Quintero,
Armando (2013). No hace falta voz.
Ilust. Marco Somá. Pontevedra: OQO Editora [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-470-8).
Descrición do formato e contido
da obra: é un álbum ilustrado
de forma cadrada e de tapa grosa e dura, o que permite unha mellor manipulación
para os nenos e nenas. A obra conta cunha portada na que se encontran dúas
xirafas, o que supoñemos que son nai e fillo/a, estes dándose un abrazo. Este
comezo introdúcenos e danos unha idea do contido do conto: o amor, o cariño...
O título da obra tamén fai que reflexionemos sobre ela, “no hace falta la voz”. Este, amosa que non fai falta a voz nin as
palabras para mostrar e dar cariño, amor, tenrura. Ademais diso, a xirafa
mostra o seu longo pescozo mirando cara á esquerda, incitándonos desta maneira
a entrar no libro e descubrir o que ocorre. as ilustracións son relevantes na
obra, posto que se complementan co texto. É moito máis doado para un neno ou
nena de descubrir o que acontece mediante as imaxes. Grazas a elas, espertamos
o seu interese. No relato da obra, hai moitos elementos simbólicos, como pode
ser, neste caso, a representación do movemento, como na imaxe que se presenta
de seguido:
Todos os animais teñen diferentes sons para chamarse e decirse que se
queren, menos as xirafas, pero estas, non necesitan sons para expresar os seus
sentimentos, e iso é o que lle ensinan ao resto de seres.
Potencialidades educativas: con esta obra podemos traballar diferentes temáticas co
noso alumando: os animais, a familia e as emocións, destacando esta última como
o tema principal do conto. Os xestos, as miradas, as caricias e os abrazos son
esenciais para empatizar co que nos rodea, en maior medida, nas primeiras
idades para a formación da personalidade do alumno/a. En xeral, un xesto é
suficiente para que nos sintamos queridos e seguros, cheos de felicidade en tan
só un instante.
Recursos
de interese:
Blog “La
clase de Laura”. Unha profesora de Educación Infantil do colexio San Roque
de María (Huerva) preséntanos esta obra: http://la-clase-de-laura.blogspot.com.es/2014/05/no-hace-falta-la-voz.html
publicado o día 22-05-2014 (visto o 17-04-2018).
·
Unha rapaza conta a obra, dedicándolla a
súa nai (o día da nai): https://www.youtube.com/watch?v=Neo0o5hS6C4
publicado por Cuentos para Soñar o 7-05-2017 (visto o 17-04-2018).
·
Video no que se conta a historia: https://www.youtube.com/watch?v=qhLG_OSOgu8
publicado por euroresidentes TV o 8-08-2017 (visto o 17-04-2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario