luns, 30 de abril de 2018

MIRA DENTRO DE TU CUERPO
Boza, Kerry (2010), Mira dentro de tu cuerpo, ilust. MikiSakamoto,
trad. Alberto Jiménez, León: Everest, col. Mira dentro de tu cuerpo.
[16 pp.]. (ISBN-13: 978-8444145921)

Breve descrición do formato e contido da obra: Volume de tamaño
rectangular que consta dun puzzle de casi un metro de altura, de 17
pezas para construír o esqueleto humano. É un libro de partes abatibles,
pezas móbiles e ventás traslúcidas que xunto coas ilustracións axudan a
descubrir a marabillosa estrutura e funcionamento do corpo humano.
Todas as páxinas do libro téñen texto informativo acompañado da imaxe
correspondente e dous cadros de curiosidades. Son de cartoné facilitando
así o seu uso e evitando o deterioro. Na parte interior da cuberta vai adherida
unha caixa que contén o puzzle . Como anuncia  a cuberta é "un libro para
mirar dentro"; é atractivo, permite experimentar e descubrir coas pezas as
partes do esqueleto, ademais fóra da caixa que contén o puzzle hai unha imaxe
que orienta á hora de construílo. Para os que xa están iniciados na lectura cada
parte vai co nome correspondente. Dunha maneira lúdica presenta o esencial do
corpo humano e deixa que o alumnado se vaia descubrindo a través do xogo e
das diferentes texturas que ofrece a obra. As ilustracións das estruturas do
organismo son de gran tamaño.

Potencialidades educativas: Este libro é moi útil para os nenos xa que é así
como aprenden de forma diferente as partes do corpo, xogando e lendo.
Ademais, proporciona información adicional como por exemplo dos sentidos
e é moi atractivo polo feito de levar solapas, ventás. Pódese usar a modo de
diferentes xogos como adiviñar de que parte do corpo se trata sen mirar o nome.
O mais esencial é que ademais serve para ser usado por nenos e nenas de
diferentes idades.

Recursos didácticos de interese e estudos sobre a obra:
Un recurso de interese deste libro é un vídeo no que se mostra por un neno
o libro páxina por páxina e vai falando sobre os detalles que vai vendo e lendo:
https://youtu.be/nT7aQ07em-M

Ningún comentario:

Publicar un comentario