martes, 10 de abril de 2018

El buen lobito



Shireen, Nadia (2016). El buen lobito. Madrid: Bruño, col. Cubilete [32 pp.], (ISBN: 9788421689653)
Breve descrición do formato e o contido: álbum ilustrado cun formato cadrado (27x24 cm) e cuberta de cartoné. Foi premiado na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia. A obra narra a historia dun lobo bo e distinto aos da súa especie. Tanto a cuberta como a contracuberta teñen un fondo ocre; na cuberta aparece o título do libro cunha tipografía que semella ser lá de cor azul e os pelos do Lobo Malo, o que se deixa entrever pola esquina superior esquerda, por riba do título; por baixo, aparece a ilustración do Lobito Bueno, protagonista da obra e, por último, o nome da autora e ilustradora, escrito cun fío rosa que continúa pola contraportada. Nesta, atopamos o resto de títulos que conforman a colección onde se inclúe esta obra e un resumo da historia, xunto cun debuxo da Abuelita tecendo co fío rosa que se utilizou na cuberta para escribir o nome de autora.
Destaca o seu texto polo diálogo, o que lle imprime un carácter áxil e divertido así como o uso das maiúsculas par destacar certas palabras.
Un dos principais atractivos deste álbum ilustrado son as coloridas e moi atractivas ilustracións e as numerosas reseñas á literatura infantil máis clásica, tanto con imaxes como co seu texto, atopando aos Tres Porquiños, a Carrapuchiña Vermella e á Avoíña (Pekeleke, 2018).
As ilustracións que aparecen neste conto son moi expresivas e tenras á vez que divertidas, acompañando moi ben o relato, transmitindo o que acontece sen necesidade da lectura do texto, do que se prescinde en moitas das páxinas, seguindo ben a historia simplemente por medio das imaxes.


No referido ao contido, o protagonista da historia é un adorable Lobito ao que lle encanta ser bo, comerse toda a verdura do prato, preparar sobremesas riquísimas, portarse xenial cos seus amigos e escoitar atentamente os contos da avoíña xunto aos seus amigos, os tres porquiños. Nunha ocasión, escoitando atentamente un conto, descobre que todos os lobos dos contos non son como el, son feroces e malvados!….pero e entón el?... El non é como os demais, el é un  lobito diferente. A súa avoíña non deixa de dicirlle o bo que é pero resulta que non todos os lobos son tan bos como el! É entón cando, no bosque, atópase co lobo malo como e comeza a súa aventura. O lobo malo (de cor negra e con ollos amarelos) fíxolle unha pequena chantaxe emocional ao Buen Lobito e provocoulle para que tentara ser malo. O Buen Lobo, primeiro, tentou soprar a casa dos seus amigos porquiños, e mesmo ouveou á lúa pero non conseguiu o seu obxectivo, pero cando o lobo malo dispúxose a comerse á avoíña, aí saíu a rabia do Buen Lobito, que se votouo porriba do Lobo Malo mentres lle dixo : - ¿Lo ves, Lobo malo? ¡Soy un lobo de verdad! Lo que pasa es que también soy Bueno. – ¡Esto hay que celebrarlo!- Exclamó la  Abuelita. -¿Dejarás de comerte  a la gente , Lobo Malo?- le preguntó el Buen Lobito. –Oh, supongo que si…- sonrió el Lobo Malo. É enton cando o Lobo Malo cómese ao Buen lobito e a Abuelita, aparecendo unha ilustración na última páxina do Lobo Malo lendo o conto do Buen Lobito.
Potencialidades
Estamos ante unha historia moi divertida e magnificamente ilustrada, destaca pola ilustración humorística e polas referencias a contos clásicos como “Os tres porquiños” e “Carrapuchiña Vermella” así como polo seu final sorprendente e inesperado. Pola súa temática, permite traballar conceptos como o autoestima, a amizade, a confianza en un mesmo, a bondade e o bo comportamento, os estereotipos e prexuízos, o diálogo e a modificación de conducta, aínda que esta última non sempre salga como esperamos. Os lobos sempre son os malos dos contos, aparecen pola noite, derruban casas a suplidos e cómense avoiñas, non teñen amigos/as... e que non pode existir un lobo coma o protagonista desta obra? El é un  lobito moi bo e está disposto a demostrar que para ser un lobo de verdade non fai falta ser malo. Isto podemos extrapólalo a cada un de nos, porque cada un de nós somos únicos/as e especiais, e non temos que facer o que os demais esperan de nós para sentirnos ben, pois a verdadeira felicidade está en ser feliz co que uno é.
É unha metáfora de como moitas veces as persoas ocórrenos o mesmo que ao Buen  Lobito, que, presionados pola contorna, tentamos cumprir as expectativas que nos impoñen cando realmente temos outras aspiracións.  Favorece a conciencia crítica por parte dos cativos/as ao falar dun lobo que decide ser diferente e non quere amoldarse ao que todo o mundo espera que sexa ou faga, o que da pe a traballar os estereotipos e prexuízos que se poden ter ante unha persoa xulgándoa sen coñecela, poñendo etiquetas pexorativas innecesarias. Ao mesmo tempo, podemos traballa o autoestima, é dicir, facer reflexionar aos cativos/as sobre o concepto que temos cada un de nós mesmos a vez que nos anima a crer en nós e confiar en todo aquilo que podemos e queremos chegar a ser.
Podemos aproveitar este conto para traballar con nenos con problemas de comportamento. Tamén ensínanos que, tal como advírtenos a avoíña e como remata a historia, hai que coidarse dos “lobos malos”, porque algúns son malos de verdade e non teñen intención ningunha de cambiar. A súa temática non deixará indiferente a ninguén, os nenos/as quedarán sorprendidos con ese final alucinante pois non todos os contos, como a vida real, deben ter un final feliz.
Recursos
Pekeleke (2018). Descubre los mejores libros infantiles y cómics para niños. Recuperado de http://pekeleke.es/libros/buen-lobito-nadia-shireen/ a 10/04/2018. Reseña do libro.
Gracia, Eva. (2014). El buen lobito", un cuento infantil que favorece el autoconcepto del niño. Bebés y más. Recuperado de https://www.bebesymas.com/libros-infantiles/el-buen-lobito-un-cuento-infantil-que-favorece-el-autoconcepto-del-nino  a 10/04/2018. Reseña do libro.
Soñando cuentos (2013). El buen lobito. Blogspot. Recuperado de http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2013/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
P. Virginia (2014). Aula de Virginia. Proyecto cuéntame un cuento. Recuperado de http://auladevirginia.blogspot.com.es/2015/11/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro. Utilización dun proxecto onde unha vez o mes trabállase cun conto diferente, facendo cos alumnos/as un videoconto con cada un de eles.
Pintadera, Fran (2013). Franpintadera palabrarista. Blogspot. Recuperado de http://franpintadera.blogspot.com.es/2013/09/el-buen-lobito.html a 10/04/2018. Reseña do libro.
El aula de Janire (2015). Cuento para mejorar el comportamiento y reforzar la autoestima: el buen lobito. Aula compartida. Recuperado de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/06/11/cuento-para-mejorar-el-comportamiento-y-reforzar-la-autoestima-el-buen-lobito/ a 10/04/2018. Reseña do libro e proposta de actividades para traballar trala lectura do conto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario