Casterman,
Geneviève (2011). Esperando a Timoun.
Ilustr. Geneviève Casterman. Trad. Alicia Capel Tatfer. Barcelona: Flamboyant,
[64 pp.]. (ISBN: 978-84-938602-2-6).
Descrición
do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura e follas de cartolina, cunhas dimensións
20,9 x 26,4 cm . Na cuberta, aparece o título ao lado dereito e a imaxe ao
lado esquerdo: representa a unha cocodrila cunhas maletas mirando cara o mar a
través dunha porta, que por o título déixanos entrever que vai a ser nai,
mostrando un rostro de tristeza e de espera cuns prismáticos na man; leva posto
un vestido e aparece outro colgado ao seu carón; nunha das maletas podemos ver
a un topo identificado como o pai de Timoun (neno); un mapamundi que nos
orienta ao neno, podendo vir de calquera sitio, e un calendario ao cal lle van
pasando os días para a chegada de Timoun. Na contracuberta mostrase unha breve
explicación da obra e a nai, co vestido que aparece colgado na cuberta, tendo
ao bebe no berce. Na garda do principio, vese o mar e un barco ao lonxe a man
esquerda e na garda do final, vese o mesmo barco pero desta vez a man dereita,
como regreso despois de deixar a Timoun.
Na portada vemos outra vez o título
da obra e as dúas maletas co topo mirando cara a fronte. As cores que se
utilizan ao longo de toda a historia son moi cálidas. As ilustracións son
sinxelas e moi representativas sendo unha mesma imaxe a representada. Estas van
acompañadas dun texto breve que encadra a perfección coas imaxes, dando máis
información visual ao lector. Hai páxinas que non teñen texto, so imaxe e
outras que teñen nun lado imaxe e na outra o texto.
A
obra xira entorno a unha parella: cocodrila e topo, a espera de Timoun que
significa “neno” en criollo. Os dous animais esperan un largo tempo, pasando
por diferentes estacións do ano, a adopción de Timoun. Durante a espera a
cocodrila sentiuse con medo e con dubidas xa que nunca daba chegado o neno a
súa vida, ata que un día chegou a hora de viaxar. Ao regreso, a nai viña co seu
fillo sendo recibidos por todos os animas do pobo.
Potencialidades educativas: con este libro pódese traballar as
diferentes maneiras que teñen de chegar os nenos/as ao mundo e se temos crianzas
adoptadas na aula será unha boa ferramenta. Falarlle tamén da espera, de saber
esperar cando se desexa algo con moitas ganas. Ensinarlle co libro as estacións
do ano representadas e canto tempo pode pasar entre unha e outra.
Recursos
de interese:
Xisca
Bestard (2012). Esperando a Timoun. En
Actividade infantiles en la Central de Raval http://barcelones.com/cultura/actividades-infantiles-en-la-central-del-raval/2012/03/ (consultado 28/03/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario