Amosando publicacións coa etiqueta Socialización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Socialización. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de maio de 2018

Loboferoz


Patacrúa (2006), Loboferoz. Ilustr, José Manuel Gómez Prieto. OQO editora, col. colección O, [36 pp.] (ISBN: 978-8496573444).

Breve descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado de tapa dura composto por 36 páxinas. Na cuberta encontramos o personaxe principal que é un lobo, o titulo e o autor. A contracuberta é a continuación do fondo de cuberta de cor marrón. Este álbum é de cores serios como ou marrón e tons parecidos. As ilustracións son debuxos como se fosen feitos por nenos xeometricamente. A historia é do Loboferoz que é un lobo moi vago que solo comía sopas e arroz, un día viúse moi fraco e decidiu en converterse nun lobo feroz que intenta comer outros animais pero nunca o consegue, sempre lle pasa algo.

Potencialidades:
Con este álbum ilustrado podemos traballar os animais da granxa relacionados co lobo, neste caso o lobo non era como os demais, senón que era ruín e todos os animais librábanse del. Os argumentos son claros e repetitivos, con frases acumulativas e lingua sinxela. Tamén recrea con humor onde o dereito da vida e a harmonía imponse a maldade e brutalidade.

Recursos:
Loboferoz canción.
Este lobo anda un pouco debilitado acausa de comer só papas de arroz, así que non lle teñades medo e desfrutade do conto.
Esta historia tamén está disponible en álbum ilustrado na nosa web http://oqo.es

martes, 24 de abril de 2018

A viaxe de Olaf


León, Martín (2011). A viaxe de Olaf. Ilust, Martín León. Pontevedra: Kalandraka, col. Premio Compostela, 48 pp. (ISBN: 978-84-8464-769-0).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado con tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo branco que continúa na contracuberta e móstranos algún indicio do contido do conto: o protagonista da historia mesturado con todos os animais fantásticos que o acompañarán nesta bonita historia. O título, situado na parte superior a dereita, mostra letras da mesma fonte, pero cambia o tamaño e a cor das mesmas: “A viaxe de” aparece cun tamaño máis pequeno e de cor marrón, mentres que “Olaf” aparece máis grande e de cor negro. Xusto debaixo do título atópase o nome do autor. Na parte inferior dereita está nome da editorial. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. O autor emprega frases cortas e o diálogo. Ademais, resalta algunhas palabras sobre outras, empregando unha letra de maior tamaño, como os nomes dos personaxes que aparecen na historia. As ilustracións son de formas xeométricas, dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico. Destacan pola profusión de colorido e pola harmonía coa que o autor combina gamas cromáticas. En canto a estrutura, trátase dun relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular. O contido expón a historia, a través do día e da noite, sobre un personaxe chamado Olaf que vive nun planeta moi pequeno e nunha casa moi grande. Farto da súa soidade emprende un camiño iniciático. Nesta viaxe atópase con diversos animais fantásticos, de inspiración mítica e valor simbólico, aos que invita a unirse a el. Estes vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante e o paxaro que sabía falar.

Potencialidades: A viaxe de Olaf trátase dunha obra distinguida co IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. É un libro que intenta mostrar ao lector o valor da amizade e da xenerosidade, o importante que resulta para as persoas. Ademais resalta o valor de intentar coñecer a xente que nos rodea, de comunicarnos, compartir momentos con eles, etc. Olaf vivía nunha casa moi grande, na soidade e na tristeza e nun planeta moi pequeno. Isto motívao a emprender o seu camiño en busca de amigos que o acompañen. Este invítaos a ir con el de maneira desinteresade e buscando afecto persoal e puro. Finalmente, a súa casa xa non lle resulta grande, xa que coa presenza dos seus amigos convértese nunha casa pequeniña, pero acolledora, chea de amor, xenerosidade e amizade.

A Banda de Vilacendoi


Gayoso, Xulio (2006). A Banda de VILACENDOI. Ilust, Xulio Gayoso. Pontevedra: Kalandraka, col. MareMar, 48 pp. (ISBN: 978-84-8464-583-5).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado de tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo granate que continúa na contracuberta e móstranos algunha pista do contido do conto: músicos tocando diferentes instrumentos e algún animal mesturado entre eles. O título, situado no centro dun gran bombo que se atopa na parte inferior do libro, mostra letras da mesma fonte. Xusto enriba do título, na parte superior do bombo, atópase o nome do autor e debaixo, na parte inferior do bombo, o nome da editorial. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. Trátase dunha narración sobre a historia dun pobo e a súa banda de música. As ilustracións son de gran colorido e formas sinuosas, empregando tanto cores escuras como cores vivas. Predominan as imaxes da figura humana, animais e a paisaxe. O contido trata sobre un pobo chamado Vilacendoi, cheo de xente e de actividade, no que existía unha banda que envolvía cada recuncho desta pequena aldea, pero o despoboamento acabou co bulicio das noites e dos días de festa. As casas ficaron baleiras e todo comezou a esmorecer, xa que só quedaban as persoas máis maiores, que estaban tristes e cheas de nostalxia. Pero a chegada de novos veciños de diferente cultura e etnia colmaron, novamente, de futuro e esperanza esta pequena aldea tan especial.

Potencialidades: Vilacendoi non é un nome ficticio. Este pobo existe e está situado a poucos quilómetros de Lugo, a beira do río Miño. Esta pequen aldea está formada por un reducido grupo de casas campesiñas, típicas da comarca, nas que predomina a lousa como elemento construtivo. En moitas desas vivendas pode que aínda se garden os instrumentos da banda de música local, que tamén existiu. As xeracións actuais de adultos non chegaron a desfrutar dela, pero oíron falar aos anciáns da súa boa fama. O autor e ilustrador desta obra, que é de orixe lucense, considera “un milagre” que unha banda de música de dimensións e recursos limitados chegara a brillar naquel tempo, de aí a homenaxe que lle brinda con esta obra. Nela recorre aos seus recordos da infancia, aos ecos da voz de quen foron testemuñas de memorables noites de verbena daquela banda. O seu relato é unha especie de crónica rural, a medio camiño entre o verosímil e o inverosímil. A lectura desta historia permite descubrir elementos do estilo de vida no campo, a diversidade de animais domésticos, a beleza da paisaxe. Chega a describir incluso os seus tempo difíciles, nos que a despoboación e o envellecemento da poboación fan temer polo futuro de Vilacendoi. Esta situación é moi próxima a actualidade, xa que moitos pobos están desaparecendo por estes mesmos motivos. Pero, en Vilacendoi, eses temores disípanse coa chegada de xente nova, persoas de diferente cultura e etnia, uns novos habitantes que converten a Vilacendoi nun grato exemplo de integración social e racial. Desta maneira, con este conto podemos traballar cos nenos nas aulas cuestións relacionadas coa emigración e a inmigración e sobre a integración social e racial de todas as persoas e a súa aceptación, pois trátanse de temas moi presentes non nosos días; sobre a música, a variedade de instrumentos musicais e os seus sons correspondentes e os animais domésticos dos pobos como as vacas, porcos, galiñas, etc.

Recursos:
Patricia e Alberto , contacontos de Kalandraka, contan un anaquiño da historia creada por Xulio Gayoso e editada pola propia


Xogos musicais





Prego, Luis (2013). Xogos musicais. Ilust, Marta Iglesias. Pontevedra: Cumio, col. Multimedia, [87 pp.] (ISBN: 978-84-8289-463-8)

Breve descrición do formato e do contido: Álbum ilustrado de tapa dura composto por 87 páxinas, todas ilustradas cunha gran combinación de cores, deseños feitos por nenos/as no período infantil, especialmente polo esquematismo. O testo atopámolo en calquera parte das páxinas. Na parte dianteira atopamos o título do álbum, o autor, o ilustrador e a editorial acompañada dun debuxo esquemático que parece representar dúas persoas nun xardín. Podemos observar que trae o símbolo de que este álbum contén un CD. Na contracuberta podemos ver unha imaxe que representa uns nenos/as bailando, un breve resumo e a editorial a que pertence. No lombo aparece a título do álbum, o autor e a editorial. O contido trátase dunha obra na que aparecen cantigas e xogos tratando diferentes temáticas clasificadas por bloques, por exemplo arrolos, xogos no colo, xogos para bailar, etc. Podémolas atopar todas no CD que trae o libro o final.

Potencialidades: Con este álbum ilustrado podemos traballar a iniciación musical xa desde o embarazo, tamén aprender a linguaxe, novo vocabulario, ritmos musicais, desenvolvemento motriz, percepción auditiva, etc. Grazas ao CD que trae pódense facer moitas actividades colectivas na aula e así os nenos/as socialízanse entre eles. É un proxecto moi ben traballado cunha pedagoxía estructurada de maneira moi creativa. Encantame a maneira coa que os nenos poden disfrutar dos ritmos, as verbas, a expresión, o simbolismo, e sobre todo a cultura educativa que desprende con cada canción.

Recursos:
Cantigas e recitados para nen@s:

luns, 19 de marzo de 2018

Cocorico

Imagen relacionada
Núñez, Marisa (2006). Cocorico. Ilust: Helga Bansch. Pontevedra: OQO Editora  [+3anos], [36 pp.]. (ISBN: 84-96573-23-0).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de  tapa dura e de forma cadrada. Cocorico é unha adaptación libre dun cuento tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que es cumprir as promesas y da dificultade que supón aprender a compartir.
A cuberta é moi chamativa, de cor vermella e no medio aparece o protagonista, Cocorico, en cor amarela, á dereita a súa nai e á esquerda o rabo do Gato Pelado, os tres protagonistas da historia. Na contracuberta aparece a continuación do rabo do gato pelado. Polo que se abrimos o libro enseñando ambas partes vese unha relación clara. As ilustracións do libro son coloridas e as imaxes reais pois correspóndense coa realidade. As gardas do libro son moi significativas xa que o que amosan é o nacemento do pitiño (neste caso de Cocorico), onde se vai vendo o ovo, logo como pouco a pouco vai escachando ata que por fin rompe e nace o pito. A obra trata sobre un pitiño que vive coa súa nai. Un día a nai vai facer un biscoito e Cocorico vai a buscar a leña. Polo camiño atópase co Gato Pelado que o quere comer, pero Cocorico moi astuto dille que lle dará a metade do biscoito. Pero o poliño cómeo enteiro e cando chega o Gato xa non hai biscoito e quéreos comer. A nai e o poliño escóndense nunha ola e cun espirro Cocorico rompea o Gato Pelado sae correndo.
Potencialidades: a lectura deste álbum axuda a reflexionar sobre a importancia de  cumprir as promesas, de escoitar os consellos dos adultos e de integrar valores como a solidariedade e a capacidade de compartir. A linguaxe sinxela favorece a comprensión dos máis novos. Obsérvanse xogos tipográficos, como os diálogos que aparecen en negriña ou o  uso de onomatopeas, marcadas en maiúsculas, que propician a participación dos máis novos e a identificación dos sons asociados aos animais.

Recursos:
Janeiro, Almudena (2016). Cantos en contos. Ilust. Borja Guerrero. Pontevedra: OQO, col. O, [36 pp]. (ISBN: 9788498715354).

Diferente

Rémiant, Cloé (2011). Diferente. Madrid: Ediciones Jaguar, [+ 5 años]. [40 pp.] (ISBN: 978-84-1511-604-2).

Breve descripción del formato y contenido de la obra: álbum ilustrado de forma cuadrada que consta de 40 páginas. En la cubierta o capa  aparecen los protagonistas de la historia subidos en una montaña. Se trata de un lobo y un borrego. En la contracapa o contracubierta aparece un prado. El texto aparece disperso por las páginas y llaman la atención las frases y las palabras más importantes o clave de la historia, poniéndolas más grandes y de otro color diferente al resto del texto. La historia se centra en un lobo y un borrego que son diferentes al resto y por ello son rechazados. Un día dichos personajes se encuentran y desde ese día no se separan. Comparten aventuras y vivencias en las que se pone a prueba su amistad, como por ejemplo un día en que los lobos quisieron atacar al borrego pero su amigo salió en su defensa. Aun así nadie quería conocerlos por lo que decidieron tenerse uno al otro siempre.

Potencialidades: Con este álbum se puede trabajar con los niños/as la socialización y la diversidad, ya que son dos personajes que se sienten distintos al resto y el mejor apoyo lo buscan estando el uno con el otro. La moraleja de este libro es que por mucho que los demás piensen u opinen sobre las particularidades de los demás, o que nos sintamos diferentes a los otros,  siempre vamos a encontrar a alguien con el que nos sintamos próximos. Otro tema a tratar es la importancia de la amistad, la solidaridad y el apoyo incondicional de los amigos, que reportan seguridad e integración social a los individuos.


A que sabe a lúa?

Grejniec, Michael (2011). A que sabe a lúa?, ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [+3 anos], [26 pp.] (ISBN: 978-84-8464-625-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado formado por 26 páxinas. O texto do álbum vai na parte esquerda ou dereita de cada páxina de forma alterna sobre un fondo branco e cunha páxina ilustrada sobre un fondo negro, onde se amosa unha montaña cos protagonistas do conto intentando coller a lúa. O álbum contén unha estrutura acumulativa progresiva, xa que a medida que transcorre a historia podemos ver un animal enriba do outro segundo van aparecendo na historia, así ata chegar ao final onde aparecen todos os personaxes. Referido á encadernación, ten unha forma rectangular, con cantos rematados en punta. As cubertas son de cartón duras (cartoné). Na cuberta principal aparece o debuxo dunha lúa chea cun dos protagonistas da historia, o título, nome do autor e a editorial, mentres que na contracuberta aparece a lúa en forma minguante. Na última garda aparece o último personaxe da historia (un peixe) falando. En canto á historia trata sobre un grupo de animais que todas as noites observan a lúa co obxectivo de probar o seu sabor. A tartaruga decidiu subir á montaña máis alta, pero aínda así non chegou á lúa. Entón aparece o elefante que se pon enriba da tartaruga e enriba del a xirafa e enriba dela a cebra e o lobomono.. ata que un pequeno rato que estaba enriba  de todos os animais e deu arrincado un anaco da lúa, que compartiu cos seus amigos. Probárono e a cada animal sóubolle a aquilo que máis lle gustaba. Ao final da trama aparece un peixe que lles di que non entende tanto esforzo por coller un cacho de lúa, cando a lúa tamén se atopa na auga.

POTENCIALIDADES: O primeiro que se traballa é a importancia do traballo en grupo, é dicir, a cooperatividade, e que grazas a ela se poden conseguir os logros que nos propoñemos cando somos incapaces de alcanzalos por nós mesmos e precisamos de axuda. Ademais neste álbum saen unha serie de animais onde ao autor reflicte, a medida que van saíndo, características de cada un deles. Grazas a estructura acumulativa que contén este álbum axuda aos máis pequenos/as a desenvolver a conciencia narrativa. Ademais en cada páxina o animal que vai formar parte da torre de animais aparece na ilustración da páxina previa, isto permite que o lectorado máis novo adiviñe que animal é o que vén despois.....



martes, 6 de marzo de 2018

A Curuxa






Sálvora (1996),Curuxa. Santiago de Compostela, col.Animales fantásticos, 10 pp, (ISBN: 84-88724-34-9).

Breve descrición do formato e do contido: é un álbum ilustrado con encadernación en cartoné, que está formado por 10 páxinas de tapas duras dun tamaño de 28x24 cm e troquelado para simular a silueta do paxaro protagonista: a curuxa. Tanto na cuberta como na contracuberta aparece debuxada a curuxa. Por dentro a medida que se conta a historia aparecen debuxos relacionados co que se vai narrando. É un libro que ten unha letra grande e fácil de ler, utiliza diálogos entre os diferentes personaxes que van aparecendo ao longo da historia e os debuxos están cheos de cores vivas e rechamantes para os nenos e nenas.
O libro conta a historia dunha curuxa que vive nunha palleira e que unha noite (como todas as curuxas) sae cazar a súa presa. Atopa un rato e cómeo, pero unha donicela que a estaba a observar enfádase por considerar  que ela tiña dereito a  comelo primeiro. Logo van xuntas cazar ras pero atopan un osiño que chora porque se perdeu; este quere comer arandos, polo que  a Curuxa vai en busca deste froito e  pregúntalle a un ourizo se sabe onde se atopan. O ourizo guíaa e no lugar que lle indica atopa a mamá oso e papá oso, polo que pode levar ao  osiño onda eles. Por último faise de día e a curuxa volve á palleira.

Potencialidades: con este libro pódese traballar a solidariedade, axudar e repartir con outros o que un ten. Ademais trabállanse temas tales como a amizade, a empatía, o traballo cooperativo. Tamén serve para ensinarlles ao alumnado os hábitos alimentarios dos animais, a tipoloxía do alimento, a súa rutina de sono entre outros aspectos da vida animal. Describe animais pouco coñecidos como son a curuxa e a donicela.

Recursos de interese:
A galicia encantada (actualizado en data 4/03/2018): Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. (Consultado 05/03/2018)





domingo, 4 de marzo de 2018

Onde viven os monstros




Sendak, Maurice (2014). Onde viven os monstros. Ilust. do autor. Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [48 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-859-8).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado considerado un dos grandes clásicos da literatura do século XX para os máis pequenos. De tapa dura e formato rectangular, conta con 48 páxinas. Na cuberta podemos ver un monstro nunha illa e un barco aproximándose. O título aparece na parte superior e por debaixo da imaxe vemos o autor. Na contracuberta pódese ver a continuación da illa da cuberta.
O libro conta a historia de Max, un neno rebelde. A súa fantasía é ser un monstro que lle meta medo a calquera. Unha noite, despois de facer travesuras na súa casa a nai castígao no seu cuarto, o cal de pronto sofre unha transformación e se converte nunha selva. Despois de camiñar un tempo, nace unha costa onde se encontra un bote co seu nome, e decide ir a navegar. Despois de facelo durante un largo tempo, chega a o lugar onde viven os monstros, aos que cautiva. Será nomeado rei de todos os monstros por ser o máis temible de todos. Porén, co tempo dáse conta de que a súa forma de comportarse é realmente mala e é moi difícil ser un rei, polo que decide emprender o seu regreso á casa.

Pontencialidades: O enfado de Max, o protagonista desta pequena historia, fai reflexar os seus medos e é o que provoca que él mesmo emprenda esta viaxe fantástica cara un bosque cheo de criaturas fantásticas, onde será o rei e todos o obedecerán. É un conto que ofrece múltiples interpretacións así como diferentes lecturas, xa que nos ofrece diferentes visións como a aventura de viaxar cara terras estranas, o dominio nun reino sen leis ou o cariño da súa nai e a volta o fogar. É un libro para ser contado ou para que oa primeiros lectores o vaian descubrindo por sí mesmos.

Todos los besos del mundo


Montse (2013). Todos los besos del mundo. Ilust. Mercè Galí Sanarau, ilust. de los signos Susana Peix y Francisco Vidiella, adapt. al sistema bimodal Susana Peix y Cesca Mestres. Barcelona: Carambuco ediciones, (+3 años), [24 pp.]. (ISBN: 978-84-941225-0-7).


Breve descripción del formato y contenido de la obra: Esta obra es un cuento ilustrado. El formato es de tapa dura, y de forma rectangular. En la cubierta aparece el título del libro, la imagen del personaje, el nombre de la autora y de la ilustradora. El libro consta de 24 páginas y los signos aparecen en la izquierda de cada página, mientras que las ilustraciones del relato están en la parte derecha. En cuanto a las imágenes llaman la atención por ser de colores vivos. La trama gira alrededor de  la historia de la familia “Beso”. El protagonista del cuento se llama Sito, y es el hijo más pequeño de la familia y al único que no le gustan los besos. Para cambiar esta situación los padres deciden hacer un viaje donde se muestren los diferentes tipos de besos que existen. Sito va descubriendo las distintas maneras de besar y poco a poco echa en falta los besos de su familia. Cuando vuelven a su hogar, Sito les da un beso enorme.

Potencialidades: La potencialidad más destacable de este cuento es la adaptación que se hace al sistema bimodal donde se reflejan los signos de Lengua de Signos Española, o que facilita la lectura a niños con ciertas discapacidades auditivas. Además hace referencia al amor incondicional que existe dentro del ámbito familiar.

A cebra Camila



Nuñez, Marisa (2004). A cebra Camila. Ilust. Óscar Villán. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [32 pp.] (ISBN: 978-84-8464-126-1).


Breve descripción do formato e do contido:
Trátase dun álbum ilustrado con encadernación en  cartoné. Está formado por 32 páxinas formato cadrado e  unhas dimensións de 22x22 centímetros. Na cuberta e  contracubierta aparece o personaxe principal, a cebra  Camila, inscrita no centro dun círculo.O álbum mostra sempre o mesmo fondo da portada (marrón apagado) simulando un efecto a papel reciclado. O fondo ao ser claro fai que as letras poidan verse con maior claridade e os debuxos dos personaxes que están representados mediante cores vivas, así como a paisaxe no que están, chamen máis a atención. Ademais as ilustracións expándense a ambos os dous lados do texto, configurando un conxunto ben articulado na que se diferencia ben cada parte.A letra,en  negrita e de gran tamaño, clara e vistosa. Ou argumento trata sobre unha cebra chamada Camila, a cal un día decide desobedecer á súa nai e saír de casa á aventura. Cando sae de casa dáse conta de que fai moito vento, o que fai que as raias do seu traxe de tirantes e do cueiro desaparezan.  Camila ponse a chorar e vaise atopando a distintos animais no bosque que tentan consolala e darlle unha solución ao problema. Para iso van recompoñendo as raias do seu corpo segundo as características de cada animal. Acto seguido  Camila decide volver a casa e a súa nai dáse conta de que xa é maior e non necesita levar os tirantes e o cueiro.
Potencialidades: Con este álbum trabállase o tema da personalidade, é dicir, o personaxe principal cuestiónase se a súa nai ten a razón, actitude propia da etapa infantil na que xorden os “porqués” a todo o que sucede ao redor do neno/a para tomar certa independencia á hora de realizar accións ou tomar decisións e crear aos poucos a súa propia personalidade.
Recursos:
Dramatización do centro CEIP "Los Millares": 
https://www.youtube.com/watch?v=qWkovmE5mmc (Consultado o  4/03/2018)

Corre corre cabaciña




Mejuto, Eva (2016). Corre corre, cabaciña. Ilust. Andre Letria. Pontevedra: OQO, col. O, [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-532-6).
Breve descrición do formato e contido da obra: conto infantil narrativo en formato álbum e ilustrado e adaptado dun conto tradicional portugués. Presenta un formato rectangular e as  tapas son duras. Na cuberta aparece a protagonista da historia. O título está situado na parte superior do álbum. Xoga co tamaño das palabras e do que significan, presentándoas con movemento. O nome da autora e do ilustrador corren detrás da cabaza, facendo unha simboloxía ao tema central da obra. Na contracuberta podemos observar a imaxe das tres personaxes secundarias ou antagonistas.
As gardas destacan polo seu fondo alaranxado escuro, do que sobresae unha serie de cabazas formando varias liñas e con distintas expresións nas súas caras. A portada presenta o debuxo dunha cabaza, na parte central da páxina. O título do libro, Corre corre, cabaciña, en cor morrón, sitúase enriba do debuxo da cabaza, e como na cuberta, xoga co tamaño das palabras e co significado, dándolles movemento.
As páxinas mostran fondos de diferentes tons alaranxados, en relación coa cor da cabaza e a intensidade do momento. As ilustracións, expresivas e rechamantes, descobren a unha avoa pequeniña, fráxil, medorenta e astuta, fronte ás personaxes secundarias que co seu gran tamaño, intensifican  a súa ferocidade.
Os textos destacan pola cor negriña nos diálogos e no tamaño da tipografía cando falan as bestas, o que lles imprime maior profundidade ás súas intervencións e ao seu ton de voz. Os diálogos son repetitivos e facilitan a súa memorización. Tamén xoga coa sonoridade e coa rima: “Cabaza, cabaciña, non viches por aí unha velliña?”
Utiliza diminutivos e aumentativos, como xogo para a rima, o que dá lugar a unha estrutura similar a un trabalinguas: “Non vin vella nin velliña, nin velliña, nin vellón, corre corre, cabaciña, corre corre, cabazón!”. O contido do álbum relata a historia dunha velliña que recibe a invitación á voda da súa neta. Esta decide emprender unha viaxe e polo camiño encóntrase con tres bestas que a queren papar. A habelencia da avoa permítelle saír airosa das distintas situacións, convencendo ás bestas de que cando volva para a casa estará máis gordiña. Esta obra ten unha estrutura circular, dado que a avoa sae da casa para ir ao convite da súa neta; supera o obstáculo que lle presentan as tres bestas  (o lobo, o oso e o león) e ao día  seguinte volve á casa despois da voda e supera con enganos e imaxinación os obstáculos do camiño.
Trátase dunha adaptación dun conto popular portugués, que recorda en certo modo ao conto de Carapuchiña vermella, aínda que neste caso é a avoa quen ten que visitar á neta porque vai casar.
Pontencialidades: A historia é de carácter repetitivo, polo que facilita a memorización. É interesante a introdución de rimas e a sinxeleza do texto. A avoa utiliza a cabaza como disfrace para que non a recoñezan. O tema do disfrace e a cabaza asóciase ó Samaín, polo tanto é boa época para traballar cos nenos este conto.
Así como traballar cunha canción propia do libro de fácil aprendizaxe.