martes, 1 de maio de 2018

Loboferoz


Patacrúa (2006), Loboferoz. Ilustr, José Manuel Gómez Prieto. OQO editora, col. colección O, [36 pp.] (ISBN: 978-8496573444).

Breve descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado de tapa dura composto por 36 páxinas. Na cuberta encontramos o personaxe principal que é un lobo, o titulo e o autor. A contracuberta é a continuación do fondo de cuberta de cor marrón. Este álbum é de cores serios como ou marrón e tons parecidos. As ilustracións son debuxos como se fosen feitos por nenos xeometricamente. A historia é do Loboferoz que é un lobo moi vago que solo comía sopas e arroz, un día viúse moi fraco e decidiu en converterse nun lobo feroz que intenta comer outros animais pero nunca o consegue, sempre lle pasa algo.

Potencialidades:
Con este álbum ilustrado podemos traballar os animais da granxa relacionados co lobo, neste caso o lobo non era como os demais, senón que era ruín e todos os animais librábanse del. Os argumentos son claros e repetitivos, con frases acumulativas e lingua sinxela. Tamén recrea con humor onde o dereito da vida e a harmonía imponse a maldade e brutalidade.

Recursos:
Loboferoz canción.
Este lobo anda un pouco debilitado acausa de comer só papas de arroz, así que non lle teñades medo e desfrutade do conto.
Esta historia tamén está disponible en álbum ilustrado na nosa web http://oqo.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario