Amosando publicacións coa etiqueta Album ilustrado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Album ilustrado. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de maio de 2018

Loboferoz


Patacrúa (2006), Loboferoz. Ilustr, José Manuel Gómez Prieto. OQO editora, col. colección O, [36 pp.] (ISBN: 978-8496573444).

Breve descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado de tapa dura composto por 36 páxinas. Na cuberta encontramos o personaxe principal que é un lobo, o titulo e o autor. A contracuberta é a continuación do fondo de cuberta de cor marrón. Este álbum é de cores serios como ou marrón e tons parecidos. As ilustracións son debuxos como se fosen feitos por nenos xeometricamente. A historia é do Loboferoz que é un lobo moi vago que solo comía sopas e arroz, un día viúse moi fraco e decidiu en converterse nun lobo feroz que intenta comer outros animais pero nunca o consegue, sempre lle pasa algo.

Potencialidades:
Con este álbum ilustrado podemos traballar os animais da granxa relacionados co lobo, neste caso o lobo non era como os demais, senón que era ruín e todos os animais librábanse del. Os argumentos son claros e repetitivos, con frases acumulativas e lingua sinxela. Tamén recrea con humor onde o dereito da vida e a harmonía imponse a maldade e brutalidade.

Recursos:
Loboferoz canción.
Este lobo anda un pouco debilitado acausa de comer só papas de arroz, así que non lle teñades medo e desfrutade do conto.
Esta historia tamén está disponible en álbum ilustrado na nosa web http://oqo.es

martes, 24 de abril de 2018

A Banda de Vilacendoi


Gayoso, Xulio (2006). A Banda de VILACENDOI. Ilust, Xulio Gayoso. Pontevedra: Kalandraka, col. MareMar, 48 pp. (ISBN: 978-84-8464-583-5).


Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado encadernado de tapa dura e grosa, de forma cadrada. A cuberta presenta un fondo granate que continúa na contracuberta e móstranos algunha pista do contido do conto: músicos tocando diferentes instrumentos e algún animal mesturado entre eles. O título, situado no centro dun gran bombo que se atopa na parte inferior do libro, mostra letras da mesma fonte. Xusto enriba do título, na parte superior do bombo, atópase o nome do autor e debaixo, na parte inferior do bombo, o nome da editorial. No interior, o texto está tanto nas páxinas pares como nas impares. Trátase dunha narración sobre a historia dun pobo e a súa banda de música. As ilustracións son de gran colorido e formas sinuosas, empregando tanto cores escuras como cores vivas. Predominan as imaxes da figura humana, animais e a paisaxe. O contido trata sobre un pobo chamado Vilacendoi, cheo de xente e de actividade, no que existía unha banda que envolvía cada recuncho desta pequena aldea, pero o despoboamento acabou co bulicio das noites e dos días de festa. As casas ficaron baleiras e todo comezou a esmorecer, xa que só quedaban as persoas máis maiores, que estaban tristes e cheas de nostalxia. Pero a chegada de novos veciños de diferente cultura e etnia colmaron, novamente, de futuro e esperanza esta pequena aldea tan especial.

Potencialidades: Vilacendoi non é un nome ficticio. Este pobo existe e está situado a poucos quilómetros de Lugo, a beira do río Miño. Esta pequen aldea está formada por un reducido grupo de casas campesiñas, típicas da comarca, nas que predomina a lousa como elemento construtivo. En moitas desas vivendas pode que aínda se garden os instrumentos da banda de música local, que tamén existiu. As xeracións actuais de adultos non chegaron a desfrutar dela, pero oíron falar aos anciáns da súa boa fama. O autor e ilustrador desta obra, que é de orixe lucense, considera “un milagre” que unha banda de música de dimensións e recursos limitados chegara a brillar naquel tempo, de aí a homenaxe que lle brinda con esta obra. Nela recorre aos seus recordos da infancia, aos ecos da voz de quen foron testemuñas de memorables noites de verbena daquela banda. O seu relato é unha especie de crónica rural, a medio camiño entre o verosímil e o inverosímil. A lectura desta historia permite descubrir elementos do estilo de vida no campo, a diversidade de animais domésticos, a beleza da paisaxe. Chega a describir incluso os seus tempo difíciles, nos que a despoboación e o envellecemento da poboación fan temer polo futuro de Vilacendoi. Esta situación é moi próxima a actualidade, xa que moitos pobos están desaparecendo por estes mesmos motivos. Pero, en Vilacendoi, eses temores disípanse coa chegada de xente nova, persoas de diferente cultura e etnia, uns novos habitantes que converten a Vilacendoi nun grato exemplo de integración social e racial. Desta maneira, con este conto podemos traballar cos nenos nas aulas cuestións relacionadas coa emigración e a inmigración e sobre a integración social e racial de todas as persoas e a súa aceptación, pois trátanse de temas moi presentes non nosos días; sobre a música, a variedade de instrumentos musicais e os seus sons correspondentes e os animais domésticos dos pobos como as vacas, porcos, galiñas, etc.

Recursos:
Patricia e Alberto , contacontos de Kalandraka, contan un anaquiño da historia creada por Xulio Gayoso e editada pola propia


luns, 23 de abril de 2018

Palabras/ Colores/ Números /Opuestos

“Palabras/ Colores/ Números /Opuestos”






E.S.S.A (2014). Palabras / Colores/ Números/ Opuestos. España: Libro Divo, col. Mi primer libro de aprendizaje, [12 pp.].

Breve descrición do formato e contido da obra: serie de catro álbums de carácter expositivo. Son de pequeno tamaño e  tapa dura, compostos por unha ducia de  páxinas, todas elas profundamente ilustradas. Empréganse  cores vivas, o que fai que chame a atención dos máis pequenos. O texto, composto por unha ou dúas palabras en cada páxina, aparece  sempre na parte superior dos contos,  escritos en castelán. As cubertas  son grosas e dunha textura moi suave, efecto do tecido plastificado. Cada un dos volumes presenta na cuberta o título, acompañado dunha imaxe alusiva á temática e o  nome da colección á que pertencen. Na contracuberta aparece o título dos contos en grande na parte superior, debaixo un breve resumo  e a que idade van dirixidos. Na parte inferior da contracuberta atopamos todos os datos da referencia dos libros como o ISBN, a colección, o ano no que foron publicados, ademais do lugar e a editorial. Por último no lombo dos contos aparece o título e a editorial,  ademais dun pequeno debuxo igual ao da cuberta. Son catro volumes  dirixidos a nenos/as dunha idade comprendida entre 0 e 1 ano que promoven o recoñecemento de conceptos como  cores, números, contrarios e palabras, apoiándose na representación visual e a palabra correspondente.

Potencialidades:  con estes álbums expositivos pódese traballar  a coeducación xa que emprega cores neutras para os obxectos, sen facer distinción de xénero en ningún deles. . Cada volume céntrase na temática que se anuncia no título, propiciando o contacto da nenez con elementos básicos que reforzan a aprendizaxe. Ademais as cores brillantes e sólidas que conforman cada páxina serven para atraer a atención dos máis pequenos, convidándoos a manipular o libro, dun tamaño moi acaído para as súas pequenas mans.

domingo, 22 de abril de 2018

O meu avó Carmelo


Torrent, Dani (2011). O meu avó Carmelo. Ilustr. do autor, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka, [25 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-7676).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado literario de carácter narrativo que nos conta unha historia que forma parte da vida cotiá como é a perda dun avó. As tapas deste libro son duras, polo que está encadernado en cartoné. O seu tamaño é de 22x30 cm. Na cuberta vemos aos protagonistas cunha vasoira na man observando como emigra unha anduriña e os bordes do libro, da metade para arriba teñen raias azuis e vermellas, que simulan unha carta. No contido do libro, o texto é sinxelo e a historia está narrada polo neno. O texto ten sempre apoio visual a través das ilustracións, que son a toda páxina e en tons pasteis. Cabe destacar que nalgunha páxinas hai elemento do correo postal: anacos de cartas, selos, formas dun sobre… que están incorporadas nas propias ilustración. Cando o neno narra que o seu avó xa non está, faino a través dunha metáfora dicindo que se evaporara coma os charcos no verán e que cando chove é porque o seu avó quere regar as plantas.  un neno que pasaba todos os días no xardín co seu avó Carmelo. O seu avó contáballe historias, os lugares a onde ían as anduriñas ao acabar no verán. Os días de choiva quedaban na casa observando como chovía e ás anduriñas. Cando paraba de chover, collía as vasoiras e facían debuxos no chan coa auga dos charcos (anduriñas, peixes) pero co sol desaparecían. Agora o seu avó xa non está e é o neno quen rega as plantas porque o avó Carmelo xa non está, evaporouse coma os charcos no verán. A partir da morte do seu avó, os días de choiva, o neno xa non sae a regar as plantas porque xa as rega o seu avó dende o ceo.

Potencialidades educativas: serve para axudarlle aos nenos/as a encaixar mellor a perda dun ser querido, como son os avós. Tamén serve para que os nenos pensen no felices que foron cando estaban cos seus avós e que tamén saiban encaixar a súa ausencia dun bo xeito, igual que o protagonista, que fai uso da metáfora de que se evaporou coma os charcos no verán e que os días de choiva é o avó quen rega as plantas. Co uso desa metáfora, podemos aprobeitar para explicarlle aos nenos o que é unha metáfora, así coma o concepto de evaporación.
Por outro lado, como no libro se fai referencia ás anduriñas, podemos aprobeitar e explicarlle aos nenos que son, se non as coñecen e explicarlles que emigran a lugares máis cálidos ao rematar o verán.

martes, 17 de abril de 2018

Cada familia a su aire



Boutignon, Beatriz (2016). Cada familia a su aire, col. Corazonadas, Editorial: hotel papel ediciones. [44 pp] (ISBN:978-84-9443-820-2).

Breve descripción del formato y contenido:
Cada familia a su aire es un álbum ilustrado de tapa dura .En la cubierta aparecen los personajes protagonistas del cuento. No tiene gardas y las páginas están cosidas. Las ilustraciones son de colores cálidos , crean un ambiente familiar y cercano.
El texto siempre se sitúa en ambas páginas y las ilustraciones también. El texto es descriptivo de las imágenes , pero necesitamos los dos elementos para que tenga sentido completo, pues sin uno de los dos la historia perdería sentido y datos importantes. La historia trata sobre cada familia distinta, a su aire, donde lo importante es que todos y todas tengamos personas que nos cuiden, nos enseñen y nos hagan sentir seguras y felices. ¿Quién o quiénes son las personas -en este caso los protagonistas del cuento son animales-, que nos acompañan durante nuestro crecimiento? Aquí las respuestas son muchas y variadas, pueden ser mamá y papá, una mamá, un abuelo, dos mamás, o todo un pueblo… Cada familia, a su aire nos enseña que no hay solo una forma de cuidar y querer, sino que si miramos a nuestra alrededor veremos que son muchas las maneras y lo importante es crecer cuidada y feliz.





Potencialidades educativas:
Es un cuento adecuado para niños a partir de los 3 años. Los animales de este libro para jugar, se agrupan por familias, todas parecidas y todas diferentes. El texto nos va dando pistas para adivinar quién es cada quién. De las familias monoparentales hasta las “tribus”, pasando por las familias homoparentales y las familias recompuestas, ¡nadie se queda fuera! Diversidad que se puede llevar a ámbitos distintos a la familia.


Los conejitos van al mercado


Boutignon, Beatriz (2016). Cada familia a su aire, col. Corazonadas, Editorial: hotel papel ediciones. [44 pp] (ISBN:978-84-9443-820-2).

Breve descripción del formato y contenido: Cada familia a su aire es un álbum ilustrado de tapa dura . En la cubierta aparecen los personajes protagonistas del cuento. No tiene gardas y las páginas están cosidas. Las ilustraciones son de colores cálidos , crean un ambiente familiar y cercano. El texto siempre se sitúa en ambas páginas y las ilustraciones también. El texto es descriptivo de las imágenes , pero necesitamos los dos elementos para que tenga sentido completo, pues sin uno de los dos la historia perdería sentido y datos importantes.
La historia trata sobre cada familia distinta, a su aire, donde lo importante es que todos y todas tengamos personas que nos cuiden, nos enseñen y nos hagan sentir seguras y felices. ¿Quién o quiénes son las personas -en este caso los protagonistas del cuento son animales-, que nos acompañan durante nuestro crecimiento? Aquí las respuestas son muchas y variadas, pueden ser mamá y papá, una mamá, un abuelo, dos mamás, o todo un pueblo… Cada familia, a su aire nos enseña que no hay solo una forma de cuidar y querer, sino que si miramos a nuestra alrededor veremos que son muchas las maneras y lo importante es crecer cuidada y feliz.

Potencialidades educativas:
Es un cuento adecuado para niños a partir de los 3 años. Los animales de este libro para jugar, se agrupan por familias, todas parecidas y todas diferentes. El texto nos va dando pistas para adivinar quién es cada quién. De las familias monoparentales hasta las “tribus”, pasando por las familias homoparentales y las familias recompuestas, ¡nadie se queda fuera! Diversidad que se puede llevar a ámbitos distintos a la familia.

mércores, 11 de abril de 2018

Todo o mundo! A vida ten moitas cores.


Portada Todo o mundo


Tuckermann, Anja (2017). Todo o mundo! A vida ten moitas cores. Ilust. Tine Schulz, trad. Rosa Marta Gómez Pato. A Coruña: Hércules de Ediciones, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-947023-4-1).



Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de carácter literario, que narra historias da vida cotiá e no que as ilustracións e o texto se complementan mutuamente. De tapas duras e corenta páxinas, ten unhas medidas de 22 x 30 cm. Na cuberta aparece un grupo de xente de diferentes razas, culturas, idades... A ilustración da cuberta e a da contracuberta son independentes. As ilustracións son sinxelas e debuxadas con rotuladores de cores, que resaltan sobre un fondo branco. Estas ilustracións seguen unha disposición de continuidade, ocupando a historia toda a páxina. O texto destaca en letra moi negra enriba do fondo branco, está integrado  no medio das ilustracións e é de carácter extenso ainda que repartido por toda a páxina, tanto nas achegas do narrador en terceira persoa, coma nos diálogos entre os diferentes personaxes. Os potenciais destinatarios deste álbum é os nenos e nenas a partir dos 4 ou 5 anos. O tema principal que se aborda neste conto é a diversidade, xa que os protagonistas son todas as persoas do mundo sexan de onde sexan. Outros temas que se poden traballar a través de este libro é o traballo cooperativo, xa que pretende ensinar que todos e todas somos necesarios para formar o mundo no que vivimos, e que todos e todas somos igual de necesarios e importantes.
Todas as persoas que aparecen neste libro proceden de todas as partes de mundo e falan diferentes linguas, pero todos e todas viven en Galicia. Algún son emigrantes, outros naceron aquí. O libro trata de facer da diversidad algo habitual e que as persoas que o lean sexan conscientes do enriquecedora que pode ser, e que non sexa algo descoñecido e cheo de prexuízos.



Potencialidades educativas: a través deste libro pódense traballar conceptos relacionados coa diversidade: cultura, relixión, cor da pel, linguas... introducir aos nenos e nenas no coñecemento de que non todo mundo e igual a eles mesmos ou igual ás persoas que están ao seu redor. Tamén é un libro co que se pode traballar o valor da cooperación, de compartir cos demais e a solidariedade.

A obra está traducida ao galego e ao castelán, polo que se pode traballar nas dúas linguas.


domingo, 8 de abril de 2018

Onde ti esteas...


Tillman, Nancy. (2012). Onde ti esteas. Ilustr. do autor, Traduc. Millán Picouto. Ourense: Ediciones Linteo, [a partir de 4 anos], [44 pp.], (ISBN: 978-84-96067-71-4).

Breve descrición do formato e contido: álbum narrativo ilustrado de 25x25 cm, encadernación de cartoné e follas consistentes. Este tamaño e material permite un fácil manexo e manipulación da obra para os máis cativos/as. A cuberta móstranos o título da obra, que simula estar escrita a man, e unha ilustración dun neno e un oso que parece que están a bailar. A contracuberta, de fondo azul escuro, recolle imaxes doutros títulos da autora. Ambas as gardas, dianteira e traseira, só amosan un fondo verde auga. A portada recolle o nome do autor, o título do libro e desvela unha da imaxes que posteriormente aparece no corpo do libro.

Mentres que os textos da versión orixinal Wherever you go I will find you teñen un carácter poético e rítmico, a súa tradución ao galego mudounos en breves composicións narrativas que carecen de rima. Aínda así, manteñen a brevidade e estrutura que define os textos orixinais. Empregan constantemente metáforas e xogos de palabras, polo que en ocasións considero que a linguaxe non está moi adaptada á competencia lingüística dos destinatarios, dificultade que se pode compensar acompañando a lectura das explicacións pertinentes. Os textos aparecen, case sempre, nunha das páxinas, sendo as ilustracións a dobre páxina as que gozan de protagonismo.

As ilustracións semellan estar pintadas ao óleo e teñen un carácter realista. As cores predominantes son suaves (azuis, verdes, brancos, grises..), as cales transmiten ao lectorado unha sensación de calma e tranquilidade. Ademais, contaxian tenrura a través da complicidade que semellan ter as personaxes representadas.



A temática deste álbum ilustrado xira ao redor do amor, pero non un amor romántico, senón un amor fraternal, o amor no sentido máis amplo da palabra. A súa historia non conta cunha estrutura tradicional (introdución, nó e desenlace), senón que  a través da súas páxinas nos fai entender que cando queremos a alguén “non hai ningún lugar onde o noso amor non o atope”. É unha historia para transmitir que o amor entre un fillo e os seus pais, entre dous amigos, entre dono e mascota... “nunca se perde, nin se gasta nin se termina” e “sempre te ha de encontrar, alí onde ti esteas”.

Potencialidades educativas: Dende un punto de vista conceptual, este libro, permítenos traballar co mundo da natureza e os animais. Todas as  ilustracións teñen como fondo un medio natural e o neno protagonista aparece acompañado por diferentes animais (oso, elefante, pavo real, foca...). Ademais, á hora de traballar o tema do amor, ofrece a oportunidade de desmitificalo e entender que o concepto «amor» non alude só a un amor romántico entre un home e unha muller, senón unha visión activa de respecto e emotividade de cara ao mundo que nos rodea e os elementos que o integran e constitúen os nosos referentes.

Moi relacionado con isto estaría o concepto de intelixencia emocional. O remate da lectura daranos pé a afondar sobre a expresión dos nosos sentimentos. Son moitas as ocasións nas que rexeitamos mostrar o que sentimos porque consideramos que nos fai débiles e desprotexidos, por iso, sería interesante que os nenos/as se decaten da importancia de saber recoñecer, aceptar e expresar os sentimentos (sobre todo, o amor e o cariño).

Por último, ofrécenos a oportunidade de traballar o concepto de amizade. Permite que transmitamos aos máis pequenos/as que o máis bonito de ter amigos/as é sentirnos queridos por eles/as e para iso temos que dar e recibir amor de modo libre e voluntario.

Recursos de interese

Books Read Aloud For Children. (2017). Wherever You Are My Love Will Find You by Nancy Tillman Read Aloud by Books Read Aloud For Children.
Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=1nTypwhfs5s a 03/04/2016. Vídeo-conto da historia orixinal en versión inglesa.

luns, 2 de abril de 2018

Pakolas



Cerdeira, Paco (2017). Pakolas. Ilus. Laura Romero. Vigo: Galaxia, Col. Sonárbore, [24 pp.]. (ISBN: 978-84-9151-084-0).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de formato rectangular,(24x 21cm) e tapas duras. Na cuberta pódese observar unha camisa que conforma o fondo, na marxe superior esquerda aparece o título da obra acompañado do nome do autor; na marxe dereita, a imaxe dun CD que contén cancións presentes na obra; no centro aparece un rato e unha guitarra dentro do peto da camisa. O feito de aparecer este instrumento débese a que o estilo das cancións da obra son rock and roll. Ademais, aparecen diversos animais esparexidos pola cuberta, posto que cada canción presenta relación cun animal diferente. Na parte inferior, móstrase o nome da ilustradora e a colección deste. Na contracuberta aparece unha breve descrición da obra e o nome da editorial. Adornando a camisa, que contén o peto que aparece na cuberta, pódense ver un par de animais. As gardas son iguais, presentando  tanto ao comezo como ao final unha ra e unha mosca.
No interior da obra, descóbrese que é de carácter poético, coa intencionalidade de poñer en contacto coa estrutura lírica aos nenos e nenas dende unha visión musical e literaria. As ilustracións, de tipo figurativo, son orixinais, alegres e coloridas e imitan a pintura de acuarela. A súa función é recrear o que transmiten as letras das cancións, cuxos títulos presentan tipografías de maior tamaño e en letra maiúscula. Destacan o xogo de palabras e as rimas en cada unha das composicións, propio da linguaxe musical e do marcado ritmo das composicións.
Potencialidades: Con esta obra pódese traballar a competencia lingüística e a dicción, xa que o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia colaborou na súa elaboración. Deste xeito, convértese nun recurso de grande apoio para os nenos e nenas para poder reforzar esta competencia. Ademais, pódese traballar: os animais e o medio no que viven, as cores presentes en toda a obra, os ritmos podendo entoar as pezas con distintas velocidades e o baile facendo diferentes coreografías. Por último, tamén se traballa a transmisión de valores familiares a través da identificación de familias de animais comparándose coas propias familias de cada neno e nena.

Recursos:



O paseo do elefante



Nakano, Hirotaka (2015). O paseo do Elefante. Ilust. do autor. Trad. Suevia Sobral Santiago. .Madrid: Latas de Sal, col. Vintage, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-943696-3-6).


Breve descrición do formato e contido: é unha historia clásica xaponesa que pasou de xeración en xeración e atopamos nun álbum ilustrado de tapas duras. Cuberta e contracuberta forman unha imaxe única dos seus protagonistas: un elefante que carga nas súas costas cun hipopótamo, un crocodilo e unha tartaruga. Os debuxos son moi sinxelos, planos e con pouca variedade de cores. O texto tamén destaca pola súa sinxeleza, son frases moi curtas, a maioría diálogos dos personaxes. A historia iníciase nun fermoso día no que o Elefante, protagonista da historia, está moi animado e decide saír a dar un paseo. Polo camiño atopará algúns dos seus amigos e estes pediranlle que os suba no seu lombo para continuar a expedición. O final sorprende ao lectorado.

Potencialidades: pese a ter un texto e unhas ilustracións moi sinxelas, é unha obra moi acaída para a iniciación á lectura. Ademais de amosarnos animais salvaxes e asociar as súas relacións e características (como por exemplo cal é máis grande ou máis pesado) tamén nos amosa o traballo cooperativo e a importancia da amizade e de ter bos amigos cos que gozar dun bo paseo (literal e figuradamente). En nenos e nenas de máis idade tamén podemos traballar a asertividade e a importancia de aprender a dicir non cando non poidamos ou non queiramos facer algo, aínda que a persoa que nolo pida sexa o noso amigo ou amiga.

Recursos en liña:

domingo, 1 de abril de 2018

Yo



Waechter, Philip (2012) Yo. Trad. Eduardo Martínez. Salamanca: Lóguez ediciones, [ 64 pp.]. (ISBN: 978-84-89804-87-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e tamaño cadrado (16 x 16 cm). Tanto na súa cuberta coma na  contracuberta pódese observar a imaxe do protagonista nun fondo de cor amarelo. As súas gardas son sinxelas dunha soa cor, vermella. A súa portada amosa outra imaxe do protagonista. As ilustracións que o conforman son alegres, coridas, contrastadas e saturadas, sinxelas pero divertidas. A través delas cóntase boa  parte da historia, pois poderíase recrear só a través das imaxes. O texto é moi sinxelo, con  frases moi curtas,  algunhas de feito son só unha ou dúas palabra ‘’yo’’, ‘’y pequeño’’, ‘’y corro’’...
O contido presenta ao personaxe protagonista, un oso inxenuo e optimista. Este animaliño é un oso cunha autoestima moi alta, é un ser marabilloso, orgulloso de si mesmo e da súa maneira de vivir a vida. Móstranos como son os seus bos días, pero tamén nos fai caer na conta desoutros días... os que non nos sentimos igual de seguros e brillantes, días nos que nos sentimos un tanto perdidos ou inseguros. Ama as pequenas cousas da vida, pero tamén as grandes, e está disposto a divertirse ata co xogo máis sinxelo, aínda que tamén  hai días nos que se sente só e triste.

Potencialidades educativas: este é un conto que se pode manexar dende calquera idade, dado que os que non poden ler poden interpretar a historia polas súas imaxes. É moi bo libro para traballar a autoestima e fortalecer a personalidade. Este conto axudaralle a fomentar aquelas condutas que lle axudarán na vida social. É moi axeitado para contar nas escolas a nenos e nenas desde educación infantil como recurso educativo de fomento á lectura e traballar a identidade dende idades temprás. O conto bríndanos a oportunidade de resaltar os aspectos positivos dos nenos e nenas,  para dialogar na aula sobre emocións, buscar e explorar cousas dun mesmo que nunca nos paramos a pensar, facer un autorretrato e identificarse con algunhas situacións que se presentan no libro.

Recursos atopados:
-          Contacontos de Beatriz Montero

Nariz de ouro




Saiz, Raquel (2010). Nariz de ouro. Ilustr. Juliana Bollini, trad. Marisa Núñez,. Pontevedra: OQO editora, [ 33 pp. ]. (ISBN: 978-84-9871-228-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e tamaño rectangular (25 x 23 cm). Na súa cuberta pódese observar a imaxe do protagonista e o seu longo nariz o cal está unido ás letra que conforman o título como se a última ‘’o’’ fose un globo. Na súa contracuberta presenta un personaxe (subido a unha nube) que está presente en toda a obra pero nun segundo plano; este é un boneco dun pallaso, cun pico moi grande de cor amarelo, que o neno leva consigo sempre e que ademais sae xogando con el nos seus soños. As súas gardas son de cor amarela, coma o cabelo do neno, e nunha sae o boneco pallaso, pero noutra sae un patiño amarelo cun barco de papel de sombreiro que tamén aparece en escenas do libro (igual có protagonista da cuberta) e metido nun canón de circo. A súa portada amosa unha escena na que saen xogando o personaxe principal e o seu boneco. As ilustracións que conforman o libro están realizadas con texturas de papel de materiais de refugallo. O resultado son colaxes nos que se mesturan os elementos máis heteroxéneos: diferentes tipos de papel, recortes de cartón, teas, rodas de metal, tintas acrílicas, lápices de cores, etc.
As cores suaves, en contraste con outras máis vivas, as diferentes texturas, o efecto de relevo nas figuras logran que as imaxes estimulen o sentido da vista. A letra do texto é dun tamaño normal e redondeada, algunhas oración diferéncianse das demais pola letra negra, cursiva ou doutro tamaño; normalmente acompañan ás imaxes ao seu lado, exceptuando algunha páxina como a seguinte: xoga coas frases facendo o movemento que o protagonista fai no espello ao mirarse.
Eduardo, o protagonista, é un neno moi serio ao que non lle gustaba que lle chamaran Eduardito, nin sequera Edu. Pero no colexio todos lle chamaban Eduardito e ademais ríanse do seu nariz. Non era sinxelo vivir cun nariz interminable:  tes que pagar dobre no autobús, impídeche  mollar a boca na ducha echegaba antes ca ti. Porén, Eduardo contaba co apoio da súa nai que pola noite lle lía o conto de O patiño feo. Eduardo xa sabe que ao final do conto o pato se converte en cisne e comeza a pensar que el era como o pato da historia, feo. Tras durmir toda a noite deuse de conta de que ter o seu nariz tiña vantaxes e que ser un pato feo non era nada malo, non precisaba ser un cisne. Ao longo de  toda a historia están presente os dous bonecos que están presentados nas gardas. O pallaso leva un gorro de bufón que Eduardo ten posto mentres xoga na casa e ten un nariz grande e amarelo, facendo referencia ao nariz do protagonista e ao conto O patiño feo. Este personaxe é o boneco que o rapaz leva consigo a todas partes e ademais sae en todos os seus soños e situacións expostas. O outro boneco é un patiño pequeno de cor amarela que está nun canón de circo, este só sae cando está a nai en escena.

Potencialidades educativas: a historia é un reflexo de superación dos complexos que pode ter unha persoa, ademais dun proceso de recuperar a autoestima. Cos nenos e nenas pode dar paso a traballar coas súas inseguridades que eles teñan e que vexan a importancia de quererse a si mesmos tal e como son. Ademais aborda outro tema que é o acoso dos compañeiros a Eduardo, que pode dar pé a que os nenos e nenas vexan que hai que respectar aos demais, sexa cal sexa o seu físico e non burlarse diso.

"A miña amiga a escuridade"

 


Burfoot, Ella (2008). A miña amiga a escuridade. Ilust. do autor. A Coruña: Baía Edicións, [36 pp.]. (ISBN 978-84-96893-53-5).  

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de forma cadrada, tamaño pequeno e cunhas tapas duras. Na cuberta podemos ver un fondo negro no que se encontran a escuridade, que ten unha cor máis negra que o fondo e unha textura diferente, a María, que é a protagonista da historia mais o seu peluche que é un coelliño. Na contracuberta temos algúns obxectos como unhas cuncas, teteiras, e lámpadas que iluminan unhas frases no medio da escuridade. Dentro da historia, o que máis destaca é a escuridade que é de cor negra e grande e ten un tacto diferente ao resto das páxinas da obra, máis suave. Desta obra podemos destacar que a escuridade ao principio da historia comeza ao principio da folla e a medida que vai transcorrendo a historia vai ocupando máis sitio nas follas. A trama recrea como a escuridade entra pola ventá no cuarto de María e pouco a pouco invade todo. María non se asusta, colle da man a escuridade e comezan a xogar, comer chocolate, bailar...

Potencialidades educativas: esta historia paréceme moi importante para traballar a autoestima, pois aínda que á maioría das nenas e nenos lles asusta a escuridade, neste caso o ludismo co que se trata propicia que se integre como un elemento lúdico máis e non como un elemento terrorífico. María pode servir como exemplo de que a escuridade non é mala, senón que pode ser algo divertido e inofensivo e tamén necesaria nos ciclos da natureza, pois ao igual que existe o día tamén ten que haber noite. Con esta obra tamén podemos traballar as cores e o que nos chegan a transmitir cada unha delas.

Recursos:
-Juegos para niños con miedo a la oscuridad. Publicado en Guía Infantil (2000-2018). https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/juegos/juegos-para-ninos-con-miedo-a-la-oscuridad/ (Consultado el 22/03/2018)

- 25 cuentos infantiles que nos hablan de los miedos. Publicado en rejuega y disfruta jugando. http://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/literatura-infantil/25-cuentos-infantiles-que-nos-hablan-de-los-miedos/ (Consultado el 22/03/2018)

- Blog “El rincón Infantil: trabajando el miedo infantil” CEIP Juan Carlos I (Murcia). http://elrincondeinfantiljuancarlos1.blogspot.com.es/2010/10/trabajando-el-miedo-en-infantil.html (Consultado el 21/03/2018)