Amosando publicacións coa etiqueta #Animais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Animais. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

Pepiña Maruxiña quere voar

Castro Lima, Manuel (2013), Pepiña Maruxiña quere voar, deseño Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda editorial. [36 pp.] (ISBN: 9788494198502) 

Breve descrición do formato e contido da obra:  É un conto ilustrado en formato cadrado que narra a historia dunha xoaniña chamada Pepiña Maruxiña, e como, a través da súa constancia e tenacidade e as ganas de non deixar de soñar, consegue as ás que precisa para poder voar. Este conto está baseado na tradición popular de cantarlles as xoaniñas para protexelas, e tamén para que emprendan o voo, para que traian bo tempo, boas colleitas... co obxectivo de recuperar esta tradición oral. Ao longo do conto Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín en busca das súas ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. Na cuberta do libro aparece a protagonista, Pepiña Maruxiña, enriba dunha folla, mirando cara un grilo que está voando. Así, pódese apreciar as ansias da xoaniña de cumprir os seus soños de voar. 

Potencialidades educativas: Nesta historia, a xoaniña persegue o seu sono, isto ensínalle os nenos e nenas a perseguir o que realmente queren e que con constancia poden conseguir os seus propósitos e a importancia de facer estos realidade. Aprenderán a valorar a disciplina de traballar tódolos días coa mente posta no logro dos seus obxectivos. Lograr as metas é unha das habilidades máis importantes que os nenos poden aprender, e canto máis cedo aprendan, máis probabilidades terán de ter resultados exitosos na vida. Unha vez que os nenos interioricen esta habilidade, poderán alcanzar máis éxito na escola e na casa. Debemos ensinarlles a que aprendan cómo lograr as súas metas e desta maneira darlles unha sensación de que son capaces de facer todo o que dexesen con esforzo e constancia. Tamén pretende espertar nos máis cativos o interese pola cultura do noso e o respecto a natureza. É moi importante que os nenos desde idades temperás, aprendan, a través dos seus pais e os seus educadores, a respetar e a valorar a natureza. O amor pola natureza levaraos a apreciar o mundo natural e a actuar en correspondencia con estos sentimentos, contribuíndo ao seu coidado. A tradición oral é un gran potencial educativo e consegue que os nenos se relacionen co contexto e lles permite interesarse polas costumes e as tradicións do seu entorno. 

Recursos de interese:
Presentación contacontos Pepiña Maruxiña quere voar. Espectáculo infantil da compañía Barafunda. https://www.youtube.com/watch?v=e1hNY-KGqRQ (consultado 23/04/2018)

El ratón que se comió la Luna



Horáčez, Petr (2014). El ratón que se comió la Luna. Barcelona: Juventud. [28 pp]. (ISBN: 9788426140630).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua castelá, dirixido a nenos e nenas a partir de 3-4 anos. O conto ten 28 páxinas, está encardenado en cartoné e as dimensións son  28,3 x 25,6. As ilustracións son moi coloridas e algunhas páxinas están troqueladas e vese a páxina seguinte. Por exemplo, vese o rato a través do burato na madriguera.  A cuberta amosa o protagonista, con luvas e calcetíns a raias vermellas e amarelas que fan xogo coa súa cola, mirando cara a lúa. O detalle das luvas e dos calcetíns chamará a atención dos máis pequenos, e tamén as estrelas de cor verde. El ratón que se comió la Luna conta a historia dun pequeno rato o que lle encantaba ver a lúa. Parecíalle tan bonita que quería ter un pouco. Un día espertou e viu un fragmento de lúa no chan. Achegouse e o seu cheiro parecíalle tan delicioso que decidiu darlle un bocadiño. A lúa era realmente rica, polo que non puido resistir e deu outro bocadiño e outro... ata que deuse conta que non quedaba case nada. O ratonciño púxose moi triste porque a lúa nunca volvería a lucir enteira no ceo e foi a contarlle todo aos seus amigos, o coello e o toupeiro, que lle dixeron que era imposible comer a lúa. Entón volveu a ser noite e a lúa apareceu de novo enteira na cima do ceo, o que fixo que o ratonciño estivese moi feliz, pero... que comeu o ratonciño entón? O que comeu o rato era unha banana, por iso a lúa tiña un cheiro e un sabor tan delicioso. Mais o ratonciño nunca vira bananas e por iso o confundiu ca lúa.

Potencialidades educativas: Este libro conta unha historia moi divertida para os máis pequenos coa que poden entender que quizais as veces se confunden pero que sempre terán ós seus maiores para axudarlles (neste caso, os amigos do ratonciño, maiores ca él). Os máis pequenos pronto se darán conta do malentendido da historia e isto faralles moita graza. Tamén podemos traballar onde está situada a lúa e os cambios que sofre, para que entendan que nunca a poderán tocar e que o seu tamaño vai variando.

Recursos en liña de interese: 
Conto en español https://www.youtube.com/watch?v=9hSfYHc7WFc (consultado 22/04/2018) 
Conto interpretado por familias enREDadas https://www.youtube.com/watch?v=ZRBmpjiiB7E (consultado 22/04/2018)
Corto adaptado ao conto "El ratón que se comió la luna" de Karin Fulco. Traballo realizado para a Cátedra Linguaxe Visual 3, Facultade de Belas Artes, UNLP. https://www.youtube.com/watch?v=clHQL1EglKw (consultado 22/04/2018)

martes, 10 de abril de 2018

El buen lobito



Shireen, Nadia (2016). El buen lobito. Madrid: Bruño, col. Cubilete [32 pp.], (ISBN: 9788421689653)
Breve descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cun formato cadrado (27x24 cm) e cuberta de cartoné. Foi premiado na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia. A obra narra a historia dun lobo bo e distinto aos da súa especie. Tanto a cuberta como a contracuberta teñen un fondo ocre; na cuberta aparece o título do libro cunha tipografía que semella ser lá de cor azul e os pelos do Lobo Malo, o que se deixa entrever pola esquina superior esquerda, por riba do título; por baixo, aparece a ilustración do Lobito Bueno, protagonista da obra e, por último, o nome da autora e ilustradora, escrito cun fío rosa que continúa pola contraportada. Nesta, atopamos o resto de títulos que conforman a colección onde se inclúe esta obra e un resumo da historia, xunto cun debuxo da Abuelita tecendo co fío rosa que se utilizou na cuberta para escribir o nome de autora.
Destaca o seu texto polo diálogo, o que lle imprime un carácter áxil e divertido así como o uso das maiúsculas par destacar certas palabras.
Un dos principais atractivos deste álbum ilustrado son as coloridas e moi atractivas ilustracións e as numerosas reseñas á literatura infantil máis clásica, tanto con imaxes como co seu texto, atopando aos Tres Porquiños, a Carrapuchiña Vermella e á Avoíña (Pekeleke, 2018).
As ilustracións que aparecen neste conto son moi expresivas e tenras á vez que divertidas, acompañando moi ben o relato, transmitindo o que acontece sen necesidade da lectura do texto, do que se prescinde en moitas das páxinas, seguindo ben a historia simplemente por medio das imaxes.


No referido ao contido, o protagonista da historia é un adorable Lobito ao que lle encanta ser bo, comerse toda a verdura do prato, preparar sobremesas riquísimas, portarse xenial cos seus amigos e escoitar atentamente os contos da avoíña xunto aos seus amigos, os tres porquiños. Nunha ocasión, escoitando atentamente un conto, descobre que todos os lobos dos contos non son como el, son feroces e malvados!….pero e entón el?... El non é como os demais, el é un  lobito diferente. A súa avoíña non deixa de dicirlle o bo que é pero resulta que non todos os lobos son tan bos como el! É entón cando, no bosque, atópase co lobo malo como e comeza a súa aventura. O lobo malo (de cor negra e con ollos amarelos) fíxolle unha pequena chantaxe emocional ao Buen Lobito e provocoulle para que tentara ser malo. O Buen Lobo, primeiro, tentou soprar a casa dos seus amigos porquiños, e mesmo ouveou á lúa pero non conseguiu o seu obxectivo, pero cando o lobo malo dispúxose a comerse á avoíña, aí saíu a rabia do Buen Lobito, que se votouo porriba do Lobo Malo mentres lle dixo : - ¿Lo ves, Lobo malo? ¡Soy un lobo de verdad! Lo que pasa es que también soy Bueno. – ¡Esto hay que celebrarlo!- Exclamó la  Abuelita. -¿Dejarás de comerte  a la gente , Lobo Malo?- le preguntó el Buen Lobito. –Oh, supongo que si…- sonrió el Lobo Malo. É enton cando o Lobo Malo cómese ao Buen lobito e a Abuelita, aparecendo unha ilustración na última páxina do Lobo Malo lendo o conto do Buen Lobito.
Potencialidades
Estamos ante unha historia moi divertida e magnificamente ilustrada, destaca pola ilustración humorística e polas referencias a contos clásicos como “Os tres porquiños” e “Carrapuchiña Vermella” así como polo seu final sorprendente e inesperado. Pola súa temática, permite traballar conceptos como o autoestima, a amizade, a confianza en un mesmo, a bondade e o bo comportamento, os estereotipos e prexuízos, o diálogo e a modificación de conducta, aínda que esta última non sempre salga como esperamos. Os lobos sempre son os malos dos contos, aparecen pola noite, derruban casas a suplidos e cómense avoiñas, non teñen amigos/as... e que non pode existir un lobo coma o protagonista desta obra? El é un  lobito moi bo e está disposto a demostrar que para ser un lobo de verdade non fai falta ser malo. Isto podemos extrapólalo a cada un de nos, porque cada un de nós somos únicos/as e especiais, e non temos que facer o que os demais esperan de nós para sentirnos ben, pois a verdadeira felicidade está en ser feliz co que uno é.
É unha metáfora de como moitas veces as persoas ocórrenos o mesmo que ao Buen  Lobito, que, presionados pola contorna, tentamos cumprir as expectativas que nos impoñen cando realmente temos outras aspiracións.  Favorece a conciencia crítica por parte dos cativos/as ao falar dun lobo que decide ser diferente e non quere amoldarse ao que todo o mundo espera que sexa ou faga, o que da pe a traballar os estereotipos e prexuízos que se poden ter ante unha persoa xulgándoa sen coñecela, poñendo etiquetas pexorativas innecesarias. Ao mesmo tempo, podemos traballa o autoestima, é dicir, facer reflexionar aos cativos/as sobre o concepto que temos cada un de nós mesmos a vez que nos anima a crer en nós e confiar en todo aquilo que podemos e queremos chegar a ser.
Podemos aproveitar este conto para traballar con nenos con problemas de comportamento. Tamén ensínanos que, tal como advírtenos a avoíña e como remata a historia, hai que coidarse dos “lobos malos”, porque algúns son malos de verdade e non teñen intención ningunha de cambiar. A súa temática non deixará indiferente a ninguén, os nenos/as quedarán sorprendidos con ese final alucinante pois non todos os contos, como a vida real, deben ter un final feliz.
Recursos
Pekeleke (2018). Descubre los mejores libros infantiles y cómics para niños. Recuperado de http://pekeleke.es/libros/buen-lobito-nadia-shireen/ a 10/04/2018. Reseña do libro.
Gracia, Eva. (2014). El buen lobito", un cuento infantil que favorece el autoconcepto del niño. Bebés y más. Recuperado de https://www.bebesymas.com/libros-infantiles/el-buen-lobito-un-cuento-infantil-que-favorece-el-autoconcepto-del-nino  a 10/04/2018. Reseña do libro.
Soñando cuentos (2013). El buen lobito. Blogspot. Recuperado de http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2013/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
P. Virginia (2014). Aula de Virginia. Proyecto cuéntame un cuento. Recuperado de http://auladevirginia.blogspot.com.es/2015/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro. Utilización dun proxecto onde unha vez o mes trabállase cun conto diferente, facendo cos alumnos/as un videoconto con cada un de eles.
Pintadera, Fran (2013). Franpintadera palabrarista. Blogspot. Recuperado de http://franpintadera.blogspot.com.es/2013/09/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
El aula de Janire (2015). Cuento para mejorar el comportamiento y reforzar la autoestima: el buen lobito. Aula compartida. Recuperado de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/06/11/cuento-para-mejorar-el-comportamiento-y-reforzar-la-autoestima-el-buen-lobito/ a 10/04/2018. Reseña do libro e proposta de actividades para traballar trala lectura do conto.