Saldaña, María del Mar (2016). Hay un monstruo en la oscuridad. Ilust. Sol Ravassa. Basauri-Bizkaia: Soldesol, [41 p.p]. (ISBN:978-84-945119-6-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado sobre a percepción do medo á escuridade. O protagonista é un monstro, ó cal se describe ao longo da obra, primeiro con adxectivos que dan medo e logo engádenlle atributos para ridiculizalo, esconxúrano, de forma que o monstro ao final do conto non dá medo ningún, senón risa.
É un libro de forma cadrada (21.5 x 21.5 cm), de tapa dura e bordes en pico. Na cuberta, contracuberta, gardas e na portada predomina unha ilustración escura, sobre todo a cor negra e a vermella, que tamén aparecen nas primeiras páxinas, pero que progresivamente van dando paso a cores máis vivas que se van sumando, asociadas a diferentes partes do corpo do protagonista. O texto é moi sinxelo, con frases moi curtas e referidas aos atributos que se lle colocan ao monstro protagonista.
Potencialidades: con esta obra pódese traballar os medos propios da primeira infancia conseguir que, con humor e risa, os nenos e nenas perdan o medo á escuridade. Tamén se traballan aspectos como a autoestima e a autoconfianza. Incluso, a través desta lectura se poden abordar cuestións como os prexuízos, a necesidade de evitar xulgar as persoas pola primeira impresión. Ademáis a obra xoga coa ruptura de expectativas, ao iniciarse con todos os elementos propios do terror e ir dando paso á risa e ao ludismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario