
Padulles, Estefanía (2016). Max e Lea. Iust. da autora, trad. Ánxela Gracián. A Coruña: Hércules de Ediciones, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-944396-9-8).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado que contén textos moi sinxelos acompañados por ilustracións coloridas e pintadas con ceras, que axudan a nenas e nenos a comprender e seguir dunha forma máis doada a lectura. O formato de encadernación é de tapa dura, cunha dimensión de 22 cm x 30 cm.
A cuberta adéntranos na historia que está a piques de comezar, xa que mostra a imaxe dos protagonistas baixo a lúa, figura clave da historia. As gardas non posúen caligrafía pero as ilustracións envólvennos na historia, xa que mostran a vexetación da selva onde viven os personaxes, dinosauros como Max e Lea, (personaxes principais), Triceraptors, Pterosauros, Alamosaurus… A historia comeza con Max, un Tryannosaurus Rex moi forte e corpulento que non pode durmir porque ten moito medo á escuridade. Farto desta situación, decide pedir axuda aos dinosaurios máis fortes que coñece, pero parece que ninguén pode axudarlle, xa que todos teñen medo. Cando Max xa está a punto de se render, crúzase con Lea, unha pequena ratiña que lle dá o mellor consello para vencer o seu medo: observar a beleza da noite e a luminosidade da lúa acompañada polas estrelas.
Potencialidades educativas: a través desta obra pódese traballar e fomentar o traballo cooperativo, xa que uns intentan axudar aos outros, e todos ensinan o que saben aos demáis.
Tamén se traballan valores como a amizade e os prexuízos (Lea que é unha ratiña pequena pero valente, fronte Max que é un dinosaurio grande e forte, pero con medo).
Cobra importancia tamén o medo, ese sentimento que teñen moitos nenos/as polas noites, como poden conseguir superalo, coñecer a beleza da noite e descansar.
Por outra parte, este conto ensina aos nenos e nenas a importancia de loitar por conseguir o que queres, de forma individual ou colectivamente. Por último a historia de Max e Lea ensina a valorar as pequenas cousas da vida, como é a beleza da noite. Podería facerse un obradoiro cos nenos/as para ensinarlles a facer bonecos con teas e materiais reciclables e crear á ratiña Lea para durmir con ela e non ter medo polas noites.
Ao rematar de ler o conto, podería preguntarse aos nenos e nenas acerca dos personaxes, das súas características, dos sentimentos, etc.
Recursos de interese:
CEIP Ramón de Valenzuela. Educación Infantil. Canción con Estefania Padullés Max e Lea https://www.youtube.com/watch?v=j75oDz_VX8k
Ningún comentario:
Publicar un comentario