
Pillado, Ana (2009), Azul e
Rosa. Vigo: A Nosa Terra, col. Lila Lilaina, (+ 3 anos).[24 pp.] (ISBN:
978-84-8341-064-6).
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en
lingua galega que nos conta unha historia da vida cotiá dirixida a nenas e
nenos maiores de 3 anos. Os protagonistas son Lila e Pilo,
dous irmáns que nos amosan unha realidade da vida cotia. Tanto cuberta como contracuberta forman
unha única imaxe, na cuberta a metade do libro cara arriba e rosa e a metade do
libro cara abaixo e azul, no medio aparece unha nena cunha vestimenta de moitas
cores e estampados, e o pelo de cor violeta.vestido e uns zapatos de cor rosa e
na marxe dereita cara arriba aparece o titulo da obra escrito en tres cores
8azul, branco e rosa e o nome da autora e debaixo a editorial. Na contracuberta
a imaxe continúa xa que a nena aparece suxeitando tres globos de distintas
cores 8amarelo, verde e vermello). Ao longo do conto podemos atopar imaxes con
texto en ambos lados, no esquerdo e no dereito, as imaxes que acompañan ó texto
son de moitas cores, unhas máis claras e outras máis escuras e destacan por a
diversidade de estampados que aparecen na roupa dos personaxes, isto fai que
parezan máis auténticos. Ao final do libro atopamosnos cunha folla onde
aparecen os protagonistas espidos e na outra aparecen debuxos da vestimenta,
unhas de cor azul, branca e rosa e outras de cor branca para que as nenas e
nenos podan pintar da cor que eles queiran. O álbum cóntanos a historia de dous
irmáns Lila e Pilo. Un día calquera reciben a visita dos seus avós que lles
traen un agasallo para cada un. Cando Lila abre o agasallo ve unha bufanda e un
gorro de cor rosa e Pilo recibe o mesmo, pero de cor azul. Ambos se amosan moi
agradecidos cos seus avós, pero Lila pregunta porque todas as cousas que lle
regalan son de cor azul, pois a ela gústanlle todas as cores. O avó respóndelle
que o rosa e unha cor que favorece moito as nenas, pero Pilo di que a el tamén
lle gusta. Lila e Pilo explícanlle aos seus avós que todas as cores lle sentan
ben a calquera persoa. Os avós paran a pensar e o avó recoñece que sempre quixo
ter un xersei de cor rosa e a avoa un chapeu azul. Finalmente os dous imáns
acaban intercambiandose os agasallos e axudan aos seus avós a pintar a súa casa
de moitas cores.
Potencialidades: O que
trata de facer a autora con este libro e cuestionar certos símbolos, costumes e
hábitos sobre a separación entre o sexo masculino e feminino. A finalidade que
ten a obra e poder erradicar os estereotipos de xénero e favorecer a liberdade
e a igualdade entre ambos sexos, intentando suprimir a clasificación establecida
por a sociedade de que o azul e para os nenos e o rosa para as nenas. No conto
podemos observar como son os dous irmáns quenes lle dan unha lección aos máis
maiores e lles axudan a que se liberen deses pensamentos sexistas que tiñan
marcados pola sociedade. Con este libro podemos
ensinarlle as nenas e nenos que non hai unha cor destinada a un determinado
sexo senón que todas e todos podemos usar todas as cores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario