Genechten,
Guido Van (2010)- El libro de los abrazos.
Ilustr. do autor. Madrid, SM[22 pp]. (ISBN: 987-85-675-3789-5)
Breve descrición do formato e contido da obra: conto de formato pequeno e cadrado, onde todas as
páxinas son consistentes e do mesmo grosor. Na cuberta aparece o título da obra
e algúns dos personaxes, que van adiantando o contido do relato. A historia comeza
cando un neno chamado Juan lle pide unha aperta á súa nai. A partires de
aí comeza unha sucesión de situacións afectivas entre membros de diferentes
especies (normalmente unha nai e fillo/a) que ocupan as dobres páxinas do
volume. As ilustracións figurativas destacan as súas cores cálidas, a
expresividade dos rostros e os contornos en negro que as definen e enmarcan..
Salientan tamén os xogos tipográficos nos que se adoptan letras de maior tamaño
para os termos asociados á afectividade, marcada fundamentalmente polos
adxectivos que caracterizan as diferentes formas de abrazar.

Potencialidades educativas: este conto amósanos a importancia que ten dar e recibir
cariño para un neno/a, sobre todo no seu núcleo familiar e por parte das persoas de referencia. O conto tamén serve para relatar as diferentes formas que hai de
abrazar e as diferentes formas que hai de amosar os nosos sentimentos sen
necesidade de que sexa por medio de palabras. Ademais de potenciar o ámbito dos
sentimentos no cativo, tamén serve para traballar co mundo dos animais, que son
os principais protagonistas das páxinas deste libro.
Recursos en liña:
·
É un
vídeo no que se le o conto aos nenos de maneira tranquila e pausada.
- YouTube. (2018). Libro infantil - El libro de los abrazos - Lectura para bebés y niños pequeños - Guido Van Genechten. Recuperado o 9/03/2018 de: https://www.youtube.com/watch?v=LvCaF_Ub6HY
Ningún comentario:
Publicar un comentario