luns, 12 de marzo de 2018

O patiño feo


Rodríguez, Manuela (adapt.) (1999). O Patiño Feo. Ilustr. Ana Sande. Pontevedra: Kalandraka (2005), col. Os contos do Trasno (40pp). (ISBN: 84-8464- 525-8).

Breve descrición do formato e contido da obra: Adaptación de Manuela Rodríguez a partir do conto orixinal de H. C. Andersen, convertido nunha obra universal. O álbum presenta un formato cuadrangular, de tapa dura (22 cm x 22 cm) e con ilustracións feitas a lapis e coloreadas. A obra está recomendada para o lectorado de a partir de 4 anos. Os protagonistas son animais de formas redondeadas que transmiten dozura nunha gama de colores axustadas á realidade. O que máis resalta é que a ilustradora xoga cos puntos de vista, xa que unhas veces é o lector o que ten a perspectiva completa da acción, pero noutras amósanos a acción dende os ollos do patiño, o que axuda a entender como se pode sentir. Utiliza imaxes a dobre páxina que recrean o texto e axudan a seguir a historia. O material que utiliza a ilustradora é cera frotada, con diferentes tonalidades de fondo, por exemplo, cando o patiño está cerca do auga o fondo é azul, cando está en terra é marrón; e cando é inverno o fondo é branco.

Dende o punto de vista do contido, cóntase a historia dun patiño que nace nunha granxa en verán e  a súa familia expúlsao por ser diferente a eles. Despois disto vivirá una serie de aventuras nas que terá dificultades , pasará o outono, o inverno e na primavera darase conta de porqué o rexeitaron os demais animais

Potencialidades: nesta obra recréanse valores como a humildade, as diferentes familias ou a tolerancia, pero o valor máis presente durante toda a obra é a importancia de non xulgar a ninguén pola súa apariencia. Ademáis pódese utilizar para acercar ao alumnado os animais de granxa e a temática relacionada co mundo rural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario