Amosando publicacións coa etiqueta #Valores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Valores. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de abril de 2018

Mi abuelo



Altés, Marta (2012). Mi abuelo. Ilust. Da autora. Madrid: Macmillan Iberia, [ 25pp.]. (ISBN: 978-84-1542-697-4).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura. Na cuberta observamos o título na parte superior, unha imaxe de dous osos, un maior, que polo título imaxinamos que é o avó, e outro máis pequeno coloreado cunha cor máis rechamante, que sería o neto. Ademais observamos tres paxaros voando sobre eles. Abaixo de todo está o nome da autora. Todo isto atópase baixo un fondo branco. En canto á contracuberta, podemos observar un pequeno texto que se encontra dentro da propia lectura e moitos paxariños de dúas cores voando, a maioría están pintados coa mesma cor que o avó, e moi poucos están en vermello, igual que o neto, dado que son máis pequeniños; son como unha pequena representación deles. Cada dúas páxinas atopámonos cunha frase sinxela sobre un fondo branco.
En canto ás ilustracións, están feitas pola propia autora do libro, todas as páxinas teñen un fondo branco, nas que aparecen o avó e o neto. A autora sempre xoga coas mesmas cores, beige e vermella.
Potencialidades: este álbum reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno. É especialmente recomendable para os nenos que están pasando pola difícil situación de ter un avó que comeza a perder a memoria e a non recoñecer ás persoas, xa que axúdaos a entender o que ocorre e asimilalo mellor. Pode servir para abordar unha temática tan complicada para toda a familia como a demencia senil ou o alzheimer. Deixando a un lado esta enfermidade, este conto tamén reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno.
Recursos:
Conto relacionado coa temática citada anteriormente: “Mi abuela tiene alz… ¿Qué?” https://www.youtube.com/watch?v=UxjS-riStcY  (consultado el 5 de abril de 2018).


domingo, 22 de abril de 2018

Un día de neve




Jack, Ezra (2013). Un día de neve. Ilustr. Ezra Jack Keats, trad. Rafa Salgueiro. Madrid: Lata de Sal, col. Vintage, [36pp.]. (ISBN: 978-84-940584-7-9)

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 36 páxinas e tapas duras dun tamaño de 28x25 cm sen cantos redondeados. Na cuberta aparece a sombra dun neno de cor que vai deixando a súa pisada sobre a neve. Na parte dereita deixase ver a imaxe dun semáforo que fai referencia a rúa pola que vai camiñando o rapaz, e na esquerda encóntrase unha marca que indica o 50 aniversario da súa publicación, que foi cando se editou por primera vez en España. Na contracuberta vai seguindo a imaxe do chan coas pisadas da neve. Tanto a cuberta como a contracuberta están debuxadas en cores chamativas que captan así a atención do lector. No interior do conto vaise narrando a historia e ao lado van aparecendo as imaxes en forma de collage, que describen o que o autor está a contar. 
O libro conta a historia de Peter, un neno de cor que unha mañá de inverno espertou e viu por primeira vez todo nevado. Había tanta neve que apenas se deixaba ver a rúa. O neno pasou todo o día xogando, fixo un boneco, anxos, escalou unha enorme montaña de neve e escorregou por ela abaixo. Antes de ir para a casa recolleu un puñado de neve e fixo unha pelota pequena con ela para gardala no peto. Pero cando foi para a cama, buscou no peto e a bola de neve xa non estaba, polo que Peter púxose moi triste. Esa mesma noite soñou que o sol xa derretera toda a neve, pero cando se levantou deuse conta de que só fora un soño xa que aínda había moita e incluso seguía nevando. Nada máis almorzar chamou a un dos seus amigos e saíron os dous a xogar outro día máis coa neve.

Potencialidades educativas: a obra está recomendada para nenos e nenas maiores de 4 anos. Con ela pódese traballar o coñecemento do mundo que nos rodea así como o descubrimento dun mesmo, xa que como se pode observar, Peter ao ver por primeira vez na súa vida a neve ten a necesidade de explorar e coñecer o que ata ese momento para el era descoñecido. Ademais pódese traballar tamén as diferentes emocións e sensacións, xa que neste conto vemos como o protagonista pasa dende a sorpresa de ver a neve, a alegría de estar xogando con ela ou a tristeza cando pensa que esta xa se derretiu. Así pois, este conto plasma os sentimentos que pode ter un neno ante o descubrimento de sucesos que para el son novidosos. Outro aspecto moi importante que se podería  traballar con este conto sería o multiculturalismo xa que este é o primeiro libro da literatura infantil protagonizado por un neno de cor negra. Este álbum está dispoñible en dous idiomas, en inglés (versión orixinal) e en galego.

Recursos en liña:



luns, 12 de marzo de 2018

O patiño feo


Rodríguez, Manuela (adapt.) (1999). O Patiño Feo. Ilustr. Ana Sande. Pontevedra: Kalandraka (2005), col. Os contos do Trasno (40pp). (ISBN: 84-8464- 525-8).

Breve descrición do formato e contido da obra: Adaptación de Manuela Rodríguez a partir do conto orixinal de H. C. Andersen, convertido nunha obra universal. O álbum presenta un formato cuadrangular, de tapa dura (22 cm x 22 cm) e con ilustracións feitas a lapis e coloreadas. A obra está recomendada para o lectorado de a partir de 4 anos. Os protagonistas son animais de formas redondeadas que transmiten dozura nunha gama de colores axustadas á realidade. O que máis resalta é que a ilustradora xoga cos puntos de vista, xa que unhas veces é o lector o que ten a perspectiva completa da acción, pero noutras amósanos a acción dende os ollos do patiño, o que axuda a entender como se pode sentir. Utiliza imaxes a dobre páxina que recrean o texto e axudan a seguir a historia. O material que utiliza a ilustradora é cera frotada, con diferentes tonalidades de fondo, por exemplo, cando o patiño está cerca do auga o fondo é azul, cando está en terra é marrón; e cando é inverno o fondo é branco.

Dende o punto de vista do contido, cóntase a historia dun patiño que nace nunha granxa en verán e  a súa familia expúlsao por ser diferente a eles. Despois disto vivirá una serie de aventuras nas que terá dificultades , pasará o outono, o inverno e na primavera darase conta de porqué o rexeitaron os demais animais

Potencialidades: nesta obra recréanse valores como a humildade, as diferentes familias ou a tolerancia, pero o valor máis presente durante toda a obra é a importancia de non xulgar a ninguén pola súa apariencia. Ademáis pódese utilizar para acercar ao alumnado os animais de granxa e a temática relacionada co mundo rural.