Davies, B. (2015). La isla
del abuelo. Ilustr. do autor, trad. Nádia Revenga García. Valencia:
Andana Editorial, col. Álbum Locomotora, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-16394-14-2).
Breve descrición do formato e contido: libro ilustrado de tapa dura. Presenta na súa
cuberta a imaxe caribeña dun avó e o seu neto, o que recrea a temática do
título. O primeiro caracterizado por unha vestimenta contraditoria: leva
pantalóns de verán e chaleco de inverno; o segundo, viste traxe de baño e
camisa de tirantes. A contracuberta recolle unha imaxe totalmente distinta, que
adianta o contido da historia porque ambos protagonistas xa se encontran no
barco cara á illa. As gardas son o fondo mariño e na portada volven a aparecer
a parella, agora nun ambiente máis familiar e caseiro: os dous mirando o cadro
da illa que pintou o ancián, o que se pode deducir porque nas súas mans suxeita
os pinceis. Estes dous ambientes: o da casa e o da illa, están ligados ao conto
e entre eles.
As letras son
de cor negra situadas en cada folla e as imaxes son realistas, caracterizadas
por cores moi vivas, excepto no momento da despedida onde predominan tons
apagados e grises. O ilustrador optou pola técnica de pintado en acuarela. O
texto ten relación coas figuras, aínda que estas sempre dan máis información
porque sitúan ao lector no momento preciso a describir na historia. A linguaxe
é sinxela, decántase por oracións simples para facilitar a asimilación da
historia por parte dos máis pequenos. Pódese observar unha contraposición entre
o momento da chegada á casa do neno, onde saúda ao avó, e o instante da
despedida, o descubrimento de espazos novos e a hora de deixalos atrás.
Na historia
aparecen dous protagonistas: o avó e o neto. O rapaz vai buscar o avó á súa
casa, pero non o encontra por ningures ata que descobre que está no faiado. Alí
había unha porta de metal que conducía a un enorme barco que os levaba ata unha
fermosa illa. Nela atoparon unha cabana que harmonizaron, animais exóticos e
outros lugares preciosos. Á hora de voltar á casa o avó decide quedar, aínda
que ao neto non lle convencía moito a idea. Porén viu que alí era feliz e
estaba rodeado de animais e bonitos lugares. A viaxe fíxose longa pero ao
chegar á casa, na ventá, atopou un sobre cunha fotografía onde vía ao ancián
sorrinte e rodeado de froita e animais.
Potencialidades educativas: é un libro moi
asertivo para traballar a empatía cos maiores, a morte ou a despedida e as
relacións familiares. A lectura está recomendada para nenos e nenas a partir de
3 anos. Sería un bo momento para presentar o día do avó ou para traballar os
integrantes que compoñen a familia.
Recursos de interese:
Andana
Editorial. (2016). “Youtube: Andana editorial”. https://www.youtube.com/watch?v=DNDajEHqXk4 . (Consultado: 10/03/2018)
Apego y literatura. (2016). “Blog
Apego y literatura”. http://apegoyliteratura.es/la-isla-del-abuelo/ (Consultado: 10/03/2018)
María Gabriela Díaz (2016). “El
copoy y laureca”. https://www.elcopoylarueca.com/la-isla-del-abuelo-benji-davies/
(Consultado:
10/03/2018)
Sacra (2016). “El blog infantil”. https://www.elbloginfantil.com/lectura-recomendada-semana-isla-abuelo.html
. (Consultado:
10/03/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario