luns, 12 de marzo de 2018

arturo y clementina






Turín, Adela (2012). Arturo y Clementina. Ilust. Nella Bosnia. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar,  [ idade 4-5 anos ], [ 40 pp], (ISBN:978-84-8464-789-8). Tradu. G. Tolentino.

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado en cuxa cuberta están representados ambos os protagonistas, que son dous sapoconchos. O  estilo é pictórico figurativo e a posición central dos personaxes reclama a atención do lectorado, que pode adiviñar unha relación entra ambos. A cuberta e a contracuberta de tapa dura forman unha única imaxe que é un campo. Na cuberta do conto atopamos, na parte superior o título despois centrada unha imaxe dos protagonistas mirando un cara o outro, Arturo sitúase na parte esquerda da cuberta e debaixo desta está o nome da autora e á dereita sitúase Clementina debaixo desta imaxe pódese apreciar o nome da ilustradora, ao fondo da cuberta tamén atopamos a editorial. Na contracuberta faise referencia á importancia que teñen estes libros para traballar a coeducación e a igualdade.
Ao londo das corenta páxinas atopamos ilustracións e texto, as ilustracións de estilo pictórico figurativo a dobre páxina, configuran unha imaxe completa sempre en primeiro plano. En moitas das ilustracións do principio do conto pódese apreciar como Clementina aparece con expresión triste, pero ao final o seu rostro reflicte felicidade.
Clementina é unha tartaruga que vivía co seu esposo Arturo. Estes tiñan asignados uns roles que non favorecían a Clementina xa que se sentía inútil. Ata que un día se cansou do trato que recibía por parte de Arturo e decidiu marchar e ser libre.

Potencialidades: É un conto sinxelo dirixido a nenos e nenas maiores de 4-5 anos onde as principais temáticas son as relacións humanas, a coeducación, a igualdade e a liberdade para loitar e eliminar certos estereotipos sexistas que perviven na sociedade actual.
Ao longo do conto reivindícase o rol feminino na sociedade, combatendo os estereotipos sexistas e denunciando a discriminación da muller.
É un bo recurso para educar aos máis pequenos nunha sociedade de igualdade onde a muller e o home xoguen o mesmo papel e así poder cambiar o pensamento e os estereotipos que a día de hoxe seguen convivindo na nosa sociedade.

Recursos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario