mércores, 11 de abril de 2018

Todo o mundo! A vida ten moitas cores.


Portada Todo o mundo


Tuckermann, Anja (2017). Todo o mundo! A vida ten moitas cores. Ilust. Tine Schulz, trad. Rosa Marta Gómez Pato. A Coruña: Hércules de Ediciones, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-947023-4-1).



Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de carácter literario, que narra historias da vida cotiá e no que as ilustracións e o texto se complementan mutuamente. De tapas duras e corenta páxinas, ten unhas medidas de 22 x 30 cm. Na cuberta aparece un grupo de xente de diferentes razas, culturas, idades... A ilustración da cuberta e a da contracuberta son independentes. As ilustracións son sinxelas e debuxadas con rotuladores de cores, que resaltan sobre un fondo branco. Estas ilustracións seguen unha disposición de continuidade, ocupando a historia toda a páxina. O texto destaca en letra moi negra enriba do fondo branco, está integrado  no medio das ilustracións e é de carácter extenso ainda que repartido por toda a páxina, tanto nas achegas do narrador en terceira persoa, coma nos diálogos entre os diferentes personaxes. Os potenciais destinatarios deste álbum é os nenos e nenas a partir dos 4 ou 5 anos. O tema principal que se aborda neste conto é a diversidade, xa que os protagonistas son todas as persoas do mundo sexan de onde sexan. Outros temas que se poden traballar a través de este libro é o traballo cooperativo, xa que pretende ensinar que todos e todas somos necesarios para formar o mundo no que vivimos, e que todos e todas somos igual de necesarios e importantes.
Todas as persoas que aparecen neste libro proceden de todas as partes de mundo e falan diferentes linguas, pero todos e todas viven en Galicia. Algún son emigrantes, outros naceron aquí. O libro trata de facer da diversidad algo habitual e que as persoas que o lean sexan conscientes do enriquecedora que pode ser, e que non sexa algo descoñecido e cheo de prexuízos.



Potencialidades educativas: a través deste libro pódense traballar conceptos relacionados coa diversidade: cultura, relixión, cor da pel, linguas... introducir aos nenos e nenas no coñecemento de que non todo mundo e igual a eles mesmos ou igual ás persoas que están ao seu redor. Tamén é un libro co que se pode traballar o valor da cooperación, de compartir cos demais e a solidariedade.

A obra está traducida ao galego e ao castelán, polo que se pode traballar nas dúas linguas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario