o libro son coloristas e moi visuais para facelo máis atractivo .
Potencialidades educativas: con este libro pódese tratar de modo lúdido a iniciación á lectoescritura, ao favorecer que nenos e as nenas deixen voar a súa imaxinación e creatividade, á vez que asocian cada letra cunha imaxe con significado, o que lles facilitará a súa identificación sonora e visual..
Recursos de interese:
- Hans Educa. (29/09/2014). Tarjetas de relación palabra imagen. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=zdLEFx67AnQ
Ningún comentario:
Publicar un comentario