Amosando publicacións coa etiqueta esforzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta esforzo. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de maio de 2018

Un gran soño

Ugalde, Felipe (2009). Un gran soño. Ilust. do autor, trad. Manuela Rodríguez, Vigo: Kalandraka. [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-655-6 ).

Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado, de forma rectangular (27x21) en lingua galega.
A cuberta e a contracuberta son de tapa dura con encadernación de cartoné.

Na cuberta e a contracuberta aparece o universo cos planetas e as estrelas con tons azulados. O título aparece en letras maiúsculas e de cor branca para que predominen no fondo, coas mesmas características pero cun tamaño máis pequeno aparece por debaixo do título o nome do autor e na esquina inferior dereita a editorial.
En case todo o libro o fondo é de cores azuis e verdes, os debuxos de cada páxina son claros e vivos para destacar. As ilustracións son continuas, grandes, a toda páxina e moi vistosas. A estrutura do albúm organízase a través de oracións breves e claras.
A historia narra a vida dun crocodilo, é a única persoaxe que aparece no libro. Tiña un gran soño, quere trascender. El quería que ese soño chegase a cumprirse.

Potencialidades: este libro axúdanos a viaxar a un mundo máxico e de astronomía a través do tempo e do espazo. A figura do cocodrilo é unha metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida.
Tamén nos mostra que se tes un soño e queres conseguilo, tes que esforzarte, concenciarte e ter a convicción para logralo.

Con este albúm ilustrado podemos adentrarnos no mundo do universo e podemos falarlles aos nenos de todos os planetas, estrelas, galaxias e constelación que hai no universo, e inclusive nalgúns casos podemos ver a simple vista mirando a ceo.

luns, 5 de marzo de 2018

Garavanciño

González, Olalla (2008). Garavanciño. Ilust. Marc Taeger. Pontevedra: Kalandraka, col. Os contos do trasno, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-682-2).


Breve descrición do formato e contido da obra: Garavanciño é un conto tradicional adaptado nun álbum ilustrado cun tamaño estándar e é manexable para os nenos e nenas. É de tapa dura e na cuberta pódese ver a Garavanciño. Neste conto encontramos ilustracións en todas as páxinas que mostran o máis importante en canto ao tema tratado. O conto ten un narrador que conta todo o que vai sucedendo ao longo da historia. A linguaxe empregada é sinxela cun vocabulario simple que os nenos e nenas poden entender á perfección. Os debuxos imitan o estilo  dos nenos e nenas, o que vai facer que chame máis a súa atención. En canto á idade recomendada, é para nenos e nenas de 5 anos en diante.
O o álbum achéganos a  a historia de Garavanciño, un neno moi pequeniño. Un día, á nai de Garavanciño faltáballe azafrán e el ofreceuse a ir compralo. Nun principio a súa nai non quería que fora, pero finalmente foi capaz de convencela e foi á tenda a compralo. Logo foi levarlle o almorzo ao seu pai e comezou a chover moi forte e Garavanciño tapouse debaixo dunha col, pero un boi que pasaba por alí comeuna, engulindo con ela  tamén a Garavanciño que berraba dende dentro das tripas do boi ata que o escoitaron, o axudaron a saír e Garavanciño foi para casa cos seus pais.
Potencialidades: este é un bo conto para ler aos nenos e nenas porque a súa ensinanza principal é a de que Garavanciño, aínda sendo tan pequeniño é capaz de enfrontarse con firmeza e confianza aos problemas que lle xorden. Grazas a isto, os nenos e nenas entenderán que ante unha dificultade non teñen que asustarse nin ter medo, senón que deben actuar con ánimo ante ela. A valentía é outro valor que se ve reflectido, xa que Garavanciño demostra que é valente porque quere facer os recados a pesar das advertencias que lle fai súa nai. Por outro lado, este conto tamén mostra a desobediencia de Garavanciño cando a súa nai lle aconsella que  quede na casa. Os nenos teñen que ver que non poden desobedecer aos seus pais e que se o fan pode ter consecuencias.
Recursos en liña:
Estévez, M (2013). Garavanciño [vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=6m7TUj0VT8k (Consultado o 22/02/2018). Vídeo do álbum lido por un neno.