Amosando publicacións coa etiqueta Sentimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sentimentos. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de maio de 2018

Bágoas debaixo da cama




Meilán, Ana (2016). Bágoas debaixo da cama. Ilust. Mayo, Marta. Lugo: Ana Meilán, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-617-9969-5).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas dimensións de 23 x 25 cm. Na cuberta podemos observar o título da obra con letras grandes entre as que destaca a palabra “Bágoas” polo que xa se anticipa cal será o elemento principal da historia que se contará no interior do libro. No fondo podemos ver ao protagonista cun boneco e un pano cheo de bágoas e a claridade que deixa pasar a porta aberta do cuarto do protagonista. Nunha esquiniña está un anaco da cama do protagonista e debaixo desta o bote de lágrimas que será outro dos elementos principais da historia. Na contracuberta vemos a Simón, o protagonista, de costas camiñando cara ao mundo que o espera fóra daquelas catro paredes. Ademais, podemos apreciar como os botes nos que gardaba as bágoas esta vez están abertos. Na contracuberta tamén podemos ler a seguinte frase: “Que ocorrería se o mundo quedase sen bágoas?”. Nas gardas iniciais tan só vemos un bote ao que aínda non se lle ve a etiqueta, esta revélasenos ao longo do conto e nas gardas finais onde o bote para as “bágoas de chorón” está aberto espallando as bágoas. Na portada podemos ver a Simón recollendo as bágoas do seu boneco. Existen algunhas imaxes a dobre páxina pero a maioría non o son. As ilustracións son moi atractivas debido ás cores intensas que se utilizan e ao perfil en cor negra que lles da profundidade aos personaxes. Nesta obra cóntasenos a historia de Simón, un neno que choraba moito e ao que todos lle dicían “Simón, es un chorón!” e a Simón non lle gustaba que lle dixeran iso. Ata que canso de que todos lle dixesen o mesmo decidiu non volver a chorar diante da xente e gardar todas as súas bágoas, e as dos demais, en botes etiquetados. Cando deixou de chorar por todo, seu pai díxolle que era “un home feito e dereito” e Simón pensou que os homes non choraban, ata que se deu conta de que todas as persoas choran, incluso seu pai. Pasado un tempo Simón chegou á conclusión de que sen bágoas a xente non se entende e que hai bágoas de moitos tipos.

Potencialidades educativas: esta obra é moi adecuada para traballar as emocións e os sentimentos en Educación Infantil e a calquera idade. Ademais, sérvenos para traballar a necesidade de transmitir o que sentimos porque nos axuda a que nos entendan e a comprender o que lle ocorre aos demais. Ás veces, reprimimos as emocións por temor das mofas dos compañeiros ou dos adultos. No conto Simón vese obrigado a cambiar para gustar aos demais ata que comprende a importancia de mostrar as emocións para saber o que sente o outro e poder axudalo cando o precisa, grazas a isto tamén se desenvolve nos nenos a solidariedade e a empatía. Ademais é un libro que rompe cos estereotipos de xénero xa que se nos mostra a un home chorando e a unha muller fontaneira, traballo tradicionalmente asociado ao xénero masculino.

Recursos de interese:
- Cuentos en la nube (2018). Lectura do conto. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=08uPXq_cr1I (Consultado el 12/05/2018).
- Ana Meilán (2017). Descargables para traballar o conto con nenos. https://www.entrenubesycuentos.com/descargas/ (Consultado el 12/05/2018).

luns, 30 de abril de 2018

No hace falta la voz







Quintero, Armando (2013). No hace falta voz. Ilust. Marco Somá. Pontevedra: OQO Editora [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-470-8).

Descrición do formato e contido da obra: é un álbum ilustrado de forma cadrada e de tapa grosa e dura, o que permite unha mellor manipulación para os nenos e nenas. A obra conta cunha portada na que se encontran dúas xirafas, o que supoñemos que son nai e fillo/a, estes dándose un abrazo. Este comezo introdúcenos e danos unha idea do contido do conto: o amor, o cariño... O título da obra tamén fai que reflexionemos sobre ela, “no hace falta la voz”. Este, amosa que non fai falta a voz nin as palabras para mostrar e dar cariño, amor, tenrura. Ademais diso, a xirafa mostra o seu longo pescozo mirando cara á esquerda, incitándonos desta maneira a entrar no libro e descubrir o que ocorre. as ilustracións son relevantes na obra, posto que se complementan co texto. É moito máis doado para un neno ou nena de descubrir o que acontece mediante as imaxes. Grazas a elas, espertamos o seu interese. No relato da obra, hai moitos elementos simbólicos, como pode ser, neste caso, a representación do movemento, como na imaxe que se presenta de seguido:


Todos os animais teñen diferentes sons para chamarse e decirse que se queren, menos as xirafas, pero estas, non necesitan sons para expresar os seus sentimentos, e iso é o que lle ensinan ao resto de seres.


Potencialidades educativas: con esta obra podemos traballar diferentes temáticas co noso alumando: os animais, a familia e as emocións, destacando esta última como o tema principal do conto. Os xestos, as miradas, as caricias e os abrazos son esenciais para empatizar co que nos rodea, en maior medida, nas primeiras idades para a formación da personalidade do alumno/a. En xeral, un xesto é suficiente para que nos sintamos queridos e seguros, cheos de felicidade en tan só un instante.

Recursos de interese:
 Blog “La clase de Laura”. Unha profesora de Educación Infantil do colexio San Roque de María (Huerva) preséntanos esta obra: http://la-clase-de-laura.blogspot.com.es/2014/05/no-hace-falta-la-voz.html publicado o día 22-05-2014 (visto o 17-04-2018).
·         Unha rapaza conta a obra, dedicándolla a súa nai (o día da nai): https://www.youtube.com/watch?v=Neo0o5hS6C4 publicado por Cuentos para Soñar o 7-05-2017 (visto o 17-04-2018).
·         Video no que se conta a historia: https://www.youtube.com/watch?v=qhLG_OSOgu8 publicado por euroresidentes TV o 8-08-2017 (visto o 17-04-2018).



martes, 24 de abril de 2018

Perdido?

Jeffers, Oliver (2009). Perdido? Ilust. do autor. Trad. Laura Saéz, Mónica Pazos, Saleta Fernández. Vigo: Patasdepeixe, [30 pp.] (ISBN: 978-84-936842-1-1).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e de pequenas dimensións (27 x 27cm) que permite que tanto os maiores como os máis pequenos e pequenas, o poidan manexar con facilidade. Na cuberta móstrasenos ao neno e ao pingüín, os protagonistas da historia, que están sobre unha “barca”, que é un paraugas, no Polo Sur. Esta parte desvélanos parte da trama, xa que é unha maneira de introducirnos nas futuras aventuras que leremos e de captar a nosa atención. Se nos centramos na contracuberta, o fondo é o mesmo, deixándonos observar un pouco máis do entorno no que se desenvolve a historia.
As ilustracións do álbum complementan moi ben o que se explica no texto, que a súa vez, é sinxelo e fácil de comprender. Teñen moitos detalles e, as veces, estas imaxes ocupan toda unha páxina ou parte dela. Intégranse moi ben no fondo das mesmas e axúdannos a aventurarnos mellor no que se nos conta, xa que é un elemento indispensable na lectura.
Este álbum cóntanos a historia dun neno que un día se atopa cun pingüín diante da súa casa. A partir deste momento, decide axudalo porque o neno pensa que está perdido e que por iso está triste. Decide preguntarlle aos demais por si saben a procedencia do seu novo amigo, pero ao non recibir ningunha información sobre o fogar do pingüín,  finalmente descobre que estes curiosos animais veñen do Polo Sur. É nese momento cando se embarcan nunha aventura para levalo a casa, pero o que o neno non sabe é que o pingüín non está triste por estar perdido, senón que está así por estar só, polo que a compañía que lle fai o neno é indispensable para o animal.

Potencialidades: este conto móstranos moi ben a importancia que ten a amizade nas nosas vida, como podemos atopar novos amigos cando menos o creemos, a relevancia de coidar ben unha amizade e de ser capaces de entender mellor o que nos queren dicir, ou os sentimentos que os demais queren amosar. É unha moi boa ferramenta para empregar cos nenos e cas nenas para ensinarlles estes aspectos a vez que se conta unha historia moi curiosa e entretida. Tamén o podemos utilizar para desenvolver a empatía e darlles a entender aos máis cativos e cativas que hai que loitar polo que queremos (como nos mostra o neno cando axuda o seu compañeiro) e a importancia de estar do lado dos que queremos (como nos ensina o pingüín ao non separarse do neno).

Recursos de interese:

luns, 16 de abril de 2018

Esperando a Timoun

Casterman, Geneviève (2011). Esperando a Timoun. Ilustr. Geneviève Casterman. Trad. Alicia Capel Tatfer. Barcelona: Flamboyant, [64 pp.]. (ISBN: 978-84-938602-2-6).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura e follas de cartolina, cunhas dimensións 20,9 x 26,4 cm . Na cuberta, aparece o título ao lado dereito e a imaxe ao lado esquerdo: representa a unha cocodrila cunhas maletas mirando cara o mar a través dunha porta, que por o título déixanos entrever que vai a ser nai, mostrando un rostro de tristeza e de espera cuns prismáticos na man; leva posto un vestido e aparece outro colgado ao seu carón; nunha das maletas podemos ver a un topo identificado como o pai de Timoun (neno); un mapamundi que nos orienta ao neno, podendo vir de calquera sitio, e un calendario ao cal lle van pasando os días para a chegada de Timoun. Na contracuberta mostrase unha breve explicación da obra e a nai, co vestido que aparece colgado na cuberta, tendo ao bebe no berce. Na garda do principio, vese o mar e un barco ao lonxe a man esquerda e na garda do final, vese o mesmo barco pero desta vez a man dereita, como regreso despois de deixar a Timoun.
Na portada vemos outra vez o título da obra e as dúas maletas co topo mirando cara a fronte. As cores que se utilizan ao longo de toda a historia son moi cálidas. As ilustracións son sinxelas e moi representativas sendo unha mesma imaxe a representada. Estas van acompañadas dun texto breve que encadra a perfección coas imaxes, dando máis información visual ao lector. Hai páxinas que non teñen texto, so imaxe e outras que teñen nun lado imaxe e na outra o texto.
A obra xira entorno a unha parella: cocodrila e topo, a espera de Timoun que significa “neno” en criollo. Os dous animais esperan un largo tempo, pasando por diferentes estacións do ano, a adopción de Timoun. Durante a espera a cocodrila sentiuse con medo e con dubidas xa que nunca daba chegado o neno a súa vida, ata que un día chegou a hora de viaxar. Ao regreso, a nai viña co seu fillo sendo recibidos por todos os animas do pobo.

Potencialidades educativas: con este libro pódese traballar as diferentes maneiras que teñen de chegar os nenos/as ao mundo e se temos crianzas adoptadas na aula será unha boa ferramenta. Falarlle tamén da espera, de saber esperar cando se desexa algo con moitas ganas. Ensinarlle co libro as estacións do ano representadas e canto tempo pode pasar entre unha e outra.

Recursos de interese:
Xisca Bestard (2012). Esperando a Timoun. En Actividade infantiles en la Central de Raval http://barcelones.com/cultura/actividades-infantiles-en-la-central-del-raval/2012/03/ (consultado 28/03/2018)

luns, 2 de abril de 2018

Tú y yo. El cuento más bonito del mundo.



Roca, Elisenda (2015), Tú y yo. El cuento más bonito del mundo. Ilust. Raúl Nieto Guridi. Tradc. Bravo de La Varga. Barcelona: Cómbel, col. S/E. [39pp.], (IBS:978-84-9101-038-8).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado, de forma rectangular (29,5x23,5cm) e de pouco volume. Consta dunha cuberta e  contracuberta de tapa grosa.
Na cuberta móstrasenos o debuxo dun neno formando parte dunha das palabras do título “yo” que aparece sinalando a un círculo onde está escrito “tú”. Isto indícanos que aínda que o título o formen máis palabras estas son as máis importantes e por iso teñen un maior tamaño da letra para chamar a atención. Na contracuberta preséntase un texto no que se  dá unha explicación ao redor do subtítulo  deste conto, ademias da imaxe dun berce e as palabras “yo” e “tú” tachadas e  reescritas como “Tú y yo” dando a entender que o protagonista (Yo) xa é o irmán maior. As gardas conteñen os debuxos dunha chea de marcos de fotografías baleiros.
As páxinas do interior son grosas e de textura suave. As imaxes son simples, mesmo algunhas parecen debuxadas por nenos e nenas e con contraste de cores. O texto é de carácter poético con versos curtos e sinxelos.
O protagonista, o irmán maior, é o narrador da historia e dirixese ao pequeno contándolle dunha forma moi alegre desde que recibe a noticia da súa chegada ata o momento no que o bebé é o centro de atención e el, a consecuencia disto, sente tristeza e angustia. Pero o seu papá explícalle e axúdalle a sentirse mellor.

Potencialidades educativas: é un álbum perfecto para descubrir que ter irmáns pequenos pode chegar a ser moi divertido. No que se describen con tenrura e humor as dúbidas, sentimentos e emoción da chegada dun bebé a casa, axudando aos irmáns maiores a descifrar que é o que senten e o bo que é expresárllelo aos seus pais… Ademais, nas gardas aparecen imaxes de marcos de cadros baleiros, onde os nenos e nenas poden debuxar a toda a súa familia incluíndo o rostro do futuro bebé deixando voar a súa imaxinación.


venres, 23 de marzo de 2018

El monstruo de colores




Llenas, Anna (2014). El monstruo de colores. Ilust. de la autora. Barcelona: Flamboyant, [21 pp.]. (ISBN.978-84-941578-2-0)

Breve descripción del formato y contenido de la obra: álbum ilustrado interactivo, en edición pop-up con encuadernación en cartoné y unas dimensiones de 27 x 23,5 cm. Esta obra cuenta la historia de un monstruo que se ha hecho un lío con las emociones. Una niña trata de ayudarlo a entenderlas y clasificarlas. En la cubierta podemos observar al monstruo protagonista sintiendo algunas de las emociones que serán explicadas en el álbum. Además, esta está troquelada, simulando un marco de fotos de cartón creado por un niño, donde la “imagen” es el título.
Las páginas parecen resistentes y los distintos desplegables ayudan a los niños a comprender la emoción que se quiere transmitir. Se juega con las proporciones del monstruo, así como con sus expresiones faciales, además de utilizar el color y las características de diferentes técnicas artísticas para transmitir sensaciones. Las ilustraciones simulan estar coloreadas por niños. En toda la obra utilizan un estilo similar al collage, en el que se emplean diferentes materiales como soporte (papel de periódico, recortables, cartón…) así como distintas técnicas artísticas, predominando el uso de la cera. Cada página configura una imagen completa monocromática en la que se relaciona el color del protagonista con la emoción que siente. La niña que lo acompaña está dibujada en blanco y negro de forma que nuestra atención recaiga en el monstruo y en sus sentimientos.

Potencialidades: Considero que este álbum ilustrado es una forma magnífica de introducir a los niños en el conocimiento de las emociones. El uso de un monstruo, convencionalmente utilizado como figura de miedo en los cuentos, como un protagonista con las mismas inquietudes que los niños ayuda a estos a empatizar con él. En la obra se enseñan explícitamente cinco emociones: alegría, tristeza, rabia, miedo y calma. Al final, se deja implícito que existen muchas más, cuando el monstruo siente amor. Algo a tener en cuenta es que las emociones se explican de forma neutra, no hay emociones negativas. Se establecen metáforas entre cada emoción y los diferentes elementos de la naturaleza como el sol, la lluvia o el fuego, que ayudan de forma sencilla a comprender lo que se pretende explicar.
El formato pop-up de la obra ayuda a empatizar con el monstruo y a sentir las emociones indicadas. De esta forma la interacción es mucho más directa y los niños deberán manipular el libro para seguir la historia.
También se establece una relación entre las emociones y los colores con lo que se puede utilizar el álbum para enseñarlos de forma lúdica y divertida.
Al final, el monstruo consigue ordenar sus emociones en diferentes botes. Es importante que los niños aprendan cómo organizar y clasificar elementos. Por ello, creo que este álbum también puede ser utilizado para dotar a los más pequeños de técnicas sencillas para encontrar semejanzas y poner orden en el mundo que los rodea. 

Recursos de interés:
  • EI. Abelliñas (2016). El monstruo de los colores en LSE. Canción y lenguaje de signos. https://www.youtube.com/watch?v=WdmoADDCi4o (Consultado el 4/02/2018)
  • Feijoo, Henry (2016). Divertimusica: El monstruo de los colores. Canción adaptando el monstruo de colores.  https://www.youtube.com/watch?v=IieUUzZSXxU (Consultado el 4/02/2018)
  • Llenas, Anna (2012). El monstruo de colores, cuaderno para colorear. Ilust. de la autora. Barcelona: Flamboyant, (52 pp.). (ISBN. 978-84-939877-6-3)
  • Peque juguetes y sorpresas (2017). Cuento el monstruo de colores: Aprende las emociones. Adaptación animada del libro. https://www.youtube.com/watch?v=__NmMOkND8g  (Consultado el 4/02/2018)