sábado, 17 de marzo de 2018

El panda Manchas






Taylor, Lawrie (2001). El panda manchas. Ilustr do autor. Gipuzkoa: Ediciones Saldaña, col. Caricias II, [18 pp.]. (ISBN: 84-7297-742-0)



Breve descrición do formato e contido da obra:


Álbum ilustrado con cuberta e contracuberta de goma eva. A forma deste é irregular, xa que forma o contorno do protagonista, o cal é un oso panda. Conta tamén cunha cinta máis un belcro para pechar mellor o álbum. Na contracuberta podémonos encontrar os diferentes títulos da colección. Ilustracións sinxelas nas que aparece en todas o protagonista nunha paisaxe natural. Cada ilustración correspóndese co texto rimado do seu lado o cal está escrito en verso. Manchas é un panda ao que lle gusta xogar na natureza, é doce e amistoso, feliz e sonriente. Encontrarémonos coas diferentes emocións que o panda Manchas experimenta ao longo da historia.


Potencialidades educativas:

Con éste álbum ilustrado pódese traballar a poesía, os xogos de rima e conceptos moi sinxelos. Permítenos xogar co recoñecemento das emocións reflexadas no protagonista. Ao mesmo tempo, pódese empregar para mostrar aos nenos e nenas a importancia da natureza e dos seres vivos.




Recursos de interese:



Dous libros da primeira colección de caricias onde podemos seguir o tema dos animais ou por outra parte, aprender a contar dunha forma máis lúdica.

Taylor, Lawrie (2000). Pequeños animales. Ilustr. do autor. Gipuzkoa: Ediciones Saldaña, col Caricias I, 18 pp. (ISBN: 978-84-7297-613-9)




Taylor, Lawrie (2000). Aprende a contar. Ilustro do autor. Gipuzkoa: Ediciones Saldaña. col Caricias I, 18 pp. (ISBN: 978-84-7297-614-6)

Ningún comentario:

Publicar un comentario