Hugues, Emily (2014). Salvaje. lust. do autor, trad. Regina López, Barcelona: Libros del Zorro Rojo, [ 34 pp. ] (ISBN: 978-987-1948-43-7).
Breve descrición e contido da obra: albúm ilustrado de tipo narrativo. Formato rectangular e tapa dura, cunhas medidas de 24x28 cm. A cuberta ten unha ilustración corida e chea de vida na que aparece a protagonista, unha nena co pelo de follas e flores do bosque; na parte superior vese o título “Salvaje” e ademias o nome da autora. A contracuberta segue unha continuidade cromática, nela aparece a imaxe dunha árbore nun bosque, ademais debaixo desta atópase unha frase como moralexa do conto. As gardas teñen motivos florais e froitos das árbores do bosque, lugar onde transcorre a maior parte da historia, polo que é un anticipo ó que nos vai contar. En canto as páxinas, mesturan texto moi breve de carácter descritivo con imaxes, predominando máis as segundas, estas aparecen tamén a dobre páxina. Atopamos páxinas que soamente teñen ilustración, é dicir, ausentes de texto, e outras nas que texto e imaxes aparecen xuntos. Cabe destacar que as ilustracións están relacionadas coa narración en si, pero non son imprescindibles para a comprensión da mesma, só o complementan.
O tema relatado neste libro é bastante común na literatura infantil, pódese observar en historias como en El libro de la selva de Rudyard Kipling. En canto ao contido, o libro relata a historia dunha nena que é abandonada nun bosque ao nacer e que se cría cos animais que alí viven.A nena relaciónase con eles, aprende con eles e é tratada como unha máis durante anos, ata que un día uns humanos a adoptan e a levan á cidade, pero todos se dan conta de que non pertence a ese lugar, a pequena non é feliz.
Potencialidades: Destinado para nenos a partir dos 3 anos. Con este libro podemos traballar conceptos básicos e cruciais nestas idades como a familia, o fogar, a educación… A visión que temos da familia, como punto de partida para coñecer o mundo, pode non ser a única forma de educación, xa que a nena aprende nun ambiente distinto e os animais transmítenlle moitos valores e ela é realmente feliz alí. Para ela son a súa familia, a pesar de ser especial e non estar catalogada como familia típica. A liberdade de poder elixir o que un quere é algo que debemos inculcar aos nosos futuros alumnos e alumnas ao igual que o respeto polas opinións persoais.
- Contacontos: https://www.youtube.com/watch?v=2KPK8rPzsEU (Consultado o 18/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario