Maxeiner, Alexandra (2010). ¡En familia! Ilust.
Anke Kuhl, trad. Rosa Marta Gómez. A Coruña: Hércules de Ediciones,
[28 pp.]. (ISBN: 978-84-945896-8-3).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado literario de
tapa dura e formato rectangular de 28 páxinas, que foi recoñecido co Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Alemaña 2011 ao libro de non
ficción. Na cuberta podemos ver unha serie de persoas de diferente idade coas
súas mascotas e debaixo deles unhas etiquetas que os identifican. Na
contracuberta encóntrase unha nai, un pai e unha filla celebrando o aniversario
da pequena. As gardas están cheas de cara de moitas persoas diferentes unidas
entre si por liñas azuis. O libro conta con numerosos debuxos, a maioría de
familias, que van acompañados de frechas ou bocadillos de cor azul que axudan a
entender o texto.
Ao longo do
volume expóñense os distintos tipos de familia que existen, as súas
características e moitos detalles sobres elas. Comeza explicando dende unha
familia de animais ou as familias na Idade de Pedra ata as familias de pais
separados ou familias onde os pais teñen o mesmo xénero. Ao final do libro
aparece unha páxina en branco para que o lectorado poida explicar como é a súa
familia.
Potencialidades:
a principal potencialidade deste libro é servir como guía, na cal de
maneira sinxela e divertida se expón e explican todos os tipos de familia.
Desta forma transmite que cada familia é única, sexa como sexa, e reflicte a
realidade social. Polo tanto abórdase con humor e naturalidade a diversidade de
familias, fomentando unha visión respectuosa sobre os diferentes modelos
familiares.
Recursos:
Calvo, Virginia (2014). “En familia’, de
Alexandra Maxeiner y Anke Khul”, Literatura Infantil y Educación Literaria,
en http://literaturainfantileduliteraria12.blogspot.com.es/2014/01/en-familia-de-alexandra-maxeiner-y-anke.html (consultado o 06/03/2018).
Fusté, Rosa M. (2012). En Família!, en https://www.youtube.com/watch?v=JxQY5-wJSEU (consultado o 06/03/2018). Video en youtube del canal CanalBibCambrils.
Takatuka, la isla de los libros (s.d.). “¡En familia”, en http://www.takatuka.cat/llibre.php?otro_idioma=cas&id_otro_idioma=63 (consultado o 06/03/2018).
Takatuka, la isla de los libros (s.d.). “¡En familia”, en http://www.takatuka.cat/llibre.php?otro_idioma=cas&id_otro_idioma=63 (consultado o 06/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario