Waechter, Philip (2012) Yo. Trad.
Eduardo Martínez. Salamanca: Lóguez ediciones, [ 64 pp.]. (ISBN: 978-84-89804-87-6).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e tamaño cadrado (16 x 16 cm). Tanto na súa
cuberta coma na contracuberta pódese
observar a imaxe do protagonista nun fondo de cor amarelo. As súas gardas son
sinxelas dunha soa cor, vermella. A súa portada amosa outra imaxe do
protagonista. As ilustracións que o conforman son alegres, coridas,
contrastadas e saturadas, sinxelas pero divertidas. A través delas cóntase boa parte da historia, pois poderíase recrear só a
través das imaxes. O texto é moi sinxelo, con frases moi curtas, algunhas de feito son só unha ou dúas palabra
‘’yo’’, ‘’y pequeño’’, ‘’y corro’’...
O contido presenta
ao personaxe protagonista, un
oso inxenuo e optimista. Este animaliño é un oso cunha
autoestima moi alta, é un ser marabilloso, orgulloso de si mesmo e da súa
maneira de vivir a vida. Móstranos como son os seus bos días, pero tamén nos
fai caer na conta desoutros días... os que non nos sentimos igual de seguros e
brillantes, días nos que nos sentimos un tanto perdidos ou inseguros. Ama as
pequenas cousas da vida, pero tamén as grandes, e está disposto a divertirse
ata co xogo máis sinxelo, aínda que tamén hai días nos que se sente só e triste.
Potencialidades
educativas: este é un conto que se pode manexar dende calquera idade,
dado que os que non poden ler poden interpretar a historia polas súas imaxes. É
moi bo libro para traballar a autoestima e fortalecer a personalidade. Este
conto axudaralle a fomentar aquelas condutas que lle axudarán na vida social. É
moi axeitado para contar nas escolas a nenos e nenas desde educación infantil
como recurso educativo de fomento á lectura e traballar a identidade dende
idades temprás. O conto bríndanos a oportunidade de resaltar os aspectos
positivos dos nenos e nenas, para
dialogar na aula sobre emocións, buscar e explorar cousas dun mesmo que nunca
nos paramos a pensar, facer un autorretrato e identificarse con algunhas
situacións que se presentan no libro.
Recursos atopados:
-
Contacontos de Beatriz Montero
Ningún comentario:
Publicar un comentario