.
Chedru, Delphine (2014). Ola Adeus. T,rad. Xosé Ballesteros, Pontevedra:
Kalandraka: [24 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-937-3).
Descrición do
formato e do contido da obra: álbum ilustrado,
de tamaño grande e de formato rectangular, (28,5x 23,5) encadernado en cartón
duro. Na cuberta aparece o título do libro e unhas imaxes que representan o
contido do mesmo, posto que aparecen os dous antónimos (“ola” en vermello, e “adeus”
en azul).
As ilustracións
sempre aparecen nas páxinas impares e móstrannos dúas imaxes distintas e superpostas,
cada unha dunha cor para así poder diferencialas, por exemplo, a que representa
o inverno aparece en cor azul e a que representa o verán en cor vermella. Durante
todo o libro xógase unicamente con estas dúas cores opostas.
En canto ao
texto, aparece nas páxinas pares e redúcese sempre as dúas palabras antónimas,
que son as mesmas que representan as imaxes na páxina seguinte. Cada palabra
está escrita en cor vermella ou azul, a mesma que a súa imaxe correspondente. Nas
páxinas pares unicamente aparecen dúas palabras con cadansúa cor e de sentido oposto,
como por exemplo noite e día.
Nas páxinas
impares aparecen dúas imaxes superpostas
que, de observalas ao mesmo tempo non as entendamos, pois forman unha proposta
aparentemente confusa. Para comprender o sentido de cada imaxe, o libro conta cunha lámina de cartón con filtros ópticos
bicolor (en azul e vermello), que funcionan a modo de lentes, a través das que,
segundo miremos polo filtro vermello ou o azul observamos a escena que se
corresponde coa cor á que fai referencia ao concepto correspondente.
Potencialidades: este libro interactivo
axúdanos a traballar dunha maneira orixinal divertida e diferente cos nenos e
nenas, mentres estes estarán aprendendo
os contrarios e ao mesmo tempo pasándoo ben. O feito de ter que empregar un
filtro de dúas cores crea un interese maior entre os potenciais lectores,
ademais de obrigalos a determinar o que desexan ver, condicionado pola cor coa
que se filtra a imaxe. Deste modo o desconcerto inicial que provocan as imaxes
dan paso á sorpresa, á descuberta e ao xogo de perspectivas que guiará o
percorrido polas diferentes páxinas. Ademais a falta de texto propicia que se
poidan crear historias diferentes cada vez que nos acheguemos á obra,
imaxinando historias diferentes para os personaxes e escenas que se recrean en
cada unha delas. É un libro de fácil uso que os nenos e nenas poderían
manipular sen ningún tipo de problema.
Esta historia é un modo sinxelo para que os nenos e nenas coñezan expresións de cortesía a utilizar en diversos contextos grazas en parte ao contraste de cores.
ResponderEliminar