luns, 12 de marzo de 2018

Chocolata





Nuñez, Marisa (2014), Chocolata, Ilust. Helga Bansch, Pontevedra, OQO editora,( a partir dos 4 anos), [36 pp](ISBN: 9788498714838)

Breve descrición do formato e contido da obra:

Album ilustrado, de gran tamaño con bordes punteados, donde o material e de cartón e as páxinas de papel plastificado.

Chocolata é unha hipopótamo que vive nunha selva e lle gustaba bañarse cos seus amigos e unha gaivota a que non se cita no texto.. Un día deuse conta de que había unha casa cuns baños na cidade e decídese a ir.

Cando chega á cidade ten que adaptarse a distintas normas e situacións coma aos restaurantes vexetarianos, a roupa, a cama para durmir nun hotel... Porén o seu tamaño prodúcelle algunhas incomodidades, pois nos baños hai pouca auga, a bañeira era bastante estreita, o bikini parecía axustado, pero pasouno ben falando cos outros bañistas.

Logo do baño,mercalle un regalo a o seu amigo Teófilo e durme nun hotel soñando coa súa selva, a onde regresa ao día seguinte.

Tamén aparecen diferentes personaxes coma o seu amigo Teófilo, os compañeiros de baño, os seus amigos e unha gaivota que aparece pouco na historia.

Potencialidades

Grazas a este álbum os nenos van saber apreciar e valorar o que temos ao noso arredor. Tamén potenciaremos as expectativas dos nenos e nenas, mediante desexos, soños e ilusións. Por outro lado, este volume é moi adecuado para traballar as emocións, a solidariedade e a amizade. Por último para falar das ilustracións decir que son sinxelas e expresivas e a lectura non lle presenta moitas dificultades aos nenos e nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario