luns, 16 de abril de 2018

Mi bisabuela



Lemos, Amanda (2015). Mi bisabuela. Ilustr.Susana Rico Calleja. Madrid: Idampa [ 36 pp]. (ISBN: 978-84-942457-9-4).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura, cunhas dimensións de 21x21 cm. Na cuberta aparece o título da obra con letras grandes e en maiúscula, con cores moi coloridos; cada letra de forma redondeada e con raias, puntos, círculos e cadrados. Tamén vemos aos dous protagonistas da historia: unha persoa maior, polo seu pelo de cor branca e a un neno pequeno asomados pola ventá dunha casa, ocupando toda a cuberta. Polo título podemos adiviñar xa que se trata da bisavoa e neto. Na contracuberta mostrase a outra metade da casa da bisavoa, polo que se abrimos o libro enteiro observamos unha imaxe completa, co ceo, con nubes, de fondo. Na portada aparece o título da obra pero de cor escura, todas as letras se presentan iguais, de cor negro.
As ilustracións son reais e con tons fortes e intensos. As imaxes están representadas coa técnica de cartón, dende o principio ata cerrar o libro, polo que se presentan nunha perspectiva frontal e moi similares as da realidade, xa que transmite tenrura e diversión, reflectindo perfectamente a relación que nos conta o conto. Empréganse teas con bordados, dando importancia ao gusto das avoas e bisavoas. O texto é abundante e vistoso, abunda en todas as páxinas e en calquera parte, tanto nos dous lados a vez como so  nun ou noutro. As letras son grandes e con partes en negriña para destacar aquilo mais relevante. En toda a obra ten coherencia coas imaxes ofrecendo información visual ao lector.  
O neto ve como a súa abuelabisa (forma na que se expresa o cativo) se foi facendo maior, imaxinándoa de pequena. Ela cóntalle que foi moi guapa, pero para el aínda o segue sendo a pesar das engurras que ten. Encántalle estar co seu neto porque a axuda, dálle regalos, xoga con ela,  para el a súa bisavoa é moi interesante: é enfermeira, costureira, cociñeira, mestra, perruqueira, cantante e cando esta triste polas súas engurras énchea de bicos.

Potencialidades educativas: este conto sirve para animar aos nenos/as a que compartan momentos cos seus avós e avoas, e que aprendan a ter respecto por eles/as axudándoos cando o pidan. Ensina dende o afecto, que intenten comprender que cando unha persoa esta desanimada temos que mostrarlle o noso apoio e cariño, dando beixos e abrazos sen vergoña.

Recursos de interese:
Beatriz (2015). Abuelos. En Martina y myself https://madridmartinaandmyself.wordpress.com/2015/03/10/20-cuentos-sobre-abuelos-alegres-y-tristes/ (Consultado 12/04/2018)

Biblioteca Municipal Central de Móstoles (2016). Abuelas, abuelos y nietos. En guía educación infantil http://www.bibliotecaspublicas.es/mostoles/publicaciones/abuelas.pdf (Consultado 12/04/2018)

Ningún comentario:

Publicar un comentario