Amosando publicacións coa etiqueta Esconxuración.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esconxuración.. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de marzo de 2018

Hay un monstruo en la oscuridad



Saldaña, María del Mar (2016). Hay un monstruo en la oscuridad. Ilust. Sol Ravassa. Basauri-Bizkaia: Soldesol, [41 p.p]. (ISBN:978-84-945119-6-7).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado sobre a percepción do medo á escuridade. O protagonista é un monstro, ó cal se describe ao longo da obra, primeiro con adxectivos que dan medo e logo engádenlle atributos para ridiculizalo, esconxúrano, de forma que o monstro ao final do conto non dá medo ningún, senón risa.
É un libro de forma cadrada (21.5 x 21.5 cm), de tapa dura e bordes en pico. Na cuberta, contracuberta, gardas e na portada predomina unha ilustración escura, sobre todo a cor negra e a vermella, que tamén aparecen nas primeiras páxinas, pero que progresivamente van dando paso a cores máis vivas que se van sumando, asociadas a diferentes partes do corpo do protagonista. O texto é moi sinxelo, con frases moi curtas e referidas aos atributos que se lle colocan ao monstro protagonista. 

Potencialidades: con esta obra pódese traballar os medos propios da primeira infancia conseguir que, con humor e risa, os nenos e nenas perdan o medo á escuridade. Tamén se traballan aspectos como a autoestima e a autoconfianza. Incluso, a través desta lectura se poden abordar cuestións como os prexuízos, a necesidade de evitar xulgar as persoas pola primeira impresión. Ademáis a obra xoga coa ruptura de expectativas, ao iniciarse con todos os elementos propios do terror e ir dando paso á risa e ao ludismo.