Altés, Marta (2012). Mi abuelo. Ilust. Da autora. Madrid: Macmillan Iberia, [ 25pp.]. (ISBN: 978-84-1542-697-4).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura. Na cuberta observamos o título na parte superior, unha imaxe de dous osos, un maior, que polo título imaxinamos que é o avó, e outro máis pequeno coloreado cunha cor máis rechamante, que sería o neto. Ademais observamos tres paxaros voando sobre eles. Abaixo de todo está o nome da autora. Todo isto atópase baixo un fondo branco. En canto á contracuberta, podemos observar un pequeno texto que se encontra dentro da propia lectura e moitos paxariños de dúas cores voando, a maioría están pintados coa mesma cor que o avó, e moi poucos están en vermello, igual que o neto, dado que son máis pequeniños; son como unha pequena representación deles. Cada dúas páxinas atopámonos cunha frase sinxela sobre un fondo branco.
En canto ás ilustracións, están feitas pola propia autora do libro, todas as páxinas teñen un fondo branco, nas que aparecen o avó e o neto. A autora sempre xoga coas mesmas cores, beige e vermella.
Potencialidades: este álbum reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno. É especialmente recomendable para os nenos que están pasando pola difícil situación de ter un avó que comeza a perder a memoria e a non recoñecer ás persoas, xa que axúdaos a entender o que ocorre e asimilalo mellor. Pode servir para abordar unha temática tan complicada para toda a familia como a demencia senil ou o alzheimer. Deixando a un lado esta enfermidade, este conto tamén reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno.
Recursos:
Conto relacionado coa temática citada anteriormente: “Mi abuela tiene alz… ¿Qué?” https://www.youtube.com/watch?v=UxjS-riStcY (consultado el 5 de abril de 2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario