Días Reguera, Raquel (2010). ¿Hay algo más aburrido
que ser una princesa rosa?. Ilust. Da autora. Barcelona: Thule, col.
Trampantojo, [ Idade +5 anos], [40 pp.]. (ISBN:978-84-9259-558-7 ).
Breve descrición do formato e contido:Este conto é un álbum
ilustrado dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos.
Cuberta e contracuberta son de tapa dura, forman unha única imaxe na que se
presenta coma un salón no que a protagonista está sentada nun sillón con
aspecto triste e únicamente entra un raio de luz, preséntase una gaiola na que
está metida a lúa semellando os estereotipos. Son de, destacar os cromatismos
de cores das ilustracións, nas que predominan os tons rosados. No centro
superior da cuberta aparece o título do libro para a continuación á dereita
mostrar o nome da autora e ilustradora do conto, no centro inferior desta está
a imaxe da protagonista e ao fondo á dereita o nome da editorial. As gardas do
comezo e do final presentan trazos horizontais en diferentes tons rosados.
Ao longo do conto pódese apreciar que as ilustracións, de estilo pictórico
figurativo, están a dobre páxina formando así unha imaxe completa, nestas en
moitas ocasión aparecen en primeiro plano e dun tamaño máis grande do normal
elementos que buscan cobrar maior protagonismo (obxectos, persoas…). O texto é
breve e habitualmente está situado nun dos laterais .
Carlota é unha princesa a que lle gustaría cazar dragóns, montar en
globo...é esta disposta a facer tambalear o reino para conseguir ser quen quere
ser. A súa solución é moi sinxela: a xente ten que entender que hai nenas
que en lugar de ser princesas rosas, prefiren calquera dos millóns de cores que
hai no mundo.
Potencialidades: É un conto sinxelo que nos serve para
traballar con nenos e nenas pequenos, para que poidan aprender a aceptarse a si
mesmos tal e como son.
Este álbum pódenos axudar como mestres para traballar a diversidade na
aula, ensinando aos nenos a aceptar aos demais e a respectar as diferenzas que
teñen entre eles.
Coa axuda deste conto buscamos que os nenos/as adquiran un pensamento
crítico e que así sexan capaces de loitar contra os estereotipos sexistas e a
discriminación de sexos que hoxe en día está tan presente nesta sociedade.
Buscando así cambiar a mentalidade desta pouco a pouco construíndo un mundo
coeducativo.
Recursos:
- Dramatización do conto realizada polo cole Zorrilla https://www.youtube.com/watch?v=ApusnK_xvxg Data de consulta 8 de Marzo de 2018.
- Videoconto do CEIP EL ENEBRAL “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” https://www.youtube.com/watch?v=tLQYQhiMI4A Data de consulta 8 de Marzo de 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario