Saiz, Raquel (2010). Nariz de ouro. Ilustr. Juliana Bollini, trad. Marisa Núñez,. Pontevedra: OQO editora, [ 33 pp. ]. (ISBN: 978-84-9871-228-5).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e tamaño rectangular (25 x
23 cm). Na súa cuberta pódese observar a imaxe do protagonista e o seu longo
nariz o cal está unido ás letra que conforman o título como se a última ‘’o’’
fose un globo. Na súa contracuberta presenta un personaxe (subido a unha nube)
que está presente en toda a obra pero nun segundo plano; este é un boneco dun
pallaso, cun pico moi grande de cor amarelo, que o neno leva consigo sempre e
que ademais sae xogando con el nos seus soños. As súas gardas son de cor amarela,
coma o cabelo do neno, e nunha sae o boneco pallaso, pero noutra sae un patiño
amarelo cun barco de papel de sombreiro que tamén aparece en escenas do libro
(igual có protagonista da cuberta) e metido nun canón de circo. A súa portada
amosa unha escena na que saen xogando o personaxe principal e o seu boneco. As
ilustracións que conforman o libro están realizadas con texturas de papel de
materiais de refugallo. O resultado son colaxes nos que se mesturan os
elementos máis heteroxéneos: diferentes tipos de papel, recortes de cartón,
teas, rodas de metal, tintas acrílicas, lápices de cores, etc.
As cores suaves,
en contraste con outras máis vivas, as diferentes texturas, o efecto de relevo
nas figuras logran que as imaxes estimulen o sentido da vista. A letra do texto
é dun tamaño normal e redondeada, algunhas oración diferéncianse das demais
pola letra negra, cursiva ou doutro tamaño; normalmente acompañan ás imaxes ao
seu lado, exceptuando algunha páxina como a seguinte: xoga coas frases facendo
o movemento que o protagonista fai no espello ao mirarse.
Eduardo, o protagonista, é un neno
moi serio ao que non lle gustaba que lle chamaran Eduardito, nin sequera Edu. Pero no colexio
todos lle chamaban Eduardito e ademais ríanse do seu nariz. Non era sinxelo
vivir cun nariz interminable: tes que
pagar dobre no autobús, impídeche mollar
a boca na ducha echegaba antes ca ti. Porén, Eduardo contaba co apoio da súa
nai que pola noite lle lía o conto de O
patiño feo. Eduardo xa sabe que ao final do conto o pato se converte en
cisne e comeza a pensar que el era como o pato da historia, feo. Tras durmir
toda a noite deuse de conta de que ter o seu nariz tiña vantaxes e que ser un
pato feo non era nada malo, non precisaba ser un cisne. Ao longo de toda a historia están presente os dous bonecos
que están presentados nas gardas. O pallaso leva un gorro de bufón que Eduardo
ten posto mentres xoga na casa e ten un nariz grande e amarelo, facendo referencia ao nariz do protagonista e ao conto O patiño feo. Este personaxe
é o boneco que o rapaz leva consigo a todas partes e ademais sae en todos os
seus soños e situacións expostas. O outro boneco é un patiño pequeno de cor
amarela que está nun canón de circo, este só sae cando está a nai en escena.
Potencialidades
educativas: a historia é un
reflexo de superación dos complexos que pode ter unha persoa, ademais dun
proceso de recuperar a autoestima. Cos nenos e nenas pode dar paso a traballar
coas súas inseguridades que eles teñan e que vexan a importancia de quererse a
si mesmos tal e como son. Ademais aborda outro tema que é o acoso dos
compañeiros a Eduardo, que pode dar pé a que os nenos e nenas vexan que hai que
respectar aos demais, sexa cal sexa o seu físico e non burlarse diso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario