Ballesteros, Xosé (adapt.) (1998). Os Tres Porquiños. Ilustr. Pepe Carreiro. Pontevedra. Kalandraka Editora, col. Os contos do Trasno [32 pp.]. (ISBN: 84-95123-12-6).
Breve descrición do formato e contido da obra: É un álbum literario, cuadrangular, de tapa dura (22 cm x 22 cm) e con ilustracións de cores. A obra está recomendada para o lectorado a partir de 4 anos. Nesta edición do famoso conto popular pódense apreciar diferentes matices e valores dos personaxes principais. Así como a perversión do lobo, que o seu único motivo era alimentarse a costa dos porquiños, tamén nos podemos decatar da evolución da mentalidade dos tres irmáns ante un problema común, o lobo. Ao principio cada un actuaba pola súa conta, pero cando se viron ameazados polo perigo decidiron unirse e vencer ao lobo por medio da colaboración, o compañeirismo e o traballo en equipo.
As ilustración están realizadas por Pepe Carreiro. Son debuxos sinxelos, que achegan detalles pertinentes para complementar a narración. Semellan feitos a lapis e pintados con ceras de cores. O conto narra a historia de tres irmáns porquiños que vivían apraciblemente no interior das súas cabanas no bosque. O irmán máis pequeno e menos traballador tiña unha cabana de palla; o irmán mediano tiña unha cabana de madeira, era algo máis traballador có anterior; e por último o irmán maior, o máis traballador de todos, que tiña unha cabana de cemento moi ben posta. Un día o temible lobo apereceu con moita fame e a intención de comer os porquiños. Primeiro tentouno co irmán menor, ao que lle desfixo a súa cabana de palla, aínda que este escapou cara á casa do irmán mediano, ao que o lobo tamén lle desfixo a casa, que era de maderia. Finalmente acabaron os dous na cabana do irmán maior, xa que na súa casa o lobo non podíatumbala. Entón o lobo tentou entrar pola cheminea da casa, pero os porquiños déronse de conta e puxeron un perolo de auga quente xusto onde caería ao entrar, polo que o lobo queimou o rabo fuxiu con el entre as pernas.
Potencialidades: neste libro aprécianse valores como o compañeirismo e o traballo en equipo. Estes valores son fáciles de plasmarllos aos nenos a través do conto e son imprescindibles para a creación dun clima clase positivo. Pódense facer numerosas dinámicas de grupo coa temática mesma do conto, como xogos cooperativos ou de desempeños de roles. Os nenos aprenden a axudarse os uns a os outros cando o necesiten, e a colaborar entre eles para lograr un obxectivo. Traballase valores como o compañerismo e a solidariedade.
Feito por: Duarte Lores Blanco
Ningún comentario:
Publicar un comentario